Madruga Cuntis

A SAÚDE IMPORTA!!!

Xa estamos de volta despois das vacacións de Pascua e imos con ganas a polo terceiro trimestre.

Coincidindo que nestes días se celebra a Semana da Saúde, estivemos realizando xogos e obradoiros relacionado ca saúde. «Circuítos de exercicio físico» traballamos a importancia da actividade física para manternos sans.

«Dentes felices» con este xogo entendemos que levar unha alimentación saudable axúdanos a ter uns dentes sans.

«Mildfullnes» con esta sesión aprendemos a relaxarnos e a controlar as nosas emocións para encóntranos mellor.

E como non seguimos coñecendo outros países a través do xogo. O país elixido na asemblea do martes foi Arxentina e realizamos distintos xogos «La Taba» xogo que consiste en encestar un obxecto nun buraco e conseguir puntos segundo caia o obxecto e «Carreras Cuadreras» neste último tirando moito de imaxinación e créndonos uns xinetes que ata nomes ós cabalos lles puxemos.

Ata a vindeira semana. 😊

ACHÉGANSE AS VACACIÓNS DE SEMANA SANTA.

Xa que tivemos días de sol  aproveitamos para saír ó patio  a facer xogos de exterior orixinarios de África e Asia os  máis destacables foron “A Mamba” e “Awalé” pasamos momentos divertidos e entretidos antes de entrar ás clases.

Como a semana da para moito dende servizo de madrugadores de Cuntis decidimos  argallar un xogo que chamamos “Construíndo un mundo mellor”. Un xogo cheo de simbolismo onde cada rapaza e rapaz elixía un país e tiñan que realizar algunha obra que eles consideran beneficiosos hospitais, escolas, vivendas… e para todo isto contabamos con guindastres, escavadoras e moitas cousas máis.

Para rematar e  como comezan as vacacións de Semana Santa non podiamos deixar de facer actividades relacionadas  coa Pascua  como o xogo de ponlle o rabo ò coello e coloreamos uns ovos de pascua para decorar o noso espazo.

Que pasedes unhas boas vacacións. Vémonos á volta!😊

SEMANAS INTENSAS NO SERVIZO DE MADRUGA DE CUNTIS

8 de marzo – Día Internacional da Muller

19 de marzo– Día do Pai

Estas primeiras semanas de marzo no servizo de madrugadores de Cuntis estiveron marcadas por unha intensa actividade, combinando aprendizaxe, celebracións e moita diversión. Durante estes días, os máis pequenos e pequenas participaron en diferentes propostas relacionadas con datas sinaladas como o 8M, Día Internacional da Muller; ou a preparación do 19 de marzo, Día do Pai.

No marco do 8M, leváronse a cabo actividades de sensibilización, promovendo valores de igualdade e respecto, para o que se traballou coa historia de mulleres do mundo do motor e da construcción.

No ámbito lúdico, non faltaron xogos tradicionais e cooperativos. Practicáronse xogos de orientación espacial como a “Cabra-Cega”, coñecida no país veciño Portugal, así como xogos de mímica e sons, que favoreceron a expresión corporal e a comunicación. Tamén se realizaron actividades como o buscaminas con xornais de papel; o “Tutti Frutti”, un bingo saudable, xogos de construccións e o teléfono averiado.

No noso obradoiro creativo continuamos coa decoración de primaveira e elaboramos un “comecocos” empregando a papiroflexia.

En definitiva, estas primeiras semanas estiveron cheas de experiencias enriquecedoras, nas que o xogo e a creatividade foron grandes protagonistas.

Un saúdo! Desfrutade da ponte 😊

SEMANA DE ROSALÍA

23 de Febreiro – Día de Rosalía de Castro

Logo da instensa e divertida semana de entroido, no servizo de madrugadores de Cuntis poñemos o broche final rematando os disfraces do Cuntilín. O esforzo destes días viuse reflexado nun traballo cheo de cor e creatividade.

Para continuar gozando do ambiente festivo, xogamos ao aforcado de entroido, repasando palabras relacionadas con estas datas tan especiais.

Con motivo do Día de Rosalía, quixemos facerlle unha pequena homenaxe, elaborando no noso obradoiro creativo uns marcapáxinas mentres escoitábamos un dos seus versos.

Tamén tivemos tempo para poñer a proba a nosa concentración e memoria xogando ao buscaminas; construíndo puzzles e comezando coa decoración do comedor para dar a benvida á primaveira, enchendo o espazo de cor e alegría.

Continuamos compartindo momentos de aprendizaxe e diversión. Ata a semana que vén!😊

SEMANA DE ENTROIDO

Dende o Madruga de Cuntis continuamos traballando arreo na preparación do entroido. Continuamos con sesións cargadas de creatividade, aprendizaxe e moita ilusión.

Así, coñecimos a figura do Cigarrón, descubrindo as súas características máis destacadas e a importancia desta tradición. Ademáis, puxémonos mans á obra e pintamos unhas máscaras moi coloridas e orixinais, inspiradas nesta figura tan representativa do entroido e continuamos cos disfraces de entroido no noso obradoiro creativo.

Viaxamos no tempo para coñecer un pouco máis sobre os Vikingos: como vivían, como vestían e algunhas curiosidades sobre eles moi interesantes.

Para rematar a semana, xogamos cos Magnetix, deixando voar a nosa imaxinacióne  construíndo diferentes estructuras para o noso amigo Vikingo.

Continuamos xogando como cada mañá! A desfrutar do entroido nenxs 😊

COMEZAMOS A ELABORACIÓN DOS DISFRACES DE ENTROIDO

Ao longo desta semana, no grupo de Madruga de Cuntis puxémonos moi creativos e comezamos a preparar os nosos disfraces de entroido do Cuntilín. Comezamos o proceso elaborando a base do peixe en cartón, continuamos pintando a silueta dun peixe en papel continuo de azul, dándolle forma ao noso protagonista mariño.

Para decorar o corpo, empregamos filtros de café tinguidos en tonos azul verdosos que simulaban as escamas do peixe, e tamén pratos de papel cos que confeccionamos as aletas, deixando voar a imaxinación.

Ademais das actividades plásticas, tamén tivemos tempo para xogar e divertirnos cos compañeiros e compañeiras. Durante a semana gozamos de xogos tradicionais como a “Galiña Cega”, así como xogos de construccións, que fomentan a cooperación e o razoamento, e xogos dinámicos como os Speed Cups, cos que traballamos a velocidade de reacción e a atención, entre outros aspectos.

Despedimos a semana cargados de ilusión por celebrar o entroido. Ata a que vén! 😊

30 XAN – Día Mundial da Non-Violencia e a Paz.

Esta semana no Madruga de Cuntis estivemos a celebrar a Semana da Paz, cunha programación chea de xogos, aprendizaxe e creatividade.

Tivemos a oportunidade de coñecer a COCA (ser mitolóxico galego, moi ligado ás festas tradicionais, especialmente coñecida no concello de Rendondela). Xogamos á “caza do sonido” (un xogo tradicional da India no que, empregando só o sentido do oído, debíamos recoñecer que obxecto estaba producindo cada son  e fixemos unha sesión de contacontos que nos brindou a oportunidade de reflexionar sobre o respeto, a empatía e a solidariedade.

No noso obradoiro creativo comezamos coa decoración de entroido, pintando uns simpáticos paiasos en cartolina, dando renda solta á imaxinación e ás cores e tamén tivemos tempo para o xogo libre e cooperativo, gozando de partidas ao Dobble e construíndo diferentes tipos de vivendas cos Magnetix.

Ata a semana que vén! 😊

SEMANA CARGADA DE XOGOS E CREATIVIDADE NO MADRUGA DE CUNTIS

Ao longo desta semana no servizo de madrugadores levamos a cabo unha serie de actividades pensadas para fomentar a creatividade, a lóxica e o traballo en equipo.

Comezamos a semana construíndo unha casiña con pezas de encaixar, desenvolvendo así a imaxinación e traballando entre outros aspectos a motricidade dos máis pequenos e pequenas. Continuamos a semana enfrentándonos a algún que outro reto con depresores, poñendo a proba o noso inxenio e capacidade de resolución.

Tamén desfrutamos dun divertido xogo de relevos no que debíamos memorizar unha secuencia de símbolos e, no noso obradoiro creativo, elaboramos un xogo para “cazar tapóns” empregando materiais reciclados como cartón, paus de madeira e rollos de papel hixiénico.

Ademáis, xogamos ao Tetris, reforzando a percepción espacial, e compartimos bos momentos con xogos de mesa como o “UNO” ou a “OCA”.

Deica a semana que vén! 😊

RETOMAMOS O MADRUGA CUNTIS CARGADOS DE NOVOS PROPÓSITOS E ILUSIÓNS

A semana pasada regresamos ás aulas logo das vacacións de nadal con moito que compartir coas compañeiras e compañeiros, polo que comezamos cunha asemblea na que tivemos a oportunidade de compartir todo o que nos apetecía contar sobre as nosas vacacións de nadal, creando así un espazo de escoita e convivencia.

Ao longo desta semana, tivemos tempo para xogar a construír con peciñas de cores de madeira; investigar e descrubrir un xogo popular como é a “Mariola” (presente tamén noutros países); coñecimos como lle chamaban e, no noso obradoiro creativo, puxémonos mans á obra e pintamos o números,  por suposto, tamén puidemos xogar e desfrutar deste xogo popular.

Damos así a benvida a este ano novo con ilusión e moitas gañas de seguir xogando.

Ata a semana que vén! 😊

FINALIZAMOS TRIMESTRE NO MADRUGA DE CUNTIS POR TODO O ALTO!

Xesta e o noso amigo o Grinch acompañáronnos brindando ilusión unha semana máis, a última por este ano.

Comezamos a semana recibindo uns imáns coa forma de elfos coa nosa cara e lendo un conto titulado “Rosa Caramelo” (que nos deu a oportunidade de falar, unha vez máis, de igualdade). Reflexionamos e argallamos facer no noso obradoiro creativo a transformación de Rosa Caramelo empregando rollos de papel, témperas, cartolina raiada e olliños. Elaboramos un vídeo conxunto tratando de convencer aos demáis “Grinch” do mundo para que lles gustase máis o nadal, propuxéronnos unha xincana que consistía na búsqueda de diferentes tarxetiñas con números e palabras que debíamos ordear para obter unha frase máxica; xogamos con botellas sensoriais; cantamos panxoliñas; escribimos unha carta a Papá Noel un tanto distinta, xa que en lugar de regalos pedimos “desexos para cambiar o mundo”, e… con moita tristeza despedimos a Xesta e ao Grinch ata o ano que vén.

Sen máis… os meus mellores desexos para este ano novo!

Vémonos á volta

CONTINUAMOS COAS PROPOSTAS DE NADAL DENDE O MADRUGA DE CUNTIS

As nenas e nenos do servizo de Madruga de Cuntis seguen sendo un máis… ou dous!

Esta semana tivemos unha aparición especial. O Grinch visitounos para facer algunha que outra trastada… e incluso “secuestrar” a nosa elfa.

De primeiras non entendíamos a razón, máis logo de ler o que nos deixou escrito, pronto o comprendimos. O Grinch contounos que odiaba o nadal porque había moito ruído, se sentía moi solo e non lle gustaba o consumismo*. Puxémonos mans á obra e escribímoslle posibles solucións a todas esas razóns, para que comezase a gustarlle un chisquiño máis o nadal. Incluso lle ofrecimos a nosa axuda acolléndoo! Parece que funcionou, porque ao día seguinte xa tiñamos a Xesta connosco de volta, propoñéndonos converternos en elfos por un día.

E… cunhas orellas de elfo, TARAAAN! Transformámonos.

No noso recuncho creativo Xesta propúxonos continuar un debuxo iniciado con algo que se nos ocorrese (sen que fose unha flor) e tamén elaboramos unhas árbores de nadal con pauciños de madeira, depresores, pompóns e lazo vermello.

Unha semana máis celebrando a maxia do nadal! Vémonos para a seguinte!😊

PRIMEIRA SEMANA DE DECEMBRO. SEMANA DA DISCAPACIDADE.

3 DEC – Día Internacional das Persoas con Discapacidade

Dende o Madruga de Cuntis damos a benvida ao nadal cun ambiente cheo de sorrisos e ilusións. Comezamos o día 1 recibindo unha carta moi especial que nos informaba da chegada tardía da nosa elfa (Xesta) e recibimos un correo especial do servizo de paquetería do Polo Norte que nos enviaba a nosa nova compañeira, xunto cunha carta onde nos especificaba o motivo polo que chegou con un día de retraso.

Todo isto levounos a investigar onde se atopaba Laponia, a comprobar a través do Google Maps a cantos km se atopaba de nos, canto tempo nos levaría se fósemos en avión dende Madrid… Contestámoslle á carta e propuxémoslle uns retos matemáticos, a ver se Xesta era quen de resolvelos e… CONTESTOUNOS! Tamén tivemos tempo para xogar e sacar o noso lado máis creativo creando uns Papá Noeles con platos de cartón, cartolinas, pompóns e fieltro.

En definitiva, foi unha semana cargada de emocións, perfecta para comezar o mes máis emocionante do ano!

Saúdos!

SEMENTANDO IGUALDADE DENDE MADRUGADORES CUNTIS

25 N – Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Con motivo do 25 N no Madruga de Cuntis elaboramos unhas bolboretas con filtros de café, depresores, limpiapipas e olliños móviles. Durante a súa elaboración puidemos reflexionar sobre a súa diversidade e liberdade e deixámolas “voar libremente como sintan e queiran”.

Tamén tivemos tempo para xogar, descubrimos o GUCA un xogo de números e cantidades, pintamos, elaboramos mosaicos con pezas de madeira, xogamos ao UNO

Ata o próximo “Cuntis Xoga ao Mundo”!

Saudos! 😊

SEMANA DA INFANCIA!

No Madruga de Cuntis comezamos e pechamos a semana sacando o noso lado máis creativo. Así, recreamos ao noso amigo Champi con plastilina e elaboramos uns raposiños empregando follas do outono e goma eva. Ademáis aproveitamos para rematar as pezas do 3 en liña que comezamos a semana pasada, para o que empregamos castañas e un taboleiro deseñado nun folio de cor.

E… como non! O xoves día 20 celebramos o noso día. O Día Internacional da Infancia, xogando moito e recordando eses dereitos que nos pertencen como nenas e nenos.

Sen máis… ata outro “Cuntis Xoga ao Mundo”!

Un saúdo

O NOSO AMIGO CHAMPI COMEZA A COÑECER O MUNDO!

Logo de presentar a semana pasada ao noso novo compañeiro de aventuras e tras moito cavilar…pensamos que para coñecer mellor a Champi deberíamos crear unha descripción entre todas e todos. Para iso, puxémonos mans a obra e axudándonos da nosa imaxinación pensamos cales poderían ser os seus gustos.

Como tíñamos claro que queríamos que o noso compañeiro coñecese cales son as nosas rutinas diarias e coñecese os nosos fogares, tivemos que pensar que obxeto poderíamos empregar para transportalo, o que resultou ser unha bolsa de tela. Como era moi sosa, decidimos decorala, por un lado e con axuda montamos a súa casiña e, polo outro, a que podería ser a habitación de Champi (que non lle falta detalle).

Seguindo co lado máis creativo, tamén tivemos a oportunidade de elaborar un calendario anual cos nosos aniversarios e celebramos o cumpleaños dun dos membros do grupo con música.

Entre tanto, tamén tivemos tempo para xogar coa luz (inspeccionando uns botes máxicos con obxetos), xogos de equilibrio con pedriñas de madeira e incluso retos lóxicos.

Ata o seguinte “Cuntis Xoga ao Mundo”!

Un saúdo 😊

SEMANA CURTA, PERO CARGADA DE NOVIDADES!

No Madruga Cuntis recibimos unha sorpresa moi especial: ¡un novo compañeiro uníusenos ás nosas aventuras! Trátase de Champi, un simpático champiñón aventureiro que nos acompañará nas nosas viaxes ao redor do mundo a través dos xogos.

Coa súa mochila cargada de curiosidade e alegría, Champi axudaranos a descubrir xogos de distintos países, aprendendo como se divirten os nenos e nenas doutras partes do planeta.

Tomando esta figura como base traballaremos unha serie de valores como a alimentación saudable ou a responsabilidade (xa que en momentos determinados teremos a oportunidade de levalo para as nosas casas e facelo partícipe dos nosos plans, podendo rexistralo nun “diario”).  Por último, tamén deseñamos un logo que nos identificará como grupo.

Ata o próximo “Cuntis Xoga ao Mundo”!

Un saúdo 😊

CUNTIS XOGA AO MUNDO

Esta última semana de outubro no Madruga Cuntis recibimos unha serie de cartas que proviñan de distintas partes do mundo onde diferentes personaxes (Mago Merluzo, Hikiri a Gardiá dos Ventos e Aiyana) nos encargaron unha tarefa moi importante. REVIVIR A MAXIA DO SAMAÍN! Para poder facelo debíamos descifrar unha serie de mensaxes segredas a través de códigos, así como aproximarnos á arte dos Origamis (elaborando coas nosas mans unha figura determinada).

Tamén tivemos a oportunidade de elaborar no noso recuncho de arte un trompo con elementos naturais como unha castaña, palilliños de madeira e lá de distintas cores. Aprendendo así distintas maneiras de xogar sen necesidade de mercar un xogo comercial e traballando aspectos esenciais na infancia como o fomento da creatividade e da imaxinación, a motricidade, a conexión coa natureza, a paciencia, o sentido de logro e autonomía ou o xogo libre non estruturado entre outros.

Sen máis… ata o próximo “Cuntis Xoga ao Mundo”!

Un saúdo

CUNTIS XOGA AO MUNDO

BOAS FAMILIAS!

Seguimos coa temática e… esta semana comezamos a elaboración dun dos xogos máis antiguos do mundo, o Mancala, un xogo africano. Este xogo, ten por taboleiro unha base de madeira con 12 “pozos” ordeados en dúas filas e por “fichas” unhas pedriñas naturais ou sementes.

A nosa versión leva como base unha huevera (pintada por cada neno/a), como “fichas” grans de millo do país e para gardalos elaboramos unas bolsiñas de tela. Durante o proceso de elaboración puidemos aprender cales son os elementos que conforman a espiga, de que planta provén, cando se sementan e cando se recollen, onde se soen almacenar… e descubrimos a palabra CAROZO!  

Ata o próximo “Cuntis Xoga ao Mundo” familias! CONTINUAMOS!

Un saúdo.

CUNTIS XOGA AO MUNDO

BENVID@S FAMILIAS!

Con moita ilusión dámosvos a benvida este novo curso ao servizo de Madruga Cuntis 2025-2026, que virá cargado de moitas aventuras, aprendizaxes e… moito moito xogo!

Este ano a temática da programación xirará ao redor dos “xogos do mundo”, a través desta procuraremos que os máis pequenos se sintan acollidos á vez que aprenden, socializan e se divirten.

Logo das primeiras xornadas de presentacións, introducimos a temática para o que comezamos achegándonos en primeiro lugar aos eses dereitos que temos como nenas e nenos (do que realizamos un pequeno mural), posteriormente coñecemos as bandeiras dalgúns países (ao igual que as súas capitais) mediante un memori que… por certo, NOS ENCANTOU. Pero… isto só acaba de comezar!!

Ata o próximo “Cuntis Xoga ao Mundo” familias! Seguiremos informando.

Un saúdo.