TeoMadruga

Servicios Integrales de Formación S.L, elaborou para o Teo Madruga do curso 2021-2022  un proxecto educativo que, ao igual que o curso pasado, ten en conta as normas ditadas pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia así como as medidas de prevención do Covid 19.

Ao longo deste curso escolar desenvolveremos o proxecto “ImaxinAcción”, centrado en fomentar a creatividade dos/as usuarios/as do Teomadruga e a educación en valores (igualdade, a diversidade, o respecto, a tolerancia…etc.).

A importancia da imaxinación xunto á creatividade para os nenos e nenas é incuestionable, sobre todo canto máis pequenos e pequenas. Cremos que o desenvolvemento das crianzas non está completo sen os seus xogos simbólicos, os contos que len e as actividades artísticas que fan…

Por outra banda a educación en valores é fundamental nunha sociedade actual que parece presentar unha clara crise neste aspecto. Centrarémonos en que nenas e nenos dean valor a conductas e comportamentos relacionados co civismo e coa formación de cidadáns e cidadás responsables; mellorarase así a convivencia cos demais á vez que se traballará na construción dun mundo máis xusto, inclusivo, equitativo e intercultural.

Exporemos ás crianzas diferentes accións que serán o eixe central das actividades que desenvolverán de xeitos diferentes ao longo do curso. As accións, unidas a determinados valores, que desenvolveremos ao longo do curso serán:

Menú mensual