Durante o Campamento de Nadal de As Neves realizáronse diferentes actividades como manualidades, xogos e dinámicas lúdicas. Os nenos e nenas visitaron o Centro de Día de As Neves para compartir tempo cos maiores e recibiron a visita do Rei Gaspar, que recolleu as súas cartas. Foron días de convivencia, ilusión e actividades variadas pensadas para o lecer e a participación.
Con motivo das vacacións de Nadal, SIF poñerá en marcha unha nova edición dos seus programas lúdicos e educativos, dirixidos a nenos e nenas co obxectivo de ofrecer alternativas de lecer creativo e participativo durante estas datas tan sinaladas e especiais para a cativada.
As actividades levaranse a cabo nos concellos de Vilagarcía de Arousa, O Pino, Arbo, Avión, Mesía, Cuntis, Frades, Pontecesures, As Neves e Teo, para facilitar a conciliación familiar durante o período vacacional.
Durante este Nadal desenvolveranse catro programas lúdicos, adaptados a diferentes idades e realidades locais:
Exploradores do saber, unha proposta centrada na aprendizaxe a través do xogo, da curiosidade e da experimentación.
Desexos de Nadal, un programa de actividades creativas e dinámicas grupais que convida a reflexionar e compartir os valores propios do Nadal.
A viaxe das emocións, orientado ao desenvolvemento emocional, á expresión de sentimentos e á convivencia positiva.
Escape room: Salvemos o Nadal, unha actividade participativa e cooperativa na que as persoas participantes deberán resolver retos e enigmas para superar unha misión moi especial.
Todas as actividades estarán dinamizadas por monitores e monitoras cualificados, garantindo unha contorna segura, inclusiva e adaptada ás necesidades de cada grupo. Desde SIF apóstase por un modelo de lecer educativo que combine diversión, aprendizaxe e transmisión de valores como o respecto, a igualdade e o traballo en equipo.
Este Nadal, como en anos anteriores, SIF continúa apostando por un lecer que educa, conecta e crea comunidade.
Este pasado venres 23 de maio celebrouse un torneo de tenis de mesa, onde nos acompañaron dous integrantes profesionais do Centro Cultural de Arcos (Ponteareas).
Ensináronnos como coller a raqueta, como facer puntos, como sacar, etc… Unha tarde amena e divertida e sobre todo lúdica e deportiva.
O venres 11 de Abril impartíronse unhas xornadas polo 8M no C.P.I. Eusebio Lorenzo Baleirón en Dodro
Para os cursos de 1 e 2 de primaria dous contacontos «Rosa Caramelo» onde a mensaxe e a importancia de valorar as nenas e os nenos de igual maneira, non caendo en estereotipos.
E outro conto » Brancaneves e os 77 ananiños».
E para 3, 4, 5 e 6 de primaria unhas xornadas de corresponsabilidade.
Este sábado 29 de marzo tivemos o campionato de futbolín na Aula Moza (Casa da Xuventude de As Neves) cunha acollida bastante boa: 8 parellas con ganas de pasalo ben.
Sendo a parella gañadora a formada por Mauro e Brais.
Grazas por todas e todos os que viñestes tanto a participar como a acompañarnos.
Cómo adianto cara o finde imos ter unha xornada de Ping pong.
Pasou o 8M e moitos concellos quixeron poñer o seu graíño de area para seguir loitando polo Igualdade.
O Concello de O Pino, co alcalde á cabeza, fixo a lectura do manifesto e centrouse no comercio para esta campaña.
No Concello de Valga saíron á rúa cunha Andaina da Muller e para os mais pequenos, coa maga Leo Leiño disfrutaron da Maxia pola Igualdade.
En As Neves, visitáronse os diferentes coles para concienciar dende pequeniños con dinámicas e contacontos.
En Cuntis, a lectura do manifesto e o encontro interxeneracional dou inicio ás actividades que se están a celebrar acabando o sábado 15, na Casa do Médico cunha charla dirixida a adolescentes.
No Concello de Frades, ó igual que en outros concellos como o de Avión rematáronse as actividades con reparto de diferente material de merchandising.
Este ano o campamento de nadal das Neves estivo repleto de talleres e de todo tipo de actividades: xogos, manualidades, risas e incluso unha visita ao centro de dia municipal das Neves. En resumo unhas semanas cheas de diversión e de maxia.
Este martes 31 de outubro pola tarde celebrouse a festa de Samaín en As Neves. Ós obradoiros e concurso de cabazas asistiron sobre unhas 40 nenas e nenos e as súas familias e tamén as autoridades políticas, alcalde e tenente de alcalde.
Por motivos meteorolóxicos suspendeuse a andaina pero a alternativa foi unha chocolatada así que nin tan mal!!
O pasado xoves, visitamos a EFA A Cancela (As Neves) onde, a través da súa experiencia como mestra e emprendedora, Begoña explicounos os seus inicios no mundo empresarial, os riscos que iso conleva, e sobre todo as vantaxes que para ela supón traballar por conta propia. Explicou os trámites para crear un negocio, as calidades que cre debe ter un educador infantil no seu traballo con nenos e nenas, o que persoalmente valora nunha entrevista inicial cun candidato, e apelou ao esforzo, a constancia, a responsabilidade e por suposto aos valores que nos axudan a ser mellores persoas, para conseguir calquera cousa que un se propoña na vida.