TeoCoida Calo

OS PIRATAS MANDAN EN CALO

Hola de novo familias! O tempo como sabedes está sendo moi bo, e en Calo estamos aproveitando para seguir facendo xogos ao aire libre. Decidiron ir ao parque de area e alí ademais de tirarnos polo tobogán e usar o balancín, tamén estivemos facendo uns circuitos, buscando un tesouro e sendo piratas.

E aproveitando que están cos xogo de piratas, comezamos a nosa andaina cas mil e unha historias que levaremos a cabo durante todo o curso. E nesta semana o conto foi sobre…PIRATAS!

E para rematar tamén estivemos facendo uns peixes e delfíns de papiroflexia e xogando cos xogos de mesa que tanto lles gustan. E nesta semana cerca do Samaín está chea de cousas terroríficas…pero para poder velas teredes que esperar unha semana. Dende Calo esperamos que teñades unha boa semana!

BENVIDAS FAMILIAS UN CURSO MÁIS A TEO COIDA CALO!

Xa levamos un mes, e as vosas crianzas viñeron con moitas ganas de pásalo moi ben, aínda que este ano ao ser máis e non coñecerse tiñan algo de vergonza, pero pouco a pouco iso quedou atrás.

Neste tempo estivemos xogando ao aire libre, xa que o tempo o permite. Xogamos ao escondite que sempre triunfa, ao baloncesto, ao brilé, e sen deixar atrás o xogo simbólico. Ademais tamén estivemos debuxando e deixando voar a imaxinación facendo creacións con plastilina; pero sen deixar de facer primeiro as tarefas do cole.

Durante o xogo do escondite descubrimos que temos un castiñeiro, e vimos as diferenzas con respeto a outras árbores que temos ao redor. Decidimos recoller xa que estabamos alí un bo puñado de castañas para levar para casa e poder degustar este froito tan típico do outono.

Estes últimos días xa nos introducimos no mundo dos libros, en vista ao que nos espera nas seguintes semanas do curso. Pero isto é un pequeno secreto para as crianzas, e polo tanto vémonos a seguinte semana!