Entradas

Voltamos ás aulas!

Neste mes de xaneiro, nas clases de inglés lúdico do CEIP do Camiño Inglés de Sigüeiro, introducimos as clases falando sobre os regalos que os nenos e nenas recibiron en Nadal, relacionándoo así co vocabulario sobre xogos e xoguetes.

Ademais, abordouse vocabulario relacionado coas partes do corpo e da cara, tal e como podemos ver nas imaxes onde, nenos e nenas, seguindo instrución verbais, foron debuxando as diferentes partes que conforman o rostro de cada un dos debuxos.

Finalmente, traballouse a familia, a cal o alumnado foi identificando a partir dunha figura que resulta coñecida para eles/as: Peppa Pig e a súa familia. Así, para traballar a familia, o alumnado elaborou un mini-libro -que podemos ver nas imaxes- con vocabulario e fixo un debuxo ao respecto.

Este mes lemos o conto infantil: “You’re my magical unicorn” de Joyce Wan.

Christmas is coming!

As clases de inglés lúdico do CEIP Purilingüe do Camiño Inglés de Sigüeiro do mes de decembro estiveron cheas de actividades relacionadas co Nadal.

Así, o alumnado fíxolle a carta a Papá Noel e pintaron debuxos coa súa figura, tal e como podemos ver nas imaxes que acompañan a esta noticia. Neste tempo tamén lemos contos de nadal como “Merry Christmas, Peppa!” ou “Merry Christmas, Ollie!”, este último do autor Olivier Dunrea. Todo isto permitiu traballar, sobre todo, vocabulario relacionado coa época do Nadal.

Coma en ocasións anteriores, tamén se aproveitou para repasar outros contidos, como as cores ou os números, continuando a realizar diferentes xogos con respecto a eles e incrementando a dificultade dos mesmos a medida que os coñecementos se van afianzando.

Finalmente, cada alumno/a recibiu un “libriño” con aquelas tarefas que se levaron a cabo nas diferentes sesións e que non levaran para a casa con anterioridade.

Con isto, concluímos este primeiro trimestre. Vémonos nas aulas en 2024!

One, two, three,…

Seguimos coas clases de inglés lúdico no CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés de Sigüeiro! Neste mes de Novembro, fixemos un repaso das cores, traballadas o mes pasado, e introducimos un novo contido: os números.

Así, traballamos os números do 1 ao 10 a través de diferentes xogos e actividades, por exemplo: identificándoos mediante tarxetas e asociando cada número co seu nome. Tamén se traballou este contido en relación con cuestións propias da vida de cada neno e nena, como as súas idades, e mediante contos, como o do libro “10 Trim-the-Tree’ers” de Janet Schulman, unha historia que toma lugar na época do Nadal.

Nas imaxes que acompañan a esta noticia podemos ver debuxos realizados polos nenos e nenas, inspirados no conto que lemos, así como diferentes actividades que se foron levando a cabo nas diferentes sesións.

Inglés colorido!

Neste mes de outubro arrancaron as clases de inglés lúdico no CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés de Sigüeiro. Así, o alumnado de Educación Infantil comezou traballando cuestións básicas coma o modo de saudar no idioma anglosaxón.

Non obstante, centrándonos nos intereses dos nenos e nenas que acoden a esta actividade, leváronse a cabo, sobre todo, dinámicas en relación ás cores: aprendendo os seus nomes en inglés a través de diferentes xogos, buscando obxectos e debuxos de cada cor e dicindo o nome da mesma para así favorecer a asociación…

Ademais, na última semana tamén se traballou o «Samaín», coloreando debuxos con temáticas de Samaín e incidindo, brevemente, nese vocabulario.

Actividade de Aikido para CEIP Camiño Inglés

A nosa actividade propón a través de xogos e formas, fortalecer e facer máis flexible o corpo e a perder o medo ás caídas, xa que se lles ensina a rodar (ukemi) para non facerse dano contra o chan se é que caen por causa dunha proxección dunha técnica ó de forma accidental.

O Aikido Tradicional tenta transmitir ferramentas que faciliten a mobilidade, os desprazamentos (tanto estando de pé como de xeonllos); o manexo de ferramentas (o bastón e a espada de madeira) que, a través de movementos estruturados (Kata), permiten que sexa o corpo e non a través do razoamento, memorizar accións que permitan actuar de forma automática #ante perigos.

Nas clases os nenos tamén aprenden e reforzan valores (cooperación, respecto, etiqueta, solidariedade) que poñen en práctica cos seus compañeiros e co desenvolvemento da clase.