Entradas

GRAN PARTICIPACIÓN NO PROGRAMA DE CONCILIACIÓN DE SEMANA SANTA EN MESÍA

Durante a Semana Santa, o Concello de Mesía desenvolveu o seu programa de conciliación familiar, no que participaron arredor de trinta nenos e nenas do municipio, en horario de 8:30 a 14:00 horas.

As actividades leváronse a cabo no local empregado pola ANPA no CPI de Xanceda, así como nos espazos exteriores do propio centro. Ao longo das mañás, os participantes gozaron dunha programación variada, organizada en diferentes bloques de actividades como obradoiros creativos, xogos cooperativos e propostas deportivas.

A participación foi moi elevada, destacando o bo ambiente e a implicación dos nenos e nenas en todas as dinámicas propostas. A valoración global do programa é moi positiva, cumprindo co obxectivo de ofrecer un espazo de lecer educativo e facilitar a conciliación das familias durante este período vacacional.

ENTROIDO 2026

Diferentes concellos puxeron en marcha os Programas de Conciliación de Entroido, unha iniciativa dirixida a apoiar ás familias durante o período non lectivo, ofrecendo un espazo educativo, seguro e lúdico para nenos e nenas.

Estes programas inclúen unha ampla variedade de actividades deseñadas para fomentar a creatividade, a convivencia e o disfrute do Entroido, entre as que destacan:

  • Talleres creativos e manualidades temáticas
  • Xogos cooperativos e dinámicas grupais
  • Actividades culturais e recreativas
  • Festa de Entroido con disfraces, música e animación
  • Actividades educativas adaptadas ás distintas idades

O principal obxectivo destes programas é facilitar a conciliación da vida laboral e familiar, á vez que se promove o desenvolvemento persoal, social e creativo dos menores nunha contorna participativa e supervisada por persoal cualificado.

Os Programas de Conciliación de Entroido están a desenvolverse en distintos espazos municipais, adaptándose ás necesidades de cada localidade e contando coa colaboración dos concellos implicados.

Desde as entidades organizadoras anímase ás familias para participar nesta iniciativa que combina educación, lecer e tradición, contribuíndo a que os nenos e nenas vivan o Entroido dunha maneira divertida, segura e enriquecedora.

CONCILIA NO NADAL EN MESÍA

Durante o Campamento de Conciliación de Nadal, os nenos e nenas participaron nunha gran variedade de actividades. Cociñamos doces típicos como roscón, galletas e turrón; fixemos adornos de Nadal, xogamos ao fútbol, pintamos moitos debuxos e incluso fomos ao pavillón para desfrutar dun rato ao aire libre.

Tamén houbo tempo para a diversión, xogando á lotería (con algúns pequenos afortunados) e vendo unha película con palomitas. Para rematar o ano, fixemos unha divertida “práctica” das campanadas comendo 12 yumpers ao ritmo do reloxo.

Foi un Nadal cheo de aprendizaxe, convivencia e moitas aventuras.

SIF DESENVOLVERÁ PROGRAMAS LÚDICOS DE NADAL EN NOVE CONCELLOS GALEGOS

Con motivo das vacacións de Nadal, SIF poñerá en marcha unha nova edición dos seus programas lúdicos e educativos, dirixidos a nenos e nenas co obxectivo de ofrecer alternativas de lecer creativo e participativo durante estas datas tan sinaladas e especiais para a cativada.

As actividades levaranse a cabo nos concellos de Vilagarcía de Arousa, O Pino, Arbo, Avión, Mesía, Cuntis, Frades, Pontecesures, As Neves e Teo, para facilitar a conciliación familiar durante o período vacacional.

Durante este Nadal desenvolveranse catro programas lúdicos, adaptados a diferentes idades e realidades locais:

  • Exploradores do saber, unha proposta centrada na aprendizaxe a través do xogo, da curiosidade e da experimentación.
  • Desexos de Nadal, un programa de actividades creativas e dinámicas grupais que convida a reflexionar e compartir os valores propios do Nadal.
  • A viaxe das emocións, orientado ao desenvolvemento emocional, á expresión de sentimentos e á convivencia positiva.
  • Escape room: Salvemos o Nadal, unha actividade participativa e cooperativa na que as persoas participantes deberán resolver retos e enigmas para superar unha misión moi especial.

Todas as actividades estarán dinamizadas por monitores e monitoras cualificados, garantindo unha contorna segura, inclusiva e adaptada ás necesidades de cada grupo. Desde SIF apóstase por un modelo de lecer educativo que combine diversión, aprendizaxe e transmisión de valores como o respecto, a igualdade e o traballo en equipo.

Este Nadal, como en anos anteriores, SIF continúa apostando por un lecer que educa, conecta e crea comunidade.

CANTAS COUSAS PASARON NESTES MESES!.

Coñecedes a   Elmer?

Pois os nenos da Aula Concilia Mesía decidiron que era boa idea debuxar e remarcar a Elmer na nosa Aula. Tamén aprenderon unhas lendas ben recoñecidas  no panorama galego: A lenda da Virxe da Barca.  E entre tanto…. fixemos uns pequenos agasallos para as nosas mamis chulas!

Seguiremos informando.

CONCILIAMOS EN SEMANA SANTA EN MESÍA

Os nenos e nenas do Campamento de Conciliación de Semana Santa, tiveron a sorte de desfrutar de manualidades como a Coroa de ovos de pascua ou o nome das emocións, onde cada neno (co nome dun compañeiro) buscou uns adxectivos positivos para ese neno ou nena.

Ademáis os nenos tiveron a sorte de contar con uns monitores especiais que lles fixeron búsqueda do tesouro, bailes, Katapumchispum e moito mais.

Ata a próxima!!

AS LENDAS

Non todos os nenos sabían o que era unha lenda, mais agora na Aula Concilia de Mesía, si o saben.

Esta semana comezamos unha nova actividade semanal que se chama: “As nosas lendas”.

 A partir de agora, unha vez a semana, a monitora  contaralles unha lenda e os nenos farán un debuxo do que entenderon da mesma.  Así, todos aprendemos xogando!!!!!

8M en Aula Concilia Mesía

Os nenos en nenas do servizo de Madrugadores do Concello de Mesía, con motivo do 8 de Marzo, fixeron unha asemblea na que coñeceron de primeira man a historia deste gran dia da Muller.

Nel, nenos e nenas puxeron en común as distintas propostas para conmemoralo e como axudarían a que non houbera desigualdades entre homes e mulleres.

Para rematar dita asemblea, os nenos fixeron unha postal co lema de: “Todo o que se fai se non se ve é como se non se fixera” .

Bravo por todas as mulleres do mundo!!!

CONCILIA EN ENTROIDO

Os nenos e nenas do Concello de Mesía, aproveitaron estes días de Entroido para  facer o que máis lles gusta no Verán… COCIÑA. Puideron desfrutar aprendendo a facer a típica receita de rosquillas de Entroido.

Por outro lado desfrutaron dunha variedade de  xogos  moi diversos de distensión, onde se soltaron a aprender a xogar en conxunto. Xogos como Faros e Barcos, Brilé sentado, Bomba ou Poli-Asesino-Médico mesturados con outros de volta a calma como o Teléfono Estropeado.

Para rematar,  os rapaces aproveitaron o mércores para poñer as súas mellores galas pintando a cara coa temática de fantasía e tamén unha morea de tatuaxes.