Sensibilizando ao alumnado en Sanxenxo
Esta semana do 25 de Novembro, día Internacional Contra a Violencia de Xénero, estivemos percorrendo os os colexios e institutos de Sanxenxo, IES Vilalonga, IES Sanxenxo e o Colexio Plurilingüe Abrente con un punto morado.
Neles repartimos material de sensibilización ao alumnado e realizamos pequenas charlas nas cales falamos coa rapazada sobre o que é un punto morado e que se fai nel, que é a violencia de xénero e cales son os tipos que hai, ademais de como actuar ante un caso de violencia de xénero, tanto se o presencian dende fora como se o viven. Tamén falamos sobre os recursos que existen para vítimas de violencia de xénero (números de información a vítimas, APPs de axuda inmediata, servicios de protección da policía….)
A rapazada estivo moi participativa durante as charlas e foi unha experiencia moi enriquecedora.