Teo Madruga Os Tilos

Volvemos coas pilas cargadas!!

Moi boas a todos e a todas, no madruga de Os Tilos estivemos un pouquiño desaparecidos preparando un súper xogo que agora mesmo vos contaremos.

Despois dunhas merecidas e desexadas vacacións de Semana Santa, a volta a rutina nunca foi fácil e o madrugar nos segue costando un pouquiño, por iso lles deixamos aos noso cativos e cativas a liberdade para poder realizar dentro do permitido e posible o que eles e elas quixesen.

Entre tanta carreira se nos ocorreu realizar unha súper xincana onde os nosos nenos e nenas se viron sometidos a unha serie de probas pasando por unha carreira de globos, trabalinguas, papiroflexia, sopa de letras e o famoso reto do papel hixiénico etc… ata rematar con uns súper crebacabezas que se nos resistiron un pouquiño.

Pasámolo moi pero que moi ben e non dubidamos en volver a repetir a experiencia.

Seguimos coa diversión.

Apiques de dar a benvida a primaveira e a Semana Santa, en Os Tilos , seguimos a conmemorar o Día Internacional da muller co filme “Brave, Indomable”.

Este filme rompe coa imaxe da “ princesa ideal” a que estamos acostumados a ver. Mérida, a nosa querida protagonista, princesa dun reino de Escocia, vese obrigada pola súa nai a reina Elionor a concertar matrimonio, cun primoxénito dun clan aliado.

A pesares de que Mérida lle insiste a súa nai que ela quere ser libre e poder escoller o seu propio destino, a súa nai lle ordena obediencia xa que para ela as princesas deben de ter un comportamento perfecto e cumprir coas obrigacións e normas que lle veñen impostas por tradición.

Mérida, é a primeira muller protagonista dunha película de Pixar , cuxo papel é un exemplo para as nenas, para facerlles entender que elas son capaces de conseguir todo o que se propoñan e que poden ser o que desexan ser máis alá dos estereotipos e do que diten as costumes para cada xénero.

Pero isto non foi todo xa que queremos compartir con todos e todas vos o taller de pascua que os nosos cativos e cativas realizaron. Como este ano o coelliño de pascúa non puido facernos unha visitiña e deixar algo de chocolate , realizamos unhas caixiñas de pascua moi bonitas para que o nos deixe algún que outro oviño polo ben que o estamos a facer.

Desfrutade das vacacións, vémonos a voltiña.

Día internacional da muller traballadora.

Moi boas amigos e amigas, dende Os Tilos queremos celebrar con todos e todas vos o Día da muller traballadora.

O Día Internacional da Muller, orixinalmente coñecido como Día Internacional da Muller Traballadora conmemorado cada 8 de marzo, e recoñecido pola ONU como unha xornada para reivindicar a igualdade e de facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade.

É festa recoñecida nalgúns países e tradicionalmente, grupos e asociacións de mulleres militantes no feminismo ou no movemento obreiro preparan manifestacións por todo o mundo para facer ver as súas reivindicacións, para mellorar as condicións da muller , festexar os avances e loitar pola superación dos atrancos.

Como xa vos comentaramos con anterioridade para este día queriamos facer algo especial, os nosos nenos e nenas realizaron un taller de “pins” da muller traballadora que luciron con moita ilusión e causaron gran sensación entre os seus e as súas compis de curso.

Así que sen máis dilación vos deixamos cunha mostriña do traballo dos nosos campións e campioas  que se suman a esta loita.

Corremos, brincamos e descargamos enerxía.

Esta semaniña queremos compartir con todos e todas vos, o descargue de enerxía que os cativos e cativas tiveron ao longo de estes días.

Para romper un pouco coa monotonía, realizamos unha serie de xogos no patio grazas a tregua que o tempo nos está a dar.

Como contamos entre as nosas filas cuns nenos e nenas autenticamente atletas e deportistas, preparamos entre todos e todas un par de xogos de relevos para ir entrando en calor. “O escondite, o pi 21 e a araña”, foron outros dos xogos elixidos polos cativos para continuar co noso descargue de enerxía e para finalizar fomos partícipes en vivo e directo dunha pequena pero intensa partida de fútbol .

Estamos preparando algo especial para celebrar o 8 de Marzo, pero deixámosvos un par de días coa intriga.

Desfrutade da semana, mentres en Os Tilos seguiremos con moito máis deporte.

Día internacional da lingua materna.

Unha semaniña máis aquí estamos para compartir con todos e todas vos os nosos traballiños.

Os nosos pequerrechos e pequerrechas veñen cun gran empacho de cocido e das moreas de filloas e de orellas que degustaron ao longo desta fermosa ponte.

Durante estes días, estivemos celebrando o Día internacional da lingua materna( 22 de febreiro). Ao falar de lingua materna, falamos de todas as linguas do mundo, dado que con este termino, se identifica a lingua que adquirimos na casa, por medio dos nosos país, avós, irmáns etc.

Neste día internacional, facemos énfase no recoñecemento e atención do gran abano de diversidade lingüística que temos ao longo do mundo.

Continuamos co Cinemadruga co filme “O bosque animado” . Mostra as andanzas dos habitantes humanos da fraga de Cecebre e de como se entrecruzan os seus camiños no amparo dun bosque vivo no que os animais e as plantas forman un sistema harmónico.

Para despedirnos, deixámosvos unha mostra dos nosos traballos .

Un saudiño, voltamos a semana que ven con máis novas.

Chegou o entroido ó madruga.

Benqueridas familias chegou o entroido!!!.

Este ano afrontamos un entroido moi diferente ao que os nosos nenos e nenas están acostumados. Moitas das nosas tradicións quedaron truncadas a causa de este virus que estamos desexando perder de vista para sempre canto antes posible, non obstante con este pequeno obstáculo os nosos cativos e cativas non perden a ilusión e agardan con ansia a chegada de estas datas.

Aproveitando estas datas decidimos dar un pequeniño descanso ao noso Cinemadruga e adicar estos días a falar das diferentes  costumes, celebracións e doces de entroido que se realizan ao longo do mundo.

Como estamos moi carnavaleiros e carnavaleiras realizamos un taller de máscaras venecianas que nos quedaron a mar de bonitas e festeiras.

Comede moreas de orellas e filloas e desfrutade moito destas mini vacacións.

Vémonos a volta.

QUE VIVA O ENTROIDO!!!

Día da paz.

Moi boas, unha semaniña máis aquí estamos para poñervos o día de todo o que andan a facer os nosos cativos e cativas.

Despedimos o mes de xaneiro e con el celebramos o Día da Paz. O obxectivo deste día, basease nunha educación para a tolerancia, a solidariedade e o respecto entre persoas xa sexa en función da súa raza, cultura ou relixión.

Como non podía ser menos, puxémonos mans a obra  e para conmemorar este día, realizamos un taller de colares da paz a modo de mandalas os cales, quedaron moi pero que moi bonitos a par que coloridos.

Tras traballar arreo, sacamos tempo para facer algún que outro xogo coma o famoso “Quen é quen” e algunha que outra partidiña ao tradicional “Tutifruti”, costounos un pouquiño poñer as nosas mentes a funcionar pero despois dun par de partidiñas todo nos salia rodado.

Aquí vos deixamos unha mostra dos nosos súper colares da paz.

Voltamos para a semana con máis novas.

Día Internacional da educación

Benqueridos compañeiros/as, queremos compartir con todos e todas vos o que andan a realizar os nosos cativos durante estes días tan fríos e chuviosos que estamos a pasar.

Levamos a cabo o primeiro Cinemadruga deste 2021 co filme “Big Hero 6”, que nos relata a creación dun grupo de súper heroes e das súas aventuras.

A través dos seus protagonistas, Hiro Hamada, un adolescente de 14 anos e xenio da tecnoloxía e do seu amigo Baymax ,un robot enfermeiro de aspecto adorable programado para axudar as persoas, aprendemos o importante que é traballar ben duro para conseguir todo aquilo que desexamos, pero sobre todo o valor incalculable do perdón, o respecto as vontades dos demais e de facer o correcto.

Dito filme, abarca tamén o concepto da vinganza que quere levar a cabo Hiro trala inesperada perda do seu irmán Tadashi ao coñecer ao culpable da súa morte.

“Big Hero 6”, nos fai ver que dito acto, non conduce a ningunha parte e que en ningún caso a vinganza restitúe aquilo que a orixinou e grazas a figura de Baymax , aprendemos que todo heroe debería ser protector e non un agresor.

Como os nosos cativos/as querían continuar coa diversión e estaban moi pero que moi traballadores, fixemos unha sesión de xogos de mímica onde vos aseguramos ao 100% que as risas non faltaron e que sen dúbida os noso cativos e cativas desbordan moita creatividade e orixinalidade.

Non rematamos aquí, para poñer o broche final a nosa semana, realizamos un taller de marca páxinas para conmemorar o Día Internacional da educación.

Aquí nos despedimos ata outras novas con unha mostra do noso traballiño.

Adeus O Nadal.

Rematou o Nadal e con el damos a benvida a un novo ano , esperamos e desexamos que durante este 2021 poidamos despedir para sempre a este maldito virus que cambiou por completo as nosas vidas.

Voltamos ao madruga coas pilas cargadiñas e con moitas, moitas ganas de seguir pasándoo ben e de divertirnos como ata agora.

Os nosos cativos e cativas, non puideron agardar as gañas de contarnos como pasaron estas datas tan sinaladas e polo que nos relataron, o ratonciño Pérez non agardará demasiado en facerlles unha visitiña despois das moreas de doces que comeron durante estas datas.

O Apalpador e Os Reis Magos, viñeron máis que cargadiños  de agasallos para todos os nosos nenos e nenas e máis de algún/a levou algunha que outra grata sorpresa.

No madruga de Os Tilos andamos a preparar unha morea de cousiñas novas ,varexamos a posibilidade de poder facer algunha actividade no exterior sempre cumprindo coas normas de prevención establecidas para poder descargar un pouco de enerxía.

Estamos desexando comezar!!

Saudiños.

Nadal en Os Tilos.

No Madruga de Os Tilos xa se respira aire navideño, os nosos cativos e cativas non poden agardar máis pola época que esperan con tanto esmero e ilusión durante todo o ano, por iso as monitoras do servizo quixemos ter un detalle cos nosos pequerrechos e pequerrechas poñendo a árbore de nadal nas nosas instalacións.

As súas cariñas de asombro e ilusión son un auténtico subidón de enerxía e co ben que se están adaptando a esta nova normalidade ,o Apalpador e os Reis Magos, sen dúbida algunha portaranse de marabilla este ano con todos e todas porque o teñen máis que merecido.

Para deixar ben reflexado os noso espírito navideño, os nosos nenos e nenas realizaron un taller de adornos para decorar as nosas instalacións e para darlles un respiro, rematamos co último filme deste ano na nosa sesión de Cinemadruga ca película o “O Grinch”.

Dende o madruga de Os Tilos despedímonos desexándovos a todas e a todas unhas felices festas e un próspero aninovo, agardamos que este 2021 sexa moito millor e que veña cargadiño de saúde para todos e todas.

Voltamos despois do Nadal.

Bo Nadal.

Día Internacional das Persoas con Discapacidade.

A piques de dar a benvida a un Nadal un tanto especial, no madruga de Os Tilos , estamos a conmemorar o Día Internacional das Persoas con Discapacidade (3 de decembro) coa visualización da película “ Campeones ”.

“Campeones” é unha comedia dramática inspirada na historia dun equipo de baloncesto  formado por persoas con discapacidade intelectual. Dita película lanza unha mensaxe moi clara e contundente: a inclusión .

Aposta pola valía de estas persoas que día tras día loitan pola súa integración nunha sociedade moi competitiva e esixente.

Voltamos a semana que ven, con máis novas dos nosos cativos , mentres nos continuamos apoiando os nosos amigos e grandes campións de baloncesto.

Desfrutade da semana e desta marabillosa ponte.

25 de Novembro: Día internacional contra a violencia de xénero.

Moi boas a todos e a todas, xa estamos de volta do noso viaxe a planet 51. Con el traemos un montón de coñecemos sobre os nosos novos amigos os que esperamos ver de novo.

Mentres tanto no madruga de Os Tilos, fixemos unha viaxe ao pasado para explicar a orixe da celebración do día internacional contra a violencia de xénero.

Visualizamos un corto no cal se conciencia aos nenos e nenas a denunciar e erradicar, a violencia, os abusos e as agresións que sofren as mulleres ao longo de todo o mundo. Dito corto dou cabida a apertura dun debate a través do cal comprobamos o concienciados que están os nosos cativos e os coñecementos que teñen acerca deste tema.

No madruga de Os Tilos  os nosos cativos e cativas se suman a esta loita aportando o seu graniño de arena.

Voltamos para a semana.

Viaxamos a Planet 51

Moi boas a todos e a todas, comezamos nova semana no madruga de Os Tilos e con ela fomos coñecedores da búsqueda dos cabaliños de madeira do San Martiño.

Con moita ilusión os nenos e nenas nos relataron as súas facetas como exploradores nos seus paseos en busca de estes cabaliños que por arte de máxima nos fomos atopando o longo do noso concello.

Celebramos o Día Internacional para a tolerancia (16 de Novembro) coa película Planet 51.

Planet 51 é a historia dunha familia de extraterrestres que vive tranquilamente no seu planeta ata a chegada do que para eles é un alieníxena : un home, o capitán Charles Chuck Baker, un astronauta americano que aterriza en Planet 51, pensando que é a primeira persoa en pisar dito planeta.

Para o seu asombro descubre que o planeta está habitado por pequenas criaturas verdes que viven felizmente, entre elas atópase Lem o cal se converterá no seu fiel amigo.

A través de Chuck e Lem, aprendemos  o respeto polas opinións, ideas e actitudes dos demais aínda que non coincidan coas propias.

En Os Tilos seguimos explorando, viaxando e coñecendo as costumes de estas pequechiñas criaturas verdes .

Voltamos a semana que ven despois de regresar do noso viaxe a Planet 51, polo de agora vos deixamos unha imaxe dos nosos novos amigos.

Realizamos experimentos. en Os Tilos.

Moi boas a todos e a todas, como xa vos contamos con anterioridade metemonos de cheo no mundo da ciencia, dos inventos e dos experimentos gracias aos coñecementos que adquirimos co noso amigo Flint Lockwood.

Para os que non o coñedes , Flint , é o protagonista de “ Lluvia de albóndigas”, un mozo que soña con grandes inventos pero sobre todo con impresionar ós seus pais xa que ese é o seu máis preciado desexo.

Despois de falar largo e tendido co noso amigo e de recoller ideas, nos animamos a facer un par de experimentos aos que bautizamos como “ Bomba de cores” e “ Xeos máxicos ” e que agora os imos a contar un pouquiño sobre eles por se vos animades a probalos.

A bomba de cores foi sen dúbida o máis exitoso , consiste en verter nun prato de plástico un poquiño de leite, a continuación vertemos unha gota de colorante líquido , unha por cada cor que teñamos e o máis preto posible do resto de gotas.

Para finalizar vertemos un pouco de mistol nun bastoncillo e o colocamos encima das gotas. O resultado e unha explosión de cores como se de fogos artificiais se tratasen ao entrar en contacto o mistol co colorante.

Por último e non menos importante creamos as nosas obras de arte cos nosos xeos máxicos. Vertemos un poquiño de auga con colorante nun recipiente para facer xeos, colocamos un bastoncillo a modo de pau e para o conxelador . Como resultado final obtemos unhas pinturas máxicas.

Aqui vos deixamos unha mostra dos nosos científicos e científicas mans a obra. Esperamos que vos gusten.

Chegou Novembro.

Moi boas a todos e a todas, una semana máis vimos cargadiños de novas para vos.

Comezamos a semana coa ilusión e a alegría que nos transmitiron os cativos ao relatarnos como pasaron a noite de Samaín.

Contáronnos con moito esmero como decoraron as súas casas, as cabazas as arañas e os fantasmas foron os elementos máis destacados e elixidos para esta noite. Pese a que non puideron realizar o famoso truco e trato en compaña dos seus seres queridos cos atuendos máis terroríficos, a situación actual non foi capaz de borrar un sorriso dos seus rostros e pese as novas restricións desfrutaron de esta noite o máximo posible.

Continúamos co Cinemadruga , agora nos convertemos en auténticos científicos e investigadores coa película Lluvía de albóndigas. Estamos na procura de sacar ideas para algún experimento pero polo de agora o de facer que a choiva se converta en comida non o dominamos moi ben pero seguro que o conseguiremos.

Dende o Madruga de Os Tilos queremos felicitar e dar as gracias aos nosos cativos que o están a facer de marabilla. Este curso tan atípico supón para todos un auténtico cambio e a verdade e que tanto os nenos e nenas como as súas familias nos facilitades moito o traballo e a alegría coa que chegades todos os días e un auténtico subidón de enerxía!!.

Moitas gracias a todos e a todas vos.

Benvido Samaín

Queda moi pouquiño para finalizar Outubro e no madruga de Os Tilos andamos xa a celebrar o Samaín para despedir por todo o alto este mes.

Metémonos de cheo no mundo dos fantasmas, das casas embruxadas, dos sustos e do famoso truco e trato da noite de halloween coa película de Casper, un pequeno fantasmiña que nos conta dunha forma moi conmovedora e tenra a tráxica historia da súa morte.

A través do noso amigo vivimos unha noite máxica, chea de sustos, lambonadas a montóns e moita pero que moita festa, ao mesmo tempo que nos mostra as tradicións e costumes que se adoitan realizar nesta noite.

Como non podía ser menos, os nosos nenos e nenas traballaron arreo para deixarvos cos pelos de punta deixando as nosas instalacións o máis terroríficas posibles, esperemos que non vos causen algún que outro pesadelo, aquí vos deixamos un pouquiño do noso traballo

Desfrutade moito desta noite

Día mundial da Alimentación.

Moi bo@s a tod@s unha vez máis. Comezamos semana ben cargadiños de traballo para celebrar o día mundial da alimentación (16 de Outubro). No madruga de Os Tilos queremos inculcar nos nos@s cativ@s a importancia de ter uns bos hábitos alimenticios e coa axuda do noso pequeno amigo ratatouille aprendemos un montón de cousiñas sobre que alimentos son máis beneficiosos para a nosa saúde.

Para conmemorar dito día elaboramos un semáforo de alimentos, onde queda ben reflexado que alimentos son os máis beneficiosos é con que frecuencia os debemos de tomar.

Aquí vos deixamos o noso traballiño

Cinemadruga en Os Tilos

Comezamos semana e con ela poñemos en marcha o noso “Cinemadruga”. O 16 de Outubro celébrase o día mundial da alimentación e para conmemorar dito día comezamos coa película de Ratatouille que abarca a perfección o tema a tratar.

Quédanos  poquiño para rematala película xa que o tempo nos limita un pouquiño e decidimos comezar con ela o antes posible para que os cativ@s disfruten o máximo posible.

Unha vez rematada, realizaremos unha serie de actividades relacionadas coa temática a tratar para inculcar nos nen@s a importancia de ter uns bos hábitos alimenticios para ter unha vida o máximo de saudable posible.

Estamos desexando compartir con tod@s vos os nosos traballiños así que nos imos poñer mans a obra para deixarvos coa boca ben aberta.

Deica a semana.

Moi boas compañeir@s

Dende madrugadores de Os Tilos temos novas que contarvos!!. Seguimos dando a benvida a nov@s compis cos que compartimos un montón de risas.

Comezamos o CineMadruga!! improvisaremos un cine nas nosas instalacións con multitude de películas correspondentes as festividades ou días sinalados que están a piques de chegar, así que a diversión e as palomitas están máis que aseguradas.

Esta iniciativa foi recibida con moito esmero por parte dos usuarios, os cales están dexando comezar. Unha vez rematada a película faremos unha serie de actividades relacionadas coa temática abarcada en cada película

Oxe queremos compartir con vos o traballo realizado polos nen@s. Quedan máis que sabida as normas que debemos de cumprir!! Moi bo traballo pequerrech@s

Benvidos de novo queridos cativos.

Un curso máis queremos darvos a benvida ao servizo de madrugadores do cole de “Os Tilos”.

Este ano afrontamos un curso un pouco atípico debido a situación que estamos a vivir e con ela o servizo de madrugadores sufriu modificacións con respecto os curso pasado.

Durante estas semanas de adaptación, os cativos foron coñecedores das novas medidas adoptadas no servizo así como dos cambios con respecto o curso pasado. Durante este ano as actividades serán individualizadas evitando na medida do posible o contacto físico e as aglomeracións. Panificaremos actividades no exterior sempre e cando o tempo nolo permita e mantendo sempre as distancias para que aos cativos non se lles faga tan pesada a súa estancia e poidan descargar un pouco de enerxía.

Dende o madruga de Os Tilos queremos dar as grazas a todas as familias e en especial aos cativos que o están a facer de marabilla.