Entradas

ENTROIDO NO PINO!

O domingo puidemos festexar o carnaval con unha tarde moi divertida no Pino, disfrutamos de baile e animación coa compañía da orquestra Compostela, ademais levouse a cabo un desfile de disfraces. Unha tarde de Entroido moi divertida!

LECER NADAL O PINO

Cheo de diversión, creatividade e ilusión estivo este ano Lecer Nadal O Pino.

Entre xogos e manualidades, os pequenos e as pequenas do Pino puideron gozar de festas e visitas especiais.

Fixeron xogos con material reciclado ou adornos do Nadal, pero tamén recibiron a visita do Apalpador, que lles fixo moita ilusión.

Por suposto, tamén contaron coa celebración de fin de ano, onde no canto de uvas tomaron gusanitos, pero na que non faltou de nada!

Feliz Aninovo!

RECUNCHOS DE NADAL

SIF inicia dende hoxe, un ano mais, a súa proposta lúdica e pedagóxica para os programas de conciliación dos Concellos de Arbo, Avión, Cuntis, Dodro, Mesía, Muros, O Pino e Pontecesures. 

Coa mesma ilusión de sempre, as crianzas coñecerán e xogarán nos “Recunchos de Nadal”, espazos de aprendizaxe e diversión dedicados á música, ás tradicións, aos personaxes, aos doces e aos obradoiros de Nadal.

As mañás destas vacacións de Nadal converteranse polo tanto, nun tempo para o enriquecemento da aprendizaxe das crianzas dun xeito dinámico, lúdico e participativo, co obxectivo de axudar na conciliación ás familias que o precisen.

Conciliamos en Semana Santa

Na xornada de hoxe deron comezo os Campamentos de Semana Santa nos Concellos de Arbo, O Pino, Mesía e Muros. O obxectivo dos mesmos é axudar ás familias a conciliar a vida laboral e persoal neste período de vacacións escolares.

Nesta ocasión coa temática «EcoPrimavera» as crianzas coñecerán o desenvolvemento sostible e sensibilizaranse co medio ambiente a través de xogos, obradoiros, xincanas…

CONTOS POLO NADAL NO PINO

Unha vez máis damos por finalizada a tempada do Nadal e, con ela,  Lecer Nadal O Pino.

Este ano nosas e nosos peques convertéronse en reposteiros cociñando galletas, xogaron con neve, bailaron, tomaron as uvas coas badaladas, mesmo recibiron a visita dos Reis Magos!

Os contos de Nadal foron os grandes protagonistas desta tempada, ofrecéndonos alternativas creativas, imaxinativas e moi divertidas coas que gozar do tempo que pasamos xuntos.

E como todo bo conto, non podemos despedirnos doutra forma máis que…. E  colorín colorado, este conto está rematado!

Feliz Aninovo!!!

Samaín en O Pino

Este sábado 30 varias ducias de nenas e nenos asistiron á festa de Samaín celebrada no Pavillón Municipal de O Pino.

O concurso de cabazas, obradoiros de samaín e roteiro terrorífico ocuparon tres horas onde os nenos e nenas de O Pino poideron divertirse.