Despertares San Clemente (Caldas)

XA ESTAMOS DE VOLTA!

Benvidas familias unha vez máis a madrugadores San Clemente, como xa sabedes, xa estamos na segunda semana de cole despois da volta das vacacións de Nadal e os nenos e nenas xa nos puxeron o día de que ao parecer algúns de eles foron  moi bos e boas e Papa Noel e os Reis Magos deixáronlles moitas cousas.

De seguido comezamos a semana facendo algún xogo deportivo e outros libres que eles mesmos elixían e como non podía ser menos pintando tamén porque algúns estreaban rotus novos.

Por outra banda, os nenos aprenderon a xogar a dous xogos novos que os reis magos nos trouxo para o plan madruga os cales van de facer estratexias para poder gañar e practicar un pouco a memoria. Pero como non queríamos desprezar aos antigos xogos de mesa que tiñamos pois fixemos durante unha semana un torneo de xogos de mesa no que foramos xogando por todos e só quedase un só ganador, aos nenos gustoulle moito.

E xa para ir rematando, esta semana os nenos están a esforzarse moito porque como todos sabedes o próximo 30 de xaneiro é o día da paz ou o día da non violencia calquera dos dous términos é valido, pensando en esa data decidimos facer a creación de un mural super bonito para que decore o noso comedor do cole e os nenos recorden que hai que facer a paz. O proxecto aínda esta en marcha e non volo podemos ensinar aínda pero en canto o rematemos seredes os primeiro en velo.

Ata aquí é todo por esta semana. Un saúdo familias, esperamos que todo vos sea do voso agrado.

UNHA SEMANA DE PELÍCULA

Boas familias, aquí estamos unha semana máis na noticia de madrugadores de San Clemente.

Esta semana os nenos e nenas como xa viron que os profes comezaron a decorar o colexio eles quixéronlles axudar con uns debuxos de Nadal que están a facer e que algúns aínda non remataron pero que en canto os rematen xa os colgaremos e vos ensinaremos fotos.

Por outra banda fixemos algún xogo como “palabras encadeadas” no cal os nenos lle tiñan que dar o coco para poder ser o gañador pero eran todos tan vos que non nos dou tempo a rematar a partida tiveron que irse antes de que alguén perdese.

Logo xogamos ao “vexo-vexo” no cal xa nos foi un pouco máis complicado levalo a cabo porque había algún neno que imaxinaba o color ou pensaba que era o color do que levaba dentro o vote de cartón pero grazas a iso aínda votamos unas boas risas.

Pero para ir rematando os nenos esta semana viron a película do “Rey León” para inculcarlles valores e que eles tamén foran capaz de recoñecelos a través da película. Os cativos fixérono moi ben, incluso houbo algún que chorou coa peli.

O caso é que xa estamos en decembro e por se os nenos non vos contaron, en decembro facemos un calendario de advento no cal trae dúas cousas; a primeira unha chocolatina e a segunda unha actividade que teremos que ir facendo cada día.

Despois de explicarvos isto, contarvos que xa abrimos a primeira caixiña do calendario de advento e nela tiñamos a actividade de ver a segunda película do “Rey León” porque eu sabía que moitos nenos non a viran e querían vela entón como primeira actividade tocounos esa.

Familias, ata aquí é todo, para a semana máis e mellor.

Unha forte aperta e saúdos.

OS MEUS NONS CONTAN, RESPECTA!

Boas familias!

Estamos de volta unha semana máis coas novas de esta semana que son as seguintes.

En primeiro lugar a semana pasada dedicámola a actividades deportivas, onde os nenos fixeron moita actividade física pero tamén tiñan que xogar en equipo para poder derrotar o malvado ogro.

Logo diso, pasamos a parte un pouquiño máis teórica que tamén a reforzamos con xogos para aprender os distintos valores que debe ter unha boa persoa. Tocando ese punto, aproveitamos para tocar un pouco as emocións xogando con un xogo de domino no cal poñía palabras e definicións e os nenos tíñanas que ir unindo según correspondían.

Despois de deixar a teoría a un lado puxémonos con xogos de mesa os cales lles encantan e lles son moi bos porque en concreto, estes dous xogos que lles gusta son de facer estratexias e de practicar a memoria. Pero as veces como somos moitos poñémonos en equipos e así a vez que practicamos a memoria ,tamén practicamos as estratexias en grupo.

E xa para rematar, con mor do 25N, leemos un conto para traballar un pouco os valores da igualdade e o respecto e ocorréuselles que querían plasmar eses valores nun mural para que así todo o colexio puideran ver o concenciados e concenciadas que están contra a violencia de xénero, direivos que lles quedou precioso e que aprenderon moito facendo. Tendes uns nenos moi educados en valores!

Bueno familias a continuación déixovos as fotos por aquí debaixo e ata a semana.

Boa semana familias!

CRECENDO EN VALORES CON POCAHONTAS!

Boas queridas familias!

Como xa ben sabedes o venres pasado os cativos celebraron o magosto e por iso en madruga a semana pasada a dedicamos a facer un pequeno mural sobre o magosto para adornar o comedor e unas castañas moi orixinais.

Tamén vimos a película de Pocahontas que ningún neno a vira antes, o principio non querían abrirse a algo novo e había comentarios negativos pero o final cando a película acabou a todos lles gustou e querían volver a vela. Comentamos a película para fomentar os valores que a mesma difundía. Tamén fixemos un debuxo da parte que máis nos gustou. Non cabe dicir que tendes uns artistas na casa, algún quixéronos expoñer no comedor e outros levárono para a casa.

Tivemos un taller de xogos de mesa na cal aprendemos xogos novos e repetimos algún vello que lles gustou moito. Todos eles baseados en fortalecer a memoria, xogo en equipo e a agudeza visual.

Familias por esta semana é todo,xa non me queda nada máis  por dicir,boa semana e ata a próxima. Saúdos.

DECIMOS ADEUS Ó SAMAÍN E DAMOS A BENVIDA Ó MAGOSTO

Boas a todos familias, como xa sabedes estivemos creando un mural e unas decoracións para poñer por Samaín, como xa vos imaxinaredes, puxemos todo e quedou un comedor terrorífico e aos nenos encantoulles porque como non puideron facer un Samaín corrente como todos os anos a eles subiulles os ánimo que polo menos puidéramos facer esas decoración terroríficas por pequenas que fosen.

Unha vez que xa contamos isto e deixamos o Samaín atrás, os menos este venres teñen o magosto e quixeron como non poñer a súa marca de madruga no comedor axudando con un mural que comezamos a facer sobre a tradición que temos no cole de san clemente para facer no magosto. Pouco máis vos podo contar porque o mural aínda esta sen rematar pero en cato este listo ensinarémosvolo. Claro esta tamén que temos pensado facer algunha cousa máis sobre o magosto pero non sabemos se nos dará tempo a todo, entón preferimos gardalo en segredo e se nos da tempo a facelo , xa o contaremos.

Estes días os cativos estiveron xogando a diversos xogos de mesa nos cales teñen que facer estratexias, reforzar a memoria e a agudeza visual ao  mesmo tempo que traballar en equipo.

Por desgraza e pouco tempo o que temos para poder dedicalo as actividades entón a maioría de veces non nos da tempo a saír a fora a xogar o pilla ou así.

Un saúdo e ata a próxima.

SEGUIMOS COS PREPARATIVOS DE SAMAÍN

Ola familias, una semana máis seguimos preparando decoracións para decorar o comedor onde facemos o plan madruga, este vai a quedar terrorífico, algunhas cousas lévannos o dobre de tempo do normal xa que en realidade so nos da tempo media hora antes de entrar o cole a facer as manualidades e claro esta, lévanos máis tempo, pero aos poucos aí vamos.

Esta semana acabamos de recortar os debuxos que colorearamos e plastificáramos e colgámolos do teito do comedor e quedou super ben.

Tamén comezamos a facer un mural de Samaín xa que estes cativos son uns artistas e querían deixar o comedor terrorífico.

 A continuación fixemos algunha que outras partidas a xogos de mesas e algún que outro xogo deportivo.

Familias, ata aquí o desta semana para a seguinte máis e mellor. Un saúdo.

ESTAMOS FEITOS UNS ARTESANS FACENDO PULSEIRAS E COLARES DE GOMITAS 

Boas familias, xa estamos aquí unha semana máis para contarvos o que estivemos a facer esta semana cos vosos cativos.  

Esta semana comezámola facendo uns debuxos e pintándoos para logo recortalos e poñelos colgados no teito do comedor xa que esta moi cerca a gran festa do Samaín a cal volve tola aos nenos e xa están pensando nos disfraces e sobre todo en deixar o comedor terrorífico para  poder dicirlle aos seus compañeiros que iso o fixeron eles en madrugadores  e que os compañeiros queden pasmados. 

Por outra banda como ben vos contaba no titulo da noticia, tendes uns cativos que saben facer pulseiras moi chulas e incluso algunhas con nomes, outros fan chaveiros para a mochila e outros aneis. Os que non sabían agora están aprendendo e colléndolle o ritmo aos outros nenos. 

E para rematar esta semana afeccionámonos ao conecta 4 e ao tragabolas, dous xogos de mesa que aos nenos lles encanta e que fan torneos para ver quen gana. 

Bueno familias ata aquí por esta semana, para a semana máis e mellor. Ata a próxima e un saúdo. 

BENVIDOS E BENVIDAS A MADRUGADORXS SAN CLEMENTE

Benvidas familias a este servizo outro ano máis aínda que con distinta empresa. Nesta noticia quero contarvos un pouco pois de que se trata é para que vos sepades o que fan as vosas crianzas cando están en madrugadores, esta noticia chegara todas as semanas unha noticia aos vosos correos na cal podedes acceder tanto a noticia como as fotos que iremos subindo durante a semana do que vaiamos facendo, unha vez explicada en que consiste, comezamos con ela.

Xa sabedes que o servizo leva operativo dende o dia 8 de setembro, o cal hata a primeira semana de outubro estivemos dedicándonos a coñecernos todos un pouco mellor, e a fomentar o xogo en equipo para así que dera lugar a que nos coñecesemos mellor.

Tamén fixemos moitos xogos deportivos como o pilla-pilla, o esconditepilla e outros moitos. Pero por outra parte tamén practicamos a memoria con xogos de memoria como o “tutifruti” ou de agudeza visual como o “doble” que están os nenos locos por ese xogo para ver quen é máis rápido.

Por outra banda como xa vos contei, comezou outubro e comezamos as actividades tanto de manualidades como de murais e agora como xa todos nos conocemos perfectamente decidimos entre todos, que esta primeira semana iamos facer un mural para dar a benvida o plan madruga de san clemente no cal fose plasmada un pouco de cada neno que temos no servizo. E así foi, tendes uns nenos que son todos uns artistas fixeron un mural fermoso, aportando un millar de ideas e axudándose entre todos en todo momento, agora xa o rematamos, estamos pensando onde o imos a colgar xa que os nenos quéreno expoñer a toda costa porque estan moi orgullosos do fermoso que lles quedou o mural.

Bueno familias por esta semana iso é todo, para a semana seguirémosvos contando e amosando diversas cousas que iremos facendo e creando xa que pronto se acerca o samaín e queremos estar listo para él e poñer o comedor terrorífico. Un saúdo e ata a semana que ven.