PUNTO FINAL ÁS XORNADAS DA MULLER DE MOS

Onte, xoves 4 de abril púxose final ás IV Xornada da Muller, «Con ollos de Muller. Legalidade e Realidade». Foron dúas tardes nas que se puxeron sobre a mesa moitos temas de actualidade e interese.

Ana Mª Rodríguez, como avogada do CIM de Mos abriu a xornada dando paso as participantes na mesa redonda. Foron importantes mulleres as que falaron, Marián Mouriño Terrazo, como presidenta do Real Club Celta de Vigo, como muller no deporte rei, Nidia Arévalo Gómez, alcaldesa de Mos, como muller nas Cortes, Paula Blasco Muela, fiscal, muller entre togas, Sonia Esperanza Rodríguez Boente, doctora USC Delegada Rector, muller no mundo universitario, todo moderado por a periodista da Radio Voz, Bibiana Villaverde.

No segundo día, moderado por Ana Mª Rodríguez, outras muller falaron do seu día a día no seu traballo e como poden axudar co seu servizo. Bibiana Villaverde, periodista, Natalia Feijoo, policía de protección UFAM (Unidades de Atención á Familia e Muller), Ana Riera Táboas, médico forense integrante UVFI (Unidade de Valoración Forense Integral) e do IMELGA (Instituto de Medicina Legal de Galicia), Sonia Calvo Tato, coordinada e asesora xurídica do Centro de Crise 24h de atención ás vítimas de violencia sexual.

As xornadas da muller foron espazos de reivindicación dos dereitos das mulleres.

GRAZAS A TODAS AS PERSOAS QUE FORMARON PARTE DESTE EVENTO!