SEMANA EUROPEA DA MOBILIDADE EN VILAGARCÍA

A semana Europea da Mobilidade chegou a Vilagarcía e con ela diferentes actividades, sendo a de urbanismo táctico, baixo o lema: “Os nenos e nenas pintan a rúa” unha das de maior éxito.

Na Avenida da Mariña, no tramo paralelo á Praza da Peixería (nova rúa peatonal ) pintouse un “comecocos xigante”. O mítico xogo dos 80 quedará na rúa para que os nenos e nenas poidan baixar a xogar nel, pero para iso, antes era preciso acabar de pintalo, así que todos aqueles e aquelas que se animaron,  fóronlle dando forma con xices de cores.

As actividades remataron con unha charla informal co ciclista vilagarcián Gustavo César Veloso, que aproveitou a ocasión para animar aos nenos e nenas a empregar medios de transporte como a bicicleta.

Se queredes xogar ao comecocos, xa sabedes a onde ir… saíde a rúa!