TeoCoida Os Tilos

O NOSO VIRUS

Boas familia, unha semana máis os nenos e nenas de TeoCoida os Tilos traemos novidades para contarvos.

Fai uns días vos ensinabamos o noso detalliño para o día da nai, o cal esperamos que vos gustase moito e esteades coidando para así ver pronto o resultado das nosas sementes.

Pero agora tócalle o turno a outras cousiñas, como ben sabedes os cativos e cativas están ben enganchados aos xogos de mesa, sobre todo ao famoso virus, polo que decidimos realizar a nosa propia versión para así traballar algúns temas importantes con eles e elas. De momento non o temos rematado polo que teredes que esperar un pouquiño para poder velo pero pensamos que vos vai a gustar tanto como a nos.

Polo que isto é todo durante esta semana. Ata a seguinte!

ADAPTADOS DESPOIS DE SEMANA SANTA

Boas familias, benvidos todos de volta a Teo Coida Os Tilos. A semana pasada estivémonos adaptando a volta do cole e da rutina, como o tempo non nos acompañou dedicámonos a facer distintos xogos de mesa tanto de agudez visual como de memoria, tendo tamén tempo para o xogo libre.

Por outro lado, esta semana acercase un día moi señalado nos nosos calendarios, polo que os cativos e catisas estiveron moi ocupados creando as súas obras de arte para poder levalas para a casa e así regalarllas a súas nais. Non vos podemos dar máis detalles porque queremos que sea unha sorpresa. Así que ata aquí os podemos informar, feliz semana e ata a seguinte.

XOGOS DE MESA

Boas familias, unha semana máis os nenos e nenas de TeoCoida os Tilos vimos con novas para contarvos.

Aproveitando os días bos estamos saíndo a fora a desfrutar do sol. Alí os máis cativos e cativas poden desfrutar correndo, saltando e xogando no parque, onde o arenero é o lugar favorito para xogar.

Por outra banda, os días de máis frío non nos apetece nada saír polo que quedamos dentro xogando a diferentes xogos de mesa como o parchís, o jenga ou o virus, sendo este último o gran favorito dos máis pequenos e pequenas.

E isto é todo por esta semana. Ata a seguinte!

Aproveitando os días de sol

Boas familias, unha semana máis os nenos e nenas de TeoCoida os Tilos vimos con novas para contarvos.

Co bo tempo que estamos a ter entraron moitas ganas de saír a fora, polo que estes días deixamos un pouco de lado as manualidades, para desfrutar así do sol que nos acompaña.

Os máis pequenos e pequenas puideron divertirse xogando nas pistas, co diferente material deportivo, así como no parque do cole, onde correron, saltaron, xogaron coa area e incluso tiveron tempo de buscar moitos trevos de catro follas. Perdemos a conta de todos os que atoparon, está claro que son rapaces e rapazas con moita sorte.

E isto é todo por esta semana, ata a seguinte!

REMATANDO AS ACTIVIDADES DO 8M

Boas familias, por fin vos podemos enseñar como quedaron as nosas manualidades do 8M .

Por se non o recordades contámosvos outra vez en que consistiron . En primeiro lugar falaremos do noso gran mural, este é unha flor, na cal en cada pétalo falamos de unha das moitas mulleres importantes galegas, como poden ser: Rosalía de Castro, Concepción Arenal, Verónica Boquete e Maria Pita entre outras tantas…

A seguinte actividade que realizaron os nenos e nenas de Teo Coida Os Tilos,foi decorar unhas ramas con detalles en lila como símbolo do 8M.

Esperamos que vos gusten tanto como a todos e todas nos. Un saúdo e ata a semana que ven.

BENVIDO MARZO!

Boas familias, tras as vacacións do entroido os nenos e nenas do TeoCoida Os Tilos vimos cargadiños de novas para contarvos.

Dende a volta a rutina non paramos de traballar en un montón de cousas, as cales están quedando moi ben, pero como sabedes non temos moito tempo polo que so vos podemos ir contando algunha que outra cousiña.

Comezaremos por algo importante, o pasado día 8 de marzo celebrouse o día internacional da muller, fecha moi sinalada no noso calendario, polo que non podiamos pasar sen facer algo por este día, inculcándolles así aos nenos e nenas a importancia da igualdade de xénero.

 Empezaron por un gran mural sobre diferentes mulleres importantes en Galicia e continuaron facendo unhas árbores moi especiais. Pero para poder ver o resultado final teredes que esperar unha semana máis, paciencia, estamos convencidos e convencidas de que vale a pena esperar.

Isto é todo de momento, feliz semana!

ENTROIDO EN OS TILOS

Bos días familias, benvidos unha semana mais á noticia de teo coida onde por fin vos podemos contar de que se disfrazaron os nosos pequenos e pequenas. A temática escollida foi “A arca de Noe”, nela tivemos xirafas, monos, leóns, tigres, elefantes, tartarugas, cebras, loros, tucáns e por suposto o noso propio Noe.

O Xoves puidemos celebrar a nosa pequena festa do Entroido pero hoxe venres xa foi todo máis o grande con unha gran festa e con disfraces de libre elección.

Pasamos uns días moi divertidos, vémonos a volta do Entroido.

PENSANDO NO ENTROIDO

Boas familias! Unha semana máis os nenos e nenas do TeoCoida Os Tilos vimos cargadiños de novas para contarvos.

Como ben sabedes xa non queda nadiña para carnaval polo que empezamos a darlle a cabeciña. Decidimos disfrazarnos todos e todas xuntas cunha temática que vos contaremos máis adiante, para que sexa algo sorpresa… e como isto de elaborar os disfraces leva o seu tempo, os nosos nenos e nenas están todos os días adicandolle un ratiño, pero claro está que tamén deixan tempo para o xogo libre, correr un pouco sempre ven ben.

Por outra banda, contarvos que por fin rematamos de plantar os nosos garavanzos. Agora tócalles coidalos na casa.

Isto é todo por esta semana. Ata a seguinte.

CELEBRANDO O DIA DA PAZ

Boas familias, benvidos unha semana máis a Teo Coida Os Tilos esta semana estivemos facendo un colar co símbolo da paz con lana, os nenos estiveron moi entretidos facendo , levounos tanto tempo que case estivemos toda a semana a voltas co colar.

Pero tamén nos sobrou un anaco para plantar as nosas lentellas e fabas nunha maceta que elaboramos nós mesmo anteriormente e así levalas para a casa.

Como non tamén tivemos tempo para o xogo libre e disfrutar do sol nas pistas do cole. Para a semana máis e mellor. Feliz semana familias.

TeoCoida Os Tilos

Boas familias! Os nenos e nenas do TeoCoida dos Tilos veñen cargadiños de novas para contarvos porque foron uns días de non parar, fixeron un montón de cousiñas que esperamos vos gusten tanto coma a nos.

En primeiro lugar, temos que falarvos da nosa súper xincana polo cole. Os cativos e cativas tiveron que poñer a traballar a cabeza para conseguir pasar todas as probas. Comezaron buscando letras na carballeira, seguiron facendo unha cadea cun aro, algo que se lle atascaba ao principio pero que acabaron conseguindo!! Despois tiveron que buscar símbolos secretos, pasar un camiño de bombas, coordinar pes e mans para pasar a nosa gran ponte e ata bailar e encestar na canastra. Todo un sen fin de diversión.

E como non todo ía ser correr e saltar os nosos pequenos e pequenas puxéronse mans a obra no noso obradoiro do abrazo, xa que o pasado día 21 de xaneiro celebrábase o día do abrazo. Puideron elaborar unhas tarxetas moi especiais.

Por outra banda pero non menos importante, durante estes días tamén estivemos aprendendo a reciclar dun xeito algo diferente. Comezaron recortando produtos das revistas para logo conseguir facer unhas tarxetiñas, as cales, usarían despois no noso gran xogo da reciclaxe. Aprendendo así que cousa se tira en cada contenedor.

E de momento isto é todo. Feliz semana familias!!

XA ESTAMOS DE VOLTA EN TEO COIDA OS TILOS!

Boas familias xa estamos de volta coa rutina, a algúns nenos custoulles menos a volta e a outros un pouco mais pero bueno as vacacións acábanse en algún momento.

Primeiramente comezamos a semana pasada plantando unhas poucas lentellas en aloden para que lles saíran a raíz e logo poder plantalas na maceta que decoramos nos mesmos e o mesmo fixemos cos garbanzos.

Esta semana comezámola facendo unha competición de relevos en dous equipos, gustoulles tanto que levan toda a semana facendo os mesmos relevos no tempo que teñen de xogo libre supervisado.Tamén estivemos practicando para poder facer unhas competicións de bádminton, aínda seguimos a iso aínda que uns aprenden mais rápido que outros pero o final conseguirémolo todos.

Bueno familias esperemos que xs vosxs fillxs disfruten con todas as actividades que imos realizando. Un saúdo familias e ata a semana que ven.

CALENDARIO DE ADVENTO EN TEO COIDA OS TILOS

Boas familias, esta semana traémosvos poucas actividades que fixemos sobre o nadal xa que houbo festivos e con elas un doce cada dia e que ilusión lles fai, están esperando a que lle toque a cada un.

A primeira actividade que fixemos foron uns marca páxinas de nadal para poñer nos nosos libros ou axendas.

Tamén fixemos unha bota de Papa Noel de cartón que nos levou uns cantos dias e decorámolas moi bonitas para levar a casa e colgalas na árbore ou poñelas de decoración en chemineas ou estantes.

E por ultima actividade de esta semana estamos facendo unhas bolas coa nosa foto para as árbores de nadal e con decoracións propias, están quedando moi chulas, pronto as teredes na casa.

Bueno familia e con isto terminamos esta semana, esperámosvos a próxima para contarvos mais actividades que nos manda facer o calendario de advento.

CADA DÍA UN DOCE

Boas familias, como vos contabamos a semana pasada durante este mes de decembro vamos a realizar actividades según o noso calendario de advento. Cada día unha actividade e un doce que levarnos a boca, pero toca contarvos as actividades que fomos descubrindo estes días. Preparados?

Comezamos esta semana realizando unhas tarxetas de nadal para felicitar as familias. Os nenos e nenas puideron escoller estre dous modelos diferentes, bonecos de neve e árbores de nadal. Logo escribiron as mensaxes correspondentes para as súas familias.

Por outra banda, tamén escribiron as súas cartas a Papá Noel e aos Reis Magos pero unhas cartas moi especiais, xa que teñen a forma dos propios Reis Magos. Quedaron chulísimas!!!

Para a semana poderemos descubrirvos as seguintes manualidades que nos esperan pero de momento isto é todo. Boa semana familias!

BENVIDO DECEMBRO, BENVIDO O MES MÁIS MÁXICO DO ANO

Boas familias, comeza decembro o mes máis máxico para os nenos e non tan nenos pero sobre todo para os nenos e nos para facérllelo máis máxico aínda fixemos un calendario de advento que cada día mándanos facer unha manualidade e como non unha pequena chocolatina.

Pero bueno a semana pasada e estes dous días de esta semana estivemos a acabar os traballos que comezaramos do 25N, como o mural,os debuxos e o símbolo da muller que só nos quedaba darlle cor con temperas e esperar a que secara para levalo para a casa.

E hoxe por fin empezamos o calendario de advento e a primeira manualidade e facer un Papá Noel debuxado coa nosa man que ira plastificado unha vez que seque e os nenos e nenas levarano para a casa para poder colgalo na árbore de Nadal e así seguiremos intentando adornar as vosas árbores na casa cada día con unha pequena actividade. Un saúdo familias. Ata a semana que ben onde vos contaremos máis manualidades que nos mandou facer o calendario de advento.

REPRESENTAMOS O DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Boas familias, esta semana os nenos estivéronos contando todo o que saben sobre o 25N e que ideas tiñan eles para acabar coa violencia, algún neno incluso se informou tanto que fixo un mini traballo con diapositivas para explicárllelo aos demais. Por outra parte estivemos buscando ideas para facer un mural, estes nenos están feitos uns artistas, cantos bocetos recollemos dos nenos con ideas para o mural.

Tamén falamos un pouco sobre algunha muller importante da nosa historia que polo simple feito de ser muller non estaba valorada igual que un home.

E para rematar fixemos pasta de sal para facer o símbolo da muller o que pasa e que iso lévanos mais tempo e agora mesmo están a secar pero esperemos que o venres xa os poidan levar pintados e secos. Os nenos enchéronse de ilusión por facelo, ninguén quixo quedar sen o seu símbolo. Familia estes nenos esta semana van cheos de sabidura sobre o respecto entre home e mulleres e tamén sobre algunha que outra muller importante da nosa historia. Un saúdo familia e deica a próxima semana.

UNHA VISITA MOI ESPECIAL CHEGA A OS TILOS

Boas unha semana mais familias,esta semana os vosos cativos estiveron facendo diversas actividades como a de un arpa, pitiños con cartón dos ovos e buscando ideas para facer un mural para a semana que ven sobre o 25N. Pero esta semana tiveron a gran sorpresa de que viñeron as chicas de Animal art a visitarnos con dous cans chamados Musa e Bizcocho. Viñeron a aprendernos un pouco sobre como tratar aos cans e como educalos e que debemos facerlles e que non e tamén o que lles asusta os cans e que nos pensamos que só e un xogo pero eles asustante. Bueno a dicir verdade estes nenos están feitos un campións porque non fixo falta explicarlles moito porque xa eles nos ían dicindo que si se lles podía facer e lles gustaba e que non se lle podía facer e non lles gustaba aos cans. Tamén fixemos uns xogos de esconderlles o peluche preferido de Musa e as chuches a Bizcocho e que os encontraran e estes cans si que saben xogar,encontraron todo por moi difícil que se lle puxese. Tamén fixemos un xogo de memoria cos nomes e unha boa cualidade de cada un e ver quen recordaba mais. Por ultimo para despedilos démoslles moitos mimos e dixémoslle hasta pronto. Os nenos están desexando que chegue o dia de que volvan outra vez. Ata a semana familias, un saúdo.

BENVIDXS UNHA SEMANA MAIS A TEO COIDA OS TILOS

Benvido e benvidas unha semana mais a saber que e o que fan os vosos fillos cando están en Teo coida. Esta semana dedicámola un pouco o magosto xa que hoxe celebrase o magosto. Fixemos un mural de outono pero coa temática das castañas, tamén unhas cestas para meter as castañas asadas que nos deron no cole. A parte de isto comezamos a facer caretas coas follas secas que caen dos arbores que divertido nos esta sendo, aínda que nos leva o noso traballo xa que moitas rompen pero estes cativos teñen moita paciencia e bótanlle moitas ganas. Por último tamén estamos facendo un libro sobre distintas actividades para poder ter no pavillón e que poidamos xogar todos xuntos e aprender ao mesmo tempo,xa que vai desde aprender q facer a compra, lavar a roupa, facer unha puza e incluso puzles para crear palabras,isto levaranos mais tempo pero entre esta semana e a seguinte seguro que o rematamos.

E non esquezamos que xa todos os nenos elixiron o seu conto de medo que querían ler, a algúns nenos gustoulle tanto o conto que elixiron que incluso xa o acabaron no mesmo dia pero como temos moitos mais comezaron outro e así imos facendo un pouco de lectura e deixar voar a nosa imaxinación. Os que mellor o pasan cos contos son os de infantil porque como aínda non saben ler poñémoslle o conto diante e eles van creando unha historia a partir dos debuxos que ben,estes nenos teñen moita imaxinación. Un saúdo familias e deica a próxima semana.

OS TILOS EN OUTONO

Esta semana fixemos diversas actividades coa temática de outono, dende ir ao xardín do cole a buscar follas ata facer mascaras con elas. Tamén fixemos elefantes aos cales lle puxemos una palliña e enroscamos a trompa e ao soprar pola palla estirábase.

Por outro lado comezamos a ler contos de medo e a facer debuxos sobre o que nos quería transmitir o conto e tamén estamos creando diversas historias de medo deixando voar a nosa imaxinación. Estes nenos non paran. Teñen tanta imaxinación que van a saír unhas historias marabillosas de moito medo. Un saúdo unha semana mais familias e ata a semana que ven.

COMEZAMOS AS ACTIVIDADES DO SAMAIN EN TEOCOIDA OS TILOS

Boas familias, esta semana é o samaín, e como non pode faltar tiñamos que facer un mural del halloween, arañas con lá, bruxas, cabazas e arañas usando as nosas propias mans como pinceis. Esta semana ímola dedicar a todo iso e mais, incluso o venres vamos ir todos disfrazados, faremos caretas e unha pequena competición de bailes.

Por outro lado tamén estamos lendo contos como os mais pequenos “A vaca que puxo un ovo”  encantoulles xa que lles parecía moi estraño que unha vaca puxese un ovo e cando descubriron que foran as galiñas a que llo puxeron a vaca para que estivese mais contenta gustoulles moito porque entenderon que se se pode facer algo para que outras persoas se sintan mellor hai que facelo. Os de 2 e 3 de primaria leron “Os monstros tamén lle teñen medo a escuridade” resultoulles moi interesantes xa que eles solo cren que os monstros non poden ter medo porque son monstros pero ao final comprenderon que todos temos medos incluso os monstros.

Gracias familias por seguir confiando semana a semana en nós e para a semana seguirémosvos informando do que faremos cos vosos nenos e nenas . Un saúdo familias.

BENVIDOS E BENVIDAS A TEO COIDA OS TILOS

Benvidas familias, hai un mes que comezamos en TeoCoida Os Tilos. Nestes días os nenos e nenas disfrutaron facendo actividades tanto de mesa (quen é quen?, Domino de superheroes, adiviñanzas,…etc.) como deportiva (brilé, fútbol, baloncesto,…etc).

A parte dos xogos en grupo da un dos nenos e nenas tiveron a oportunidade de facer pulseiras, colares e incluso aneis.

A partir da semana que ven comezaremos a facer distintas actividades as cales vos iremos contando e informando no cal durante o curso desenvolveremos un proxecto cos vosos nenos que se chama “As mil e unha historia” que se centra en que os nenos lean distintos contos e solten a súa imaxinación creando eles mesmos historias.

Un ano mais moitas grazas pola vosa confianza.

Un saúdo e teñan unha boa semana todos e todas!