Madrugadorxs Pedrouzos

CONMEMORANDO O 8M EN PEDROUZOS

No servizo de Madrugadorxs tamén quixeron celebrar o 8M, Día da Muller e a cativada  fíxoo con unha mención especial a todas as figuras femininas máis importantes para el@s; avoas, nais, tías, amigas, coidadoras… todas elas loitadoras dunha forma ou outra pola igualdade na sociedade,especialmente recordada neste día tan sinalado.

UN PALLASO DE MIL CARAS VISITA PEDROUZOS!!

Que viva o Entroido!!Troula,troula e máis troula!

En esta época do ano todos e todas nos podemos converter no que queiramos e ademais en Madrugadorxs Pedrouzos recibimos con moita alegría a este divertido personaxe, un auténtico pallaso de mil caras que nos fixo rir de boa gana.

E a vós?,algunha cara se vos fai coñecida??

NOVAS TÉCNICAS DE RELAXACIÓN EN PEDROUZOS

Tal como o estades a ler familias!!

En Madrugadorxs Pedrouzos a cativada estivo poñendo a proba a súa atención e concentración,ademais da paciencia a través do “mundo das mandalas”. Foi un auténtico modo de relaxación,no que tan so coloreando estiveron dando renda solta a súa creatividade e imaxinación. E non hai dúbida de que conseguiron uns fantásticos resultados!

Mirade, mirade….

XA ESTÁN AQUÍ AS VACACIÓNS DE NADAL!!

Estes días as nenas e os nenos de Madrugadorxs Pedrouzos están moi contentos e contentas porque chegan as vacacións e ademais comeza a época do ano que máis ilusión lles fai, o Nadal, que o reciben con moita ilusión e alegría.Esta última semana quixeron adicarlle as primeiras horas do día a elaborar o seu propio adorno para decorar nas súas casas, un simpático boneco de neve feito con material de refugallo.

Dende Madrugadorxs Pedrouzos queremos desexarvos que pasedes moi boas festas e que teñades un próspero ano novo FAMILIAS!

Desfrutade moito e vémonos a volta!

DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA

Boas familias!

Dende Madrugadorxs Pedrouzos temos o pracer de presentarvos a Daniela e Anxo, nomes escollidos por usuarios/as deste servizo para os portadores de todos os dereitos que se lle ocorreron nun día tan importante como é o Día Universal da Infancia,que se celebra cada 20 de novembro e no que se recorda que todos os nenos e todas as nenas do mundo teñen dereito a EDUCACIÓN, SAÚDE e PROTECCIÓN en xeral e a moitos outros dereitos en particular como son nome e nacionalidade, alimentación, vivenda, atención médica, actividades recreativas…

Así quedou reflexado o guiño da vosa cativada a este día tan especial.

TERRORÍFICO SAMAÍN EN PEDROUZOS!!

E tan terrorífico familias de  Pedrouzos!! O tan esperado día 31 de outubro non chegaron coma sempre nenos e nenas ao servizo de Madrugadorxs…. se non que foi un auténtico desfile de bruxas e bruxos, morcegos, cabazas, esqueletos e unha morea de personaxes máis ambientados neste terrorífico día 🎃💀

De xeito que só nos queda dicirlle a todas estas “criaturillas” que desfruten do día!! E voltamos o xoves “verdadeiros/as” nenos/as!!!😉

MADRUGÓNS CON  DIVERSIÓN EN PEDROUZOS!

Boas a todos e a todas de novo un curso máis dende o servizo de Madrugadorxs Pedrouzos!

Xa hai  unhas semaniñas que a cativada comezou outra vez cos  madrugóns e dende logo que o levan moito mellor pasando as primeiras horas da súa xornada con diversos entretementos; con moita enerxía e diversión, estes días xa andiveron a enredar en distintas actividades como talleres de plastilina, debuxo libre, xogos de mesa, pinta-colorea…

Xa vedes familias, toca de novo madrugar pero no Madrugadorxs Pedrouzos non hai lugar para o aburrimento!