Madruga Ramallosa

COMEZA A PASCUA !

Preciadas familias, comeza o último e derradeiro torneo de xogos do curso. Ao longo desta semana, os nenos e nenas deron nome e puxeron imaxe ao seu novo grupo, así coma a realización dunha canción identificativa para cada un deles.

Neste torneo: “Narices puntiagudas”, “Los duros”, “Las pizzas” e “Los apampanados”, darán todo por colocarse nos altos postos da táboa clasificatoria. Isto acaba de comezar así que estar moi atentos e atentas e non perdades ningunha nova sobre esta emocionante competición!!!.

Por outra banda, estamos as portas da pascua e como somos moi creativos e creativas, toda a cativada de infantil realizou un obradoiro de postais sobre ovos de pascua os cales quedaron moi bonitos. Mentres tanto, a cativada de primaria non se quixo quedar atrás e aproveitando a competición, diseñaron por grupos un ovo de pascua. Aquel máis orixinal e creativo, sumaría puntos para o seu equipo.

Só nos queda desexarvos unhas felices vacacións e un merecido descanso, pois só queda un último empurrón para estar as portas do verán.

Ata a volta familias.!!!

REMATE ÉPICO DO TORNEO DE XOGOS!

Moi boas familias, como xa vos comentamos en novas pasadas, atopámonos inmersos no noso torneo de xogos e despois dunha competición moi reñida, “RBD”, “Cabras locas”, “The lions” e “Los Joses”, puxeron o broche de ouro co famoso xogo Basta!.Unha contrarreloxo, onde os nosos nenos e nenas puxeron a súa agudeza mental a funcionar co obxetivo de sumar os últimos e tan decisivos puntos para posicionarse nos altos postos da táboa clasificatoria.

O remate foi tan épico que tan só un punto era diferenza entre os postos máis codiciados!!.

Isto non remata aquí xa que grazas a súa gran acollida, a última edición do torneo de xogos está lista pra comezar a volta das vacacións, con multitude de xogos e probas para que a nosa cativada explote todo o seu potencial.

Como ben saberedes, sacamos o máximo partido o tempo do que dispoñemos e entre tanto xogo, ata conseguimos comezar co primer obradoiro do mes. Queredes saber de qué se trata? Estamos a elaborar uns telescopios personalizados para poder contemplar as estrelas e ver cómo brillan no ceo. Tendes tantas ganas coma nós de ver o resultado?para iso, precisamos agardar un pouco pero de seguro vos adiantamos que quedaredes encantados e encantadas.

Deica a vindeira semana familias!!.

XOGOS, RISAS E DIVERSIÓN!!

Como vos contabamos a semana pasada en madrugadores Ramallosa estamos totalmente inmersos no noso peculiar torneo, o cal, está a poucos días de finalizar e os nervios por saber que equipo será o gañador comézanse a notar. Todos e todas as nosas participantes estano dando todo por rascar algún que outro puntiño que lles axude a avanzar na táboa de clasificación, xa que logo de realizar o noso propio ¨Allá Tú¨ os nosos ¨LIONS¨ avanzaron moi rápido ao conseguir o súper premio de 50 PUNTOS gracias a caixa número 3, pero os demais non se veñen abaixo e persíguenos con máis enerxía ca nunca, tras unha remontada épica do noso grupo ¨LOS JOSES¨, gracias aos diferentes xogos realizados durante esta semana como: mini bascket, o cal, crearon eles e elas mesmos; os bolos, onde os máis cativos de infantil sacaron todo o seu talento a hora de arrasar con todo, conseguindo unha morea de plenos mentres que aos máis maiores se lles complicaba un pouquiño; o noso xa mítico futbolín e rematando cun gran xogo de estratexia.

Estade moi atentos e atentas as seguintes noticias para ver como acaba este súper torneo tan emocionante. Ata a seguinte!

Día Internacional da Muller.

Rematado o entroido, toca volver a rutina e con ela na Ramallosa damos a benvida o mes de Marzo.

O 8 de Marzo, se conmemorou o Día Internacional da Muller e por iso, os nosos nenos e nenas realizaron o primer obradoiro do mes. Queredes saber en que consistiu? Pois ben, a través da pegada das súas mans, os nenos e nenas escolleron as cinco mulleres máis importantes das súas vidas querendo desta forma darlle as grazas pola pegada que deixaron e deixan en todos eles e elas.

Esperamos que vos guste o resultado tanto coma a nós facelo, xa que a ilusión e o empeño que puxeron todos os nenos e nenas na súa realización non ten precio.

Por otra banda, continuamos co noso famoso torneo de xogos a ritmo dun Karaoke, onde os nenos e nenas micrófono en mano nos deixaron abraiados a todos e todas coa súa cultura musical, onde grandes éxitos como a Macarena ou o famoso grupo Camela estiveron presentes. A competición está moi reñida pois os grupos pisan ben forte e a táboa de puntos anda moi igualada.

Con todo isto, despedímonos ata a próxima semana madrugadores e madrugadoras!!!

Día de Rosalía de Castro e troula de Entroido!!

Preciadas familias, cómo estamos a levar o remate de Febreiro? En madrugadores A Ramallosa voltamos como moitas novas despois dunhas intensas semanas de traballo.

O 23 de Febreiro conmemorouse o Día de Rosalía de Castro e para iso os nosos nenos e nenas realizaron un marcapáxinas moi orixinal facendo referencia e plasmando nel un anaquiño dun dos moitos poemas desta escritora.

Por outra banda e como ben saberedes, atopámonos as portas do entroido, festa que se vive moito no noso concello e que celebramos con moito orgullo.

Para conmemoralo como deus manda, a nosa cativada realizou un obradoiro moi orixinal a par de bonito basado na elaboración de pallasos con rolos de papel e a verdade e que o resultado non puido ser mais espectacular!!.

Para tomarnos un respiro, voltamos co noso torneo de xogos de inverno o cal, tiñamos un pouco abandonado e para sacarnos unhas risas, a nosa cativada tivo que poñer en práctica as súas dotes en expresión corporal nunha competición de mímica. Crédenos familias cando vos dicimos que as risas estiveron máis que aseguradas porque máis creativos non puideron chegar a ser. Para culminar, tamén realizamos un bingo con personaxes típicos do entroido galego tales como : Os Xenerais da Ulla, Pantallas de Xinzo, Cigarróns e Peliqueiros entre moitos outros.

Con todo isto, poñemos punto e final ao mes de Febreiro pero preparádevos porque Marzo ven moi cargadiño de novas e máis diversión.

O equipo de monitorado desexámosvos que pasedes unhas merecidas vacacións de Entroido.

Ata a próxima familias!

PASANDO POR FRANCIA, EEUU E REMATANDO EN ESCOCIA !!!

Moi boas familias, en A Ramallosa temos unha morea de cousas para compartir con todos e todas vos. Estades preparados e preparadas?

Como vos anunciamos na noticia pasada, iniciamos o taller a «Cámara viaxeira», como seu nome ben indica, a nosa cámara levaramos de viaxe polo mundo para descubrir curiosidades dos diferentes inventos que revolucionaron os nosos días.

Sabedes que país foi creador da cámara de fotos?.Ahí vai unha pistiña: a súa bandeira ten por cores o azul, o branco e o vermello.Sí familias, falamos de Francia, primeira parada da nosa viaxe, país que deu vida a famosa cámara de fotos.

A través dela, os nosos nenos e nenas documentaron paseos pola súa capital, París, fotografaron a famosa Torre Eiffel e ata o Arco do Triunfo.

A nosa segunda parada lévanos a descubrir EEUU, país no que se inventou a aviación. Aquí os nosos cativos e cativas puideron fotografar a famosa Estatua da Liberdade e a Casa Branca para posteriormente catar as famosas hamburguesas e patacas americanas.

Por último, a nosa cámara viaxeira lévanos a Escocia, onde ten orixe o primer concepto de televisión. Aquí fixemos unha ruta polos diferentes castelos de Escocia, pasando polo famoso Lago Ness e descubrindo a súa gran cultura.

Voltando da nosa viaxe, os nenos e nenas continuaron co noso peculiar torneo de xogos. Desta vez tocou o turno de elaborar un himno representativo de cada equipo, onde puideron bailar e cantar, dando todo por levarse puntos ao seu equipo.

E isto non é todo pois xa sabedes que non somos de parar quietos e quietas nin un intre, por iso, para conmemorar o día Internacional da Paz realizamos un obradoiro dun atrapasoños agardando que todos os soños da nosa cativada para conseguir a Paz se cumpran.

Ata semana familias!!

CÁMARA VIAXEIRA EN MARCHA!!!

Preciadas familias, en madruga A Ramallosa xa superamos a volta a rutina e con moi boa nota. Como xa vos contamos na anterior noticia, a nosa cativada realizou un taller de papiroflexia coa elaboración dun avión de papel para posteriormente, realizar unha competición de aviación na cal a cativada de infantil tivo un papel moi destacado, pois non llo puxeron nada fácil aos máis maiores que tiveron que suar para poder combater a gran calidade que os máis pequenos e pequenas teñen.

Por outra banda, ao longo desta semana, puxemos en marcha o taller “A cámara viaxeira”. Esta acompañaranos ao longo de todo o segundo trimestre nas nosas viaxes por diferentes países para coñecer os grandes inventos da historia. ¿Queredes acompañarnos en esta emocionante e intrépida aventura?,para iso non vos podedes perder ningunha das nosas novas, ata entón, a nosa viaxe acaba de comezar. Adiviñades cal será o noso primeiro destino?

Ata a vindeira semana queridos viaxeiros e viaxeiras.

VOLTAMOS DO NADAL E DIVERSIÓN A RAUDAIS!!!

Moi boas preciadas familias, que tal levamos a volta a rutina?. En madrugadores A Ramallosa estamos aproveitando estes días para adaptarnos de novo a rutina despois de toda a troula que vivimos no nadal. Volver a madrugar nos está a costar un poquiño pero non hai nada millor que un pouco de diversión para facelo máis ameno.

Volveron as nosas instalacións as multitudinarias partidas ao UNO, Jugle Speed, Virus, Double …e como non, volve a segunda edición dos nosos torneos de xogos onde a nosa cativada nunha intensa e reñida competición por grupos, pon a funcionar o inxenio dende ben tempraniño e que millor maneira de comezar que cun torneo de futbolín para ir poñendo un pouco de emoción.

Por outra banda, os máis pequenos e pequenas gozan de volver a desfrutar xogando con todos os seus compañeiros e compañeiras e non vexades a de enerxía que desprenden!!!

Realizamos o primeiro obradoiro creativo do ano, poñendo en práctica, as nosas destrezas no arte da papiroflexia coa elaboración dun avión de papel o cal os nenos e nenas decoraron ao seu gusto e co que posteriormente realizaremos unha competición de aviación.

Preparádevos porque isto só acaba de comezar e as nosas cabezas xa teñen argalladas unha morea de sorpresas!!!.

Ata a vindeira semana.

CHEGOU A HORA DE DESFRUTAR DO NADAL !!

Queridas familias é hora de desfrutar do Nadal, os nosos cativos e cativas xa merecen un descanso despois de tantos madrugóns e do gran esforzo que tiveron que facer para afrontar a recta final do primeiro trimestre.

En madrugadores A Ramallosa, poñemos o broche final a este 2024 como a nós máis nos gusta, xogando por todo o alto o tradicional xogo do Pasapalabra pero con temática de nadal.Isto non é todo pois tanto a cativada de infantil coma a de primaria, realizou un taller de postais navideñas as cales quedaron moi bonitas e creativas grazas ao empeño e dedicación que puxeron na súa elaboración.

Por último como somos moito de cantar e de mover o esqueleto, nos despedimos cun súper concurso de villancicos creados dende cero polos nosos nenos e nenas, onde letras como “Pero mira cómo mola este madrugadores”, “ Santa Claus, Santa Claus, súper, súper Claus’’, “Con mi coche deportivo voi camino de Madrid”, fixeron que moveramos o esqueleto a máis non poder.

Dende o equipo de madrugadores desexámosvos unhas Felices Festas e un Próspero Ano Novo e a vos, queridos cativos e cativas esperamos que veñades coas pilas ben cargadiñas porque a diversión para este 2025 está máis que asegurada.

FELICES E MERECIDAS VACACIÓNS!!

MODO NADAL COMPLETADO.

A época máis ansida e esperada polos nosos cativos e cativas está a piques de comezar e para que a espera non sexa tan larga, en madrugadores A Ramallosa estamos inmersos no Nadal.

Ao longo desta semana, puxemos a punto as nosas instalacións para comezar a adentrarnos no nadal e para iso, realizamos unha serie de obradoiros decorativos destacando entre eles, a creación de adornos personalizados e propios para cada un dos nosos cativos e cativas, aos cales, lles fixo moita ilusión. Tampoco podemos deixar pasar por alto, a creación dun bingo navideño, xogo que as nosos nenos e nenas lles encanta.

Entre tanto traballo, non nos podía faltar a montaxe da nosa árbore co posterior encendido de luces, momento sen dúbida algunha que máis gozou a cativada de infantil.

Pero isto non é todo pois en Ramallosa seguimos argallando máis sorpresas que se farán de rogar ata a vindeira semana, estades preparados e preparadas para elas?.

Ata a próxima semana!!

ACTIVANDO MODO NADAL

Unha semana máis dende madrugadores Ramallosa pasámonos por aquí para contarvos todas as novas desta semana. Como ben sabedes o nadal esta a volta da esquina e os nosos cativos e cativas téñeno moi presente, polo que ao longo desta semana activamos por completo o modo nadal para darlle un toque festivo ao noso comedor, comezamos por pequenos adorniños e viñémonos arriba facendo bolas personalizadas e ata comezamos a preparar as nosas propias panxoliñas, as cales, cantaremos e bailaremos a última semana deste trimestre.

Isto é un non parar de actividades polo que estade ben atentos e atentas as novidades da próxima semana. Vémonos!

25N

O 25 de novembro celébrase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller polo que en madrugadores Ramallosa non podíamos deixar pasar este día sen adicarlle un tempo dentro do noso servizo, xa que consideramos que é unha data máis que significativa para seguir traballando os valores, coma o respecto, que tanto intentamos inculcarlles día a día.

Durante os días previos ao 25N os nenos e nenas da Ramallosa puideron desfrutar do conto de Arturo e Clementina, o cal, nos axudou posteriormente a tratar este tema. Ademais disto realizaron un pequeno mural entre todos e todas e os/as máis maiores adentráronse en máis datos gracias a un scape room.

POÑÉNDONOS AO DÍA!!!

Moi boas madrugadores e madrugadoras!! Dende madrugadores a Ramallosa queremos contarvos un pouquiño como está indo o servizo. Tras adaptarnos aos madrugóns adentrámonos totalmente no mundo dos inventos, xa que durante este curso a temática que trataremos serán os grandes inventos da historia. Mediante diferentes xogos nestas primeiras semanas puidemos entrar de pleno no mundo do teléfono, a imprenta e incluso o telégrafo pero sen deixar atrás unha celebración tan especial como é o samaín, na cal, os nenos e nenas desfrutaron creando uns marca páxinas terroríficos. Ademais disto debemos destacar o ben que o pasaron os nenos e nenas converténdose en pequenos/as inventores/as e vendedores/as de teléfonos. Na Ramallosa temos moi claro que precisamos comprar eses teléfonos de carga infinita e garantía de 100 anos, unha fantasía!!!!

E isto é todo polo de agora, para a semana volveremos con máis novidades.

Ata a semana!