Entradas

BENVIDOS AO CUNTILÍN

Moi boas a todos e todas, comezamos un novo curso, unha nova estación e unha nova programación no Cuntilín!

Antes de nada lembrarvos que cambiou algo o horario. Xa non temos quendas , o novo horario é máis ben un vello coñecido. Volvemos a comezar ás 15:30 é rematamos para os usuarios/as ás 20 horas. Como novidade, este ano de  20:00 á 20:30 estará adicada a atención individualizada ás familias.

Leer más

Despedimos o verán e comezamos novo curso!

Ola amigos e amigas!

A noticia desta semana, é por unha banda un pouco triste, porque toca despedirse do verán, da praia, do sol…e do Cuntilín de verán. Pero por outra tamén é alegre porque comezamos o curso escolar e con el o Cuntilín polas tardes.

Rematamos o verán realizando xogos á carta, diferentes obradoiros de reciclaxe e xogos musicais. Queríamos despedirnos con unha gran festa de “vehículos” pero o tempo non nos deixou.

Comezamos o curso con moita ilusión. Como adianto, decirvos que a programación promete, está máis ao día que nunca, imos fartarnos de andar! A ver si sabedes a que nos referimos? Aínda así, semanalmente seguiremos realizando os talleres de igualdade, obradoiros de reciclaxe, contacontos, educación para a saúde…e moito máis.

A novidade este curso e que xa non hai turnos de entrada e saída e podemos volver a merendar aquí. Que ganas tíñamos xa de “un pouco de normalidade”. Aínda así, non nos esquecemos que seguimos en pandemia e temos que extremar as precaucións.

Para a semana máis seguirémosvos contando, estade atentos e atentas!

Un saúdo!

BENVIDO VERÁN!

Benvido verán 2021, que ganas tíñamos de que chegases!

Despois dun duro curso académico, marcado sen dúbida pola  covid-19, queremos desfrutar do tempo libre máis que nunca. Aínda que seguimos en pandemia, e as medidas hixiénico-sanitarias seguen sendo moi estritas (en canto a lavado de mans, uso de máscara e distancia de seguridade) queremos pasalo ben e xogar cos nosos amigos e amigas!

Por iso, ao longo dos meses de verán, levaremos a cabo as actividades de Conciliación nos concellos de A Estrada, Cuntis, Caldas de Reis, Valga, Arbo, Nigrán, Mesía, Muros, O Pino, e Dodro.

Leer más

XA SE ACHEGA O VERÁN!

Comezamos a recta final do curso escolar e estamos ás portas do verán, por iso andamos máis revolucionados do normal. Sobre todo, os días de bo tempo, que nos fan ter  aínda máis ganas de que chegue a nova estación!

Este mes ímonos centrar principalmente na preparación do festival, que debido a actual situación, será diferente aos outros anos, pero xa vos contaremos máis chegado o momento.

Leer más

O MES DE MAIO

Este mes de maio vén cargado de actividades, as máis destacadas son as relativas ao “Día das Letras Galegas”, este ano adicadas a Xela Arias.

Tamén comezaremos a  preparar o festival de fin de curso, organizando as diferentes actuacións. Debido a situación actual do Covid-19, aínda non sabemos como se levará a cabo, pero o que sí temos claro e que será igual de espectacular que sempre.

Traballeremos sobre o  “Día internacional contra o acoso escolar”, realizaremos un contactontos e un posterior debate. Tamén conmemoraremos o  “Día Internacional dos Museos”, facendo  un percorrido virtual polos máis importantes do noso país.

En canto a igualdade, afondaremos nas mulleres deportistas máis importantes e nos deportes nos que destacaron.

Sempre que o tempo nos permita, aproveitaremos ao máximo no exterior, con xogos deportivos, coidando o horto, xogos musicais…

Ata o próximo mes!

MES DE ABRIL EN CUNTILÍN

Aquí estamos un mes máis, pero ademais comezamos un novo trimestre, o último do curso. Este mes de abril ven cargado de actividades. Primeiro comezaremos  traballando o día Mundial da Saúde (conmemórase o 7 de abril), pero como tamén e o mes do libro, aproveitaremos para traballar a literatura de diferentes xeitos: contacontos, teatro, títeres…

Non deixaremos pasar o día “da nai, avoa, etc” e elaboraremos unha pequena manualidade como agasallo para a muller que eles e elas escollan. Tampouco nos esqueceremos dos xogos  deportivos, búsquedas do tesouro etc. desfrutando do bo tempo que nos trae a primavera.

Como sempre, as actividades de igualdade serán un punto forte na programación, así como a hora de estudo para o grupo de primaria e secundaria.

FEBREIRO NO CUNTILÍN

Este mes de febreiro ven cargadiño de actividades no Cuntilín, sendo ás máis importantes as de entroido. Aínda que non o podemos  celebrar  como sempre (debido a situación actual que estamos vivindo co COVID-19), estamos preparando unha pequena sorpresa que creemos que vos vai encantar, polo menos tanto como a nós….empeza por TIK e acaba por TOK, pero non podemos decir máis, xa o veredes!

Pero febreiro é un mes especial non só polo entroido, senón porque é o mes no que naceu unha das máis importantes escritoras galegas… estamos a falar da grandísima Rosalía de Castro, que naceu un 24 de febreiro de 1837. Polo tanto, coñeceremos un pouquiño máis a esta gran muller, a súa vida e a súa obra, fundamentais para a cultura galega, e para iso realizaremos diferentes actividades.

Leer más

CUNTILÍN NADAL

Ola, familias!

No Cuntilín de Nadal pasámolo moi ben e fixemos gran variedade de actividades, todas elas moi divertidas. Realizamos un taller do apalpador, escribimos a carta a papá Noel, levamos a cabo obradoiros como: felicitacións tridimensionais, marionetas, disfraces…  e outros con materiais de reciclaxe como: bastóns con corchos.

Leer más

Cuntilín Nadal

Este Nadal, no Cuntilín, estivemos moi entretidos  e entretidas, pois levamos a cabo actividades de diferente índole. As máis salientables foron: Obradoiros como: Renos, postais de Nadal e outros adornos navideños.

Non nos esquecemos de escribirlle a carta a Papá Noel para pedirlle os nosos desexos máis ansiados.

Os xogos cooperativos, deportivos e os musicais tamén foron parte importante deste campamento: “ A búsqueda de Papá Noel”, “Carreiras de Rudolf”, “Atrapa o reno”, etc.

Aproveitamos o bo tempo para ir a desfrutar do parque.

E como non, celebramos unha gran festa de fin de ano, na que todos e todas nos puxemos das mellores galas para celebrar o gran día, no que non faltou nada: campanadas, merendola, baile…

Despois deste descanso, estamos preparados e preparadas para voltar o cole con enerxía…

Ata a próxima, familias!

O NADAL REGRESA Á MEMORIA

Ó longo do mes de decembro, os participantes dos obradoiros de memoria de Cuntis, realizamos diferentes actividades lúdicas e formativas, entre as cales se atopan os xogos de mesa ou a creación de diversas e orixinais historias mediante a escritura creativa. 

Ademais, e posto que non podemos esquecer as datas nas que nos atopamos, ó longo da última semana, celebramos a festa de despedida do ano 2019, na cal puidemos disfrutar de bebidas e doces típicos do Nadal.