Entradas

O PINO VIVIU UN LECER NADAL MÁXICO E CHEO DE ILUSIÓN

A cativada de O Pino gozou dunhas xornadas inesquecibles cun programa cheo de maxia, ilusión, risas, xogos e momentos para lembrar.

A primeira gran sorpresa foi unha visita tan inesperada como divertida: o Grinch! Entre enredos, bromas e algún intento de “roubar” o Nadal, acabou conquistado polo ambiente que se respiraba en O Pino.

As emocións continuaron coa chegada do paxe real, que tomou nota de todos os desexos e ilusións para este ano. E pouco despois, o momento máis agardado: a visita das maxestades de Oriente, recibidas cun entusiasmo enorme e coa nosa propia panxoliña, creada e interpretada entre todos e todas para darlles a benvida de maneira única e especial.

O Lecer Nadal vestiu a creatividade con obradoiros nos que fixemos variñas encantadas, faroliños brillantes e cadros de nadal que deixaron a súa pegada en forma de recordos inesquecibles.

O espírito competitivo non faltou, sempre cun sorriso, cos nosos concursos de panxoliñas e postres navideños. Houbo voces brillantes, sobremesas deliciosas e aplausos para todos os equipos, porque a participación e o esforzo foron tan importantes como o premio.

A diversión continuou con xogos como o memory navideño, o elfo das mil prendas e moitas dinámicas que puxeron a proba a memoria, a axilidade e o traballo en equipo.

Como broche final, soaron as campanadas, celebramos a chegada do ano novo e bailamos sen parar despedindo o Lecer Nadal da mellor maneira posible. Deixando momentos inolvidables, tradicións compartidas e un recordo que nos acompañará ata o vindeiro ano.

O Pino demostrou que cando nos xuntamos para celebrar, ata o Grinch remata sorrindo.

SIF DESENVOLVERÁ PROGRAMAS LÚDICOS DE NADAL EN NOVE CONCELLOS GALEGOS

Con motivo das vacacións de Nadal, SIF poñerá en marcha unha nova edición dos seus programas lúdicos e educativos, dirixidos a nenos e nenas co obxectivo de ofrecer alternativas de lecer creativo e participativo durante estas datas tan sinaladas e especiais para a cativada.

As actividades levaranse a cabo nos concellos de Vilagarcía de Arousa, O Pino, Arbo, Avión, Mesía, Cuntis, Frades, Pontecesures, As Neves e Teo, para facilitar a conciliación familiar durante o período vacacional.

Durante este Nadal desenvolveranse catro programas lúdicos, adaptados a diferentes idades e realidades locais:

  • Exploradores do saber, unha proposta centrada na aprendizaxe a través do xogo, da curiosidade e da experimentación.
  • Desexos de Nadal, un programa de actividades creativas e dinámicas grupais que convida a reflexionar e compartir os valores propios do Nadal.
  • A viaxe das emocións, orientado ao desenvolvemento emocional, á expresión de sentimentos e á convivencia positiva.
  • Escape room: Salvemos o Nadal, unha actividade participativa e cooperativa na que as persoas participantes deberán resolver retos e enigmas para superar unha misión moi especial.

Todas as actividades estarán dinamizadas por monitores e monitoras cualificados, garantindo unha contorna segura, inclusiva e adaptada ás necesidades de cada grupo. Desde SIF apóstase por un modelo de lecer educativo que combine diversión, aprendizaxe e transmisión de valores como o respecto, a igualdade e o traballo en equipo.

Este Nadal, como en anos anteriores, SIF continúa apostando por un lecer que educa, conecta e crea comunidade.

UNHA SEMANA SANTA MOI VIAXEIRA…!

Moi boas familias!

Durante esta Semana Santa emprendimos unha viaxe moi especial… unha volta ao mundo en apenas 4 días! A través de xogos, obradoiros e actividades culturais, fixemos escalas en diferentes países, descubrindo costumes, sabores e tradicións de lugares tan distintos como Xapón, Francia, Brasil ou Exipto, entre outros.

En cada parada, mergullámonos na cultura local mediante xogos típicos: en Xapón, practicamos o gato e o ratón; en Brasil, puxémonos en movemento con partidas de queimada; en Exipto, puxemos a proba a nosa axilidade e enxeño con emocionantes carreiras de escapada simulando que nos perseguía unha serpe polo deserto. En Francia, xogamos ao aves-vous ecureuil lun?… e moitos xogos máis que nos permitiron achegarnos a diversidade cultural do mundo e, que podedes ollar na nosa galería de fotos. Ao longo desta viaxe tan especial, elaboramos un pasaporte personalizado no que fomos recollendo os países visitados, selando cada destino cunha actividade ou lembranza diferente.

Por outra banda, reflexionamos sobre valores fundamentais cunha asamblea sobre a igualdade, que culminou coa elaboración dun cartel colaborativo baixo o lema: “Todos e todas somos iguais”.

Tamén aproveitamos estas datas para realizar actividades propias da Pascua: elaboramos un simpático coello recheo de arroz e unha postal decorada con ovos de Pascua, que seguro que decoran os vosos fogares con moito agarimo e creatividade. Para rematar, organizamos unha divertida e moi doce, búsqueda de ovos de Pascua, na que tivemos que usar o enxeño e traballar en equipo para atopar todos os ovos agochados polos recunchos do campamento.

Foron uns días cheos de aprendizaxe, diversión e convivencia, nos que puidemos coñecer o mundo e tamén a nós mesmos, desde unha perspectiva lúdica, creativa e inclusiva.

Agardamos que desfrutárades tanto coma nós desta aventura internacional.

Vémonos na próxima, familias!

Día da Muller, 8M

Pasou o 8M e moitos concellos quixeron poñer o seu graíño de area para seguir loitando polo Igualdade.

O Concello de O Pino, co alcalde á cabeza, fixo a lectura do manifesto e centrouse no comercio para esta campaña.

No Concello de Valga saíron á rúa cunha Andaina da Muller e para os mais pequenos, coa maga Leo Leiño disfrutaron da Maxia pola Igualdade.

En As Neves, visitáronse os diferentes coles para concienciar dende pequeniños con dinámicas e contacontos.

En Cuntis, a lectura do manifesto e o encontro interxeneracional dou inicio ás actividades que se están a celebrar acabando o sábado 15, na Casa do Médico cunha charla dirixida a adolescentes.

No Concello de Frades, ó igual que en outros concellos como o de Avión rematáronse as actividades con reparto de diferente material de merchandising.

MAXIA E ILUSIÓN NO NADAL DE O PINO

Para inaugurar estas festas a cativada escoitou un conto sobre o Apalpador, un personaxe característico do nadal galego para logo crear o seu propio.

Coa visita de Papá Noel presente nos fogares, os nenos/as quixeron facer o seu propio photocall. Neste non faltaba de nada, tiñamos unha cheminea, unha árbore de nadal, moitos agasallos… e ata un calcetín para cada un de nós.

Tendo presente que a neve é algo mítico do nadal, os nenos e nenas deseñaron uns curiosos bonecos de neve cunhas simples pinzas de madeira e moooooita imaxinación. Podedes ollar estes na nosa galería de fotos.

Pero, que son estas datas sin as súas ricas comilonas? Por iso, puxémonos mans á obra e realizamos unhas deliciosas árbores de nadal de chocolate nun divertido taller de cocina.

Preparámonos para dar a benvida ao ano novo cunha guirnalda ben colorida coa mensaxe “Feliz 2025”, esta sumado a diferentes fermosos elementos decorativos convertíronse no noso photocall de aninovo. Coa finalidade de desexarlle as nosas familias un feliz 2025 creamos unhas postais navideñas que agardamos que luzan ben fermosas nos vosos fogares.

As doce badaladas inauguraron a entrada do 2025 e vestidos de gala disfrutamos da nosa peculiar festa de fin de ano na que tivemos bailes, cancións e ata un taller de brilli-brilli.

Cansados de tanta festa e para repoñer forzas realizamos un cinema de nadal, no que por suposto non faltaron as palomitas.

Tendo presente a chegada dos Reis Magos de Oriente a O Pino, decoramos a porta da aula coa temática dos reis magos. Tamén creamos uns colgadores para poñer nas portas das nosas habitacións axudándolle a estes a saber quen durmía en cada fogar.

O momento “e ti que lle pides os reis?” deixou nun segundo plano aos agasallos converténdose nun taller de igualdade no que a actividade chegou á conclusión de que non existen “xoguetes de nenos” ou “xoguetes de nenas”, se non que todos os xoguetes son válidos para ambos en función dos gustos e preferencias de cada un/unha.

Durante estes días non nos faltou tempo para xogar, realizando xogos moi navideños como o tabú, o lince, a bóla de neve… e ata un karaoke!

Rematamos o lecer nadal cunha búsqueda do tesouro e unha entrega de premios navideños.

Foron nove días de moitos xogos e diversión nos que só houbo cabida para a ledicia, a ilusión e a compañía.

LECER SEMANA SANTA O PINO

Esta Semana Santa os nenos e nenas de O Pino convertéronse en grandes científicos e científicas levando a cabo unha serie de experimentos que non deixaron indiferente a ninguén.

Así, non podemos deixar de salientar a cara de sorpresa da cativada co experimento “cores que escapan”, a ilusión por participar na “espuma de cores” ou a intriga fronte “debuxos que perden as súas cores”.

Igualmente quixemos buscar un lado máis práctico e realizar experimentos relacionados coa vida cotiá comparando a forza de flotación entre unha mandarina con monda e outra sen ela ou un ovo en auga doce e outro en auga salgada. Aínda que sen dúbida, neste ámbito o experimento estrella foi o “tornado embotellado”.

Para despedir o noso recuncho das ciencias levamos a cabo “cores efervescentes” que quedaron ben vistosas, as cales podedes observar na nosa galería.

Con motivo do luns de pascua realizamos unha busca do tesouro con diferentes códigos que nos guiaban a unha morea de ovos de chocolate.

Sen embargo, non nos faltou tempo para disfrutar realizando xogos como a bomba, o pañuelito, a seta, a bóla loca… e gozar do xogo libre.

Agardamos que sexa moi levadeira a volta á rutina!

Vémonos pronto.

O PINO, UN NADAL CON IMAXINACIÓN

Para inaugurar estas festividades a cativada de O Pino fixo un mural dándolle a benvida o Nadal. Neste non faltaba de nada, tiñamos reis magos, bonecos de neve, bastóns de caramelo, renos… e ata neve!

Coa visita de Papá Noel presente nos fogares, os nenos/as quixeron facer o seu propio Papá Noel dándolle un toque moi moderno e persoal. 

Para iluminar o noso Nadal realizamos un taller de velas navideñas.

Pero… que é un Nadal sen árbore? Por isto quixemos priorizar os espazos verdes da escola decorando unha árbore do patio con adornos feitos por nós.

Aínda que o frío non deixou de acompañarnos ao longo destas semanas, este non nos permitiu desfrutar de algo tan mítico no nadal como a neve, por iso, creamos os nosos copos que brillan dun xeito ben particular.

Non nos faltou tempo para vestirnos de gala, e con gorros, matasuegras e ata gravatas, preparámonos para dar a benvida ao ano novo.

As doce badaladas inauguraron a entrada do 2024 e continuamos a festa con un gran festival no que tivemos bailes, cancións e ata obras teatrais. E, por certo, non deixedes de vernos guapísimos/as posando no noso photocall!

Continuando coa nosa tradición de festexar a entrada do ano, realizamos un mural no que tamén tivemos oco para os nosos mellores desexos de aninovo, entre o que non faltaba a petición de felicidade e boas novas para os nosos.

Tendo presente a chegada dos Reis Magos de Oriente a O Pino, quixemos recibilos realizando un cadro de nadal no que se observaba a súa silueta entre sombras azuis, brancas e prateadas. Así mesmo, todos nos metimos un pouco no seu papel colocando as nosas coroas reais que cada un/unha personalizou como máis lle gustaba. Consideramos que non había mellor forma de viaxar cos nosos nenos/as da man de Melchor, Gaspar e Baltasar que a través dun bo contacontos, que, por certo, desfrutamos un montón!

Para rematar, recibimos a visita do paxe real o cal lle trasladará os nosos desexos as maxestades de Oriente.

Foron nove días de moitos xogos e diversión nos que só houbo cabida para a ledicia, a ilusión e a compañía

Programas de Conciliación de Nadal do 2023-2024

Os programas de Conciliación son un piar fundamental para todas as familias que por motivos laborais e/ou persoais precisan dun servizo de calidade onde deixar aos menores fora do período escolar. Pero ademais, teñen outra función, que é a de liberar ás mulleres das cargas familiares  (coidado dos fillos) que por tradición recae sobre elas principalmente, e que por desgracia na actualidade, segue pasando.

Por outra banda, o Nadal é unha das épocas favoritas das nenas e dos nenos, son días de ilusión, de celebracións, de achegarse ás familias….e por suposto, de vacacións, polo que os programas ou as actividades de conciliación son fundamentais para todas as familias.

Para as actividades do Nadal 2023-20234 dos Concellos de Arbo, Avión, Dodro, Cuntis, Mesía, Muros, Pontecesures e O Pino, SERVICIOS INTEGRALES DE FORMACIÓN (SIF), elaborou un proxecto lúdico-pedagóxico co nome “NADAL CON IMAXINACIÓN” un proxecto coas que as crianzas desfrutarán das vacacións do Nadal realizando  actividades lúdicas, talleres, e xogos no que as/os participantes poderán divertirse empregando a creatividade e imaxinación como piar fundamental.

Fundamental será tamén a creación de diferentes ambientacións dependendo da festividade do momento (noiteboa, nadal, santos inocentes, fin de ano…) sempre tendo en conta os gustos e as inquedanzas dos/as nenos/as, e no que poderán liberar toda a súa creatividade e imaxinación.

ACHÉGASE O NADAL A O PINO!

O mes de novembro comezámolo realizando un gato do más curioso… pero xa na segunda semana comezamos a preparar o Nadal para comezar a decorar as nosas aulas e levar para a casa algún adornos!

Que vos parecen? A que quedaron bonitos?