QUÉ ACONTECE EN MADRUGADORXS PEDROUZOS?
Como todos os meses no servizo de madrugadorxs non paramos de andar argallando cousas, e este mes de febreiro non podía ser menos coa cantidade de datas e acontecementos importantes que se celebran.
A primeira data importante sinalada no calendario é o “Día internacional da muller e da nena na ciencia” que se conmemora cada ano o día 11 febreiro, creemos de vital importancia promover este día entre o alumnado e avanzar cara o acceso e a participación de maneira igualitaria no mundo da ciencia ás mulleres.Por iso primeiro visualizaremos un corto sobre a temática, para logo elaborar unha presentación das científicas máis importantes o longo da historia. E finalizaremos cuns talleres sobre ciencia, Sii, siii… convertirémonos en científicas e científicos por un día.
Non nos podemos esquecer da festividade que celebra o amor e a afectividade, para festexalo elaboraremos un agasallo, pero shhhhhh…. é sorpresa!non se pode desvelar.
Tamén deixaremos un anaco de tempo para adicarllo o Entroido, época de alegría e de festa, de máscaras, disfraces, diversión…por iso, aínda que sexa diferentes a outros anos intentaremos vivilo sen perder o encanto que rodea tan importante data.
Remataremos o mes visualizando un filme de animación, actividade, ó cine, que é o eixe da programación lúdico-educativa que se leva a cabo este ano e que tanto lles está a gustar.
Non perdas ningunha das actividades que facemos a través das novas semanas.