Quentando motores

Os Talleres de Memoria para Adultos do Concello de Cuntis tiveron inicio o pasado 1 de Outubro, realizando un “tour turístico” polo territorio, visitando as escolas onde se ían levar a cabo (algunhas con unhas vistas privilexiadas).

Esa mesma semana comezou a rutina das clases, sendo a prioridade coñecerse a través de dinámicas de presentación. Ademais, o monitor tentou obter información sobre o que as/os participantes máis destacaban de edicións anteriores deste tipo de talleres, tratando de adaptarse o mellor posible ao seu ritmo.

Unha vez os primeiros pasos estaban dados, a dinámica da clase estruturouse de maneira que se dividira o tempo dun xeito apropiado entre exercicios individuais, para poñer en práctica as capacidades propias de cada individuo; e xogos grupais, que estimulen tamén as diferentes áreas cognitivas dun xeito máis lúdico e divertido.

Así transcorreu o primeiro mes dos talleres de memoria, creando un espazo onde cada participante poida mellorar ou evitar o deterioro das súas capacidades intelectuais á vez que se divirte e socializa co seu entorno máis próximo.