Comezamos a recta final do curso escolar e estamos ás portas do verán, por iso andamos máis revolucionados do normal. Sobre todo, os días de bo tempo, que nos fan ter aínda máis ganas de que chegue a nova estación!
Este mes ímonos centrar principalmente na preparación do festival, que debido a actual situación, será diferente aos outros anos, pero xa vos contaremos máis chegado o momento.
Este mes de maio vén cargado de actividades, as máis destacadas son as relativas ao “Día das Letras Galegas”, este ano adicadas a Xela Arias.
Tamén comezaremos a preparar o festival de fin de curso, organizando as diferentes actuacións. Debido a situación actual do Covid-19, aínda non sabemos como se levará a cabo, pero o que sí temos claro e que será igual de espectacular que sempre.
Traballeremos sobre o “Día internacional contra o acoso escolar”, realizaremos un contactontos e un posterior debate. Tamén conmemoraremos o “Día Internacional dos Museos”, facendo un percorrido virtual polos máis importantes do noso país.
En canto a igualdade, afondaremos nas mulleres deportistas máis importantes e nos deportes nos que destacaron.
Sempre que o tempo nos permita, aproveitaremos ao máximo no exterior, con xogos deportivos, coidando o horto, xogos musicais…
Aquí estamos un mes máis, pero ademais comezamos un novo trimestre, o último do curso. Este mes de abril ven cargado de actividades. Primeiro comezaremos traballando o día Mundial da Saúde (conmemórase o 7 de abril), pero como tamén e o mes do libro, aproveitaremos para traballar a literatura de diferentes xeitos: contacontos, teatro, títeres…
Non deixaremos pasar o día “da nai, avoa, etc” e elaboraremos unha pequena manualidade como agasallo para a muller que eles e elas escollan. Tampouco nos esqueceremos dos xogos deportivos, búsquedas do tesouro etc. desfrutando do bo tempo que nos trae a primavera.
Como sempre, as actividades de igualdade serán un punto forte na programación, así como a hora de estudo para o grupo de primaria e secundaria.
Este mes de febreiro ven cargadiño de actividades no Cuntilín, sendo ás máis importantes as de entroido. Aínda que non o podemos celebrar como sempre (debido a situación actual que estamos vivindo co COVID-19), estamos preparando unha pequena sorpresa que creemos que vos vai encantar, polo menos tanto como a nós….empeza por TIK e acaba por TOK, pero non podemos decir máis, xa o veredes!
Pero febreiro é un mes especial non só polo entroido, senón porque é o mes no que naceu unha das máis importantes escritoras galegas… estamos a falar da grandísima Rosalía de Castro, que naceu un 24 de febreiro de 1837. Polo tanto, coñeceremos un pouquiño máis a esta gran muller, a súa vida e a súa obra, fundamentais para a cultura galega, e para iso realizaremos diferentes actividades.
No Cuntilín de
Nadal pasámolo moi ben e fixemos gran variedade de actividades, todas elas moi
divertidas. Realizamos un taller do apalpador, escribimos a carta a papá Noel,
levamos a cabo obradoiros como: felicitacións tridimensionais, marionetas,
disfraces… e outros con materiais de
reciclaxe como: bastóns con corchos.
Este Nadal, no Cuntilín, estivemos moi entretidos e entretidas, pois levamos a cabo actividades
de diferente índole. As máis salientables foron: Obradoiros como: Renos,
postais de Nadal e outros adornos navideños.
Non nos esquecemos de escribirlle a carta a Papá Noel para pedirlle os nosos
desexos máis ansiados.
Os xogos cooperativos, deportivos e os musicais tamén foron parte
importante deste campamento: “ A búsqueda de Papá Noel”, “Carreiras de Rudolf”,
“Atrapa o reno”, etc.
Aproveitamos o bo tempo para ir a desfrutar do parque.
E como non, celebramos unha gran festa de fin de ano, na que todos e todas
nos puxemos das mellores galas para celebrar o gran día, no que non faltou nada:
campanadas, merendola, baile…
Despois deste descanso, estamos preparados e preparadas para voltar o cole
con enerxía…
Ó longo do mes de decembro, os participantes dos
obradoiros de memoria de Cuntis, realizamos diferentes actividades lúdicas e
formativas, entre as cales se atopan os xogos de mesa ou a creación de diversas
e orixinais historias mediante a escritura creativa.
Ademais, e posto que non podemos esquecer as datas nas que nos atopamos, ó longo da última semana, celebramos a festa de despedida do ano 2019, na cal puidemos disfrutar de bebidas e doces típicos do Nadal.
Por medio dun conxunto programado e coherentes de actividades, cun claro enfoque psico-educativo, pretendeuse que o alumnado interiorizase unha serie de coñecementos, habilidades e estratexias que lles permita adquirir ferramentas para afrontar diversas situacións de risco en relación ao contacto coas sustancias aditivas.
A xincana de
hábitos de vida saudable para o alumnado de 2º da ESO dos Municipios de
Barro, Cuntis, Moaña e Portas, centrou a súa área de actuación na prevención do
consumo de tabaco, xa que esta é unha das sustancia aditivas coas que os/as
menores teñen un contacto moi temperá, situándose a idade de inicio entre os
13,6 anos, e producíndose o incremento de consumo entre os 14-15 anos.
O sábado 18 de maio, no pobo de Cuntis non houbo tempo de aburrirse. Durante as máis de dúas horas de xincana dous grupos de cativas e cativos, máis concretamente “As Ninguén” e “Os Pendellos” tiveron que facer probas, probas e máis probas, para conseguir un suculento premio, e nas cales todo o pobo lles axudou.
Estas
datas deron para moito… Descansamos dos estudos e divertímosnos con gran
variedade de actividades. Entre as máis destacables foron as saídas: fomos ver un espectáculo de maxia “Leo, Leíño” na
Biblioteca Municipal, onde o pasamos moi ben. Realizamos unha visita a Correos,
para asegurarnos de que as nosas cartas foran enviadas a tempo ós Reis Magos.
Ademáis fomos ó parque, aproveitando que non choveu durante este nadal. E como
última saída visitamos o espectacular “Belén” de Valga.
Tamén recibimos algunha que outra
visita no Cuntilín, coma a do Apalpador, que nos veu a contar a súa historia.
Por outro lado, creamos un mural de
nadal e diferentes obradoiros de decoración: árbores de nadal, carta a Papá
Noel, renos, un taller de atuendos de fin de ano, etc.
Non faltou un taller de cociña, no
que elaboramos unhas deliciosas magdalenas.
E rematamos “Cuntilín Nadal” cunha festa de despedida destas mini vacacións, con xogos, merenda e música…