TeoMadruga Ramallosa

BENVIDOS E BENVIDAS AO TEOMADRUGA DE RAMALLOSA

Moi bos días madrugadores e madrugadoras, toca darlle a benvida a un novo curso.

Un curso que afrontamos con moitas ganas e con algúns que outros cambios, pero os cales estamos seguras de que aos nosos pequenos e pequenas da Ramallosa lles van agradar.

Por fin se poden sentar xuntos por clases!! Algo que os nenos e nenas demandaban moito o curso pasado. Polo que durante estes días estivemos aproveitando moito isto para deixarlles xogar xuntos, podendo dar renda solta a súa imaxinación. Por outro lado, coa incorporación dos máis pequenos xa empezamos a facer cousiñas con eles e elas. Comezamos a decorar o noso comedor para darlle un pouquiño de vida despois de tanto tempo de vacacións, pensamos que está quedando moi chulo!!

E como ben sabedes no cole da Ramallosa gústanos traballar moito polo que a semana que ven viremos cargados de novas pero agora toca esperar un pouquiño. Feliz semana! Ata a semana que ven!!