Madruga Calo

TODO A BABOR!

Ola familias, benvidas unha semana máis por aquí.

Que semana tan fantástica tivemos con este bo tempo que nos acompañou. Ademais esta semana empezamos cunha nova actividade, abordando a temática mariñeira, estivemos a facer un barquiños de papel para as crianzas máis pequenas e tamén se debuzaron dentro sendo así as capitanas dos seus propios barcos. Coas máis maiores fixemos una cruceiro, con el o que imos facer será ocupar cada estancia pero a través dunhas normas e preferencias das nosas integrantes do cruceiro “O Madrugón”.

Por último pero non menos importante, tamén aproveitamos para saír ao patio cuberto e poder gozar dun anaquiño de xogo libre e así poder correr un chisco.

Nada familias, vémonos na próxima noticia! Un saúdo!!

UNHA SEMANA CHEA DE CONMEMORACIÓNS

Chegamos a mediados de Maio e pouco a pouco vai rematando o curso, a pesar da época na que estamos a meirande parte da semana atopámola con choiva e frío polo que aproveitamos a xogar e traballar no comedor.

Deixamos por uns días a un lado o noso proxecto, para adicalo a dúas grandes conmemoracións que temos esta semana, o 15 de Maio co Día das familias e o 17 de Maio no noso Día das letras galegas.

Para o 15 de Maio, cada neno/a individualmente ou irmáns, fixeron un debuxo das súas familias para logo enmarcalo na silueta dunha casiña que levarían de recordo aos seus fogares. Por outra banda, rematamos a semana cunha actividade especial, un obradoiro de chapas sobre o Día das letras galegas.

Finalmente, tamén lemos un conto en galego sobre as familias, «Unha chea de familias!» Aínda que os/as máis lectores xa o coñecían, para outros/as foi un descubrimento e pensamos que lles gustou, polo menos a nós é un conto que nos encanta e que traballa dun xeito divertido a diversidade familiar.

CAPTURANDO ESTRELAS

Benvidas familias unha semana mais a este noticiario!!

Esta semana as vosas crianzas ademais dos xogos que temos, cambiaron o seu rol polo de astronomos/as, as mais pequenas estiveron a buscar polo negro universo os diferentes planetas que conforman o sistema solar e que tamén podemos ver algún dende o noso planeta Terra. As mais maiores debuxaron unhas constelacións, as que mais lles gustaron ou as que representaban o seu signo do zodíaco. A verdade e que todas se implicaron moito e desfrutaron coa actividade de esta semana.

Estade atentas para estar ao tanto das actividades que levan a cabo en Madruga!

Ata a vindeira nova familias!

XOGOS E … MAIS NUNHA SEMANA ESTRAÑA

Esta semana pasada foi para todos e todas moi rara, a pesar do cal as nenas e os nenos de Calo non perderon as ganas de xogar e de avanzar nas nosas actividades.

Foi polo tanto unha semana chea de xogos de mesa, como no, de conversas sobre o apagamento, e dalgunha que outra pequena sorpresa…moi chula e con moito cariño.

Recuperada xa a normalidade agardamos con moitas ganas unha nova semana de xogos, actividades e…

Xa volo contaremos… boa semana familias!!!

UN CONTO E UNHA ROSA

Novo trimestre, e tras unhas vacacións de Semana Santa pasadas por auga nas que non puidemos apenas saír nin desfrutar, tocou voltar á rutina e aos reencontros. Esta semana conmemoramos o Día do Libro, e que hai máis simbólico que os contos, os marca páxinas e as rosas neste día? Pois fixemos una marca páxinas, o cal cada quen deseñou cunha rosa e creamos uns dados conta contos, cos que logo en pequenos grupos tiveron que discorrer para contarnos a historia máis orixinal e alocada.

Isto foi todo nesta curta semana, sen esquecer os ratos de xogo que sempre están presentes… vémonos na próxima semana familias, aproveitade o bo tempo que por fin asomou.

SANTAS VACACIÓNS

Ola de novo!!

Por fin chegou o momento, as vacacións de semana santa, e isto supuxo un chisquiño mais de traballo por parte das crianzas. Estivemos ultimando os últimos detalles para o detalliño que levaron de pascua e tamén algunhas actividades que fixeron as crianzas mais cativas.

Aproveitando este ultimo venres antes das vacacións optamos por facer o que mais lles gustou de todo ata o de agora, saír ao patio cuberto!! Despedimos este trimestre de forma divertida.

A desfrutar desa semana santa familias, vémonos á volta!!

A POLA PASCUA!

Benvidas a este noticiario unha semana mais familia.

Aproveitando que xa só queda unha semaniña para as ansiadas vacacións de semana santa, tanto pequenas como maiores, están a pintar e deseñar ovos de pascua! Cada un faino cun deseño propio, facendo un bocexo previo antes de poñerse mans á obra. En canto as crianzas de infantil están a facer uns ovos con poliños moi divertidos, xa veredes que chulo queda todo ao final!!

A maiores tamén aproveitamos e conseguimos saír uns vinte minutiños, antes de entrar ao colexio, ao patio cuberto, no que aproveitan para xogar por grupos a diferentes xogos, pero así polo menos tamén aproveitan e se moven un chisco, a elas encantalle!

Boa semana e ata a próxima!

CHEGOU A PRIMAVEIRA

Ola familias, aquí estamos unha semana máis.

Como esta semana estivo a facer tan bo tempo, non pensamos noutra cousa máis que facer homenaxe a esta entrada de primaveral tan xenial. Estivemos a facer unha manualidade para iso, todas as crianzas pintaron flores e bolboretas, tamén unhas bolas nas que as van a poñer, xa veredes que bonitiñas quedan!!

Por outra banda, tamén estivemos xogando aos distintos xogos que temos en madruga e mais dunha crianza empregou iso que chamamos imaxinación, que tanto pensábamos que estaba esquecida, fixeron unhas composicións incribles, como puideron ser unha persoa, unha porción de pizza co seu vasiño de auga ou mesmo un lazo enorme!!

Que teñades unha boa semana, ata a próxima!

COÑECEMOS A PENICILINA

Estes días no Madruga de Calo combinamos tempo de xogo con actividades temáticas como a finalización do reto da creación dun microscopio de cartón, e a presentación dun novo descubrimento, a penicilina, como foi, o que é, para que serve…e co experimento da pementa e o xabón reflexamos como “loita” a penicilina contra as bacterias. Actividade de moito interese para todas e todos…

Continuaremos informando, boa semana familias!!

Saúdos

VISIÓN MICROSCÓPICA

Ola familias, benvidas unha semana mais a este noticiario.

Nesta semana estivemos a ver o que era un microscopio, para que serve e importancia do ser descubrimento para a ciencia. Levamos a cabo o visionado dun video explicativo que as tivo enganchadas e para a nosa sorpresa, tamén en silencio. Por outra banda as crianzas mais cativas colorearon uns microscopios, cada cual mais orixinal e colorido. E as crianzas mais grandes repartíronse por equipos para realizar unha maqueta a cartón do noso propio microscopio.

Xa damos por inaugurado este mes de marzo que polo menos tróuxonos o sol de visita.

Un saúdo familias!

AS MULLERES DAS NOSAS VIDAS

Voltamos dun pequeno respiro que nos deu o entroido, despois de tanta troula e en esta semana tan rara, custou volver madrugar.

Non podíamos esquecer o día tan importante que conmemoramos este sábado, o 8M, Día da Muller, polo que maiores e pequenos/as fixeron un gran mural das mulleres das nosas vidas, onde nun gran corazón cada que  debuxou á muller máis importante das súas vidas.

Avoas, nais e madriñas, entre outras, aparecen no noso mural que con empeño e agarimo fixo cada neno e nena.

Ata aquí, a próxima semana máis!

SONS DE ENTROIDO

O entroido acompañounos toda a semana no Madruga Calo, entre os mandatos do Meco e os obradoiros temáticos que fixemos (anteface e maraca)… o entroido xa chegou!!.

Agora tocan días de vacacións, descanso e a desfrutar das tradicións do Entroido de Teo.

Boas vacacións e Feliz Entroido familias!!

ACELERANDO NO TEMPO

Benvidas unha semana mais familias.

Esta semana fixemos un par de actividades, por unha banda as crianzas visualizaron uns vídeos sobre o avance na área automobilística, despois fixeron cada un o seu coche, o “coche do futuro”, e os mais pequenos colorearon un dos tres modelos de automóbiles, quedaron todos chulísimos e ademais tedes uns fillos e fillas moi imaxinativos!

Por outra banda, este 21 de febreiro, é o día de celebración de Rosalía de Castro, para conmemoralo fixemos un puzzle de Rosalía, a súa imaxe e o seu nome, xa vos diredes… pero nos pensamos que quedo incrible.

Xa vai rematando febreiro, vémonos para a vindeira noticia!

Un saúdo familias!

Entre mans e pombas.

Ola familias, benvidas a esta última semana de xaneiro!

Esta semana tivemos ademais de comezar o da mellor maneira que é xogando, hai que destacar o día da paz, que aproveitamos para facer unha actividade coas crianzas mais pequenas chulísima espero que vos guste tanto como a elas facela! E coas crianzas mais grandes fixemos un mural incrible, poñendo as súas mans nel deixando a súa pegada nel, dicir que sobran as palabras…xa que como podedes comprobar quedoulles moi, moi bonito, e implicáronse todas un montón!!

Feliz semana a todas e boa entrada de mes familias!

Viaxando polo tempo!

Boas familias de Calo! Como xa vos contamos días atrás, seguimos a nosa viaxe polo tempo coñecendo os grandes inventos da historia.

Esta semana falamos dos avións! Sabiades que a creación dos avións inspirouse no xeito de voar das aves e na súa estrutura? Moito cambiaron os avións ata como os coñecemos no día de hoxe, a verdade é que foi un invento moi complexo.

En relación a esta temática, primeiro coñecemos un pouco a súa historia e logo o que máis nos gusta, mans á obra. Mentres os máis pequenos facían unha sinxela manualidade para crear os seus propios avións, os maiores fixeron as súas propias probas de vo, un pouquiño de papel, uns truquiños de papiroflexia e comprobar cal fora o avión máis voador.

Xa sabedes que non paramos, hai tempo para xogar e aprender e nós gústanos facelo todo á vez!

Que teñades moi bo fin de semana familias, pronto teredes máis noticias nosas!

E U R E K A !!

Nova semana de Madrugadores en Calo na que continuamos collendo ritmo cos madrugóns!!. A mellor forma de volver á normalidade está sendo cos xogos… pero estes días tamén estamos retomando a temática dos grandes inventos da historia, que lles está a gustar bastante; descubrimentos como o lume, a roda…e moitos máis que quedan por coñecer…

Aproveitamos a semana para comezar cunha actividade clásica no Madruga Calo, “o xogo das adiviñas” que triunfa todos os anos, e o “Tutti frutti”, un xogo de papel que xunta velocidade, memoria e cultura xeral, e que aínda que non todos/as coñecían, estalles a gustar bastante.

Moitas gracias pola vosa atención e ata a vindeira noticia!!

VOLTA Á RUTINA…

Ola familias!

Inauguramos este ano 2025 facendo o que mais nos gusta…xogar! Xogamos aos distintos xogos de mesa que hai.

Para á próxima semana xa comezaremos coas distintas actividades que temos pendente para realizar, estade atentas!!

Un saúdo e bo fin de semana!

DOCE NADAL!

Parecía onte cando iniciábamos o curso con calor e morriña do verán e pouco a pouco o primeiro trimestre chega ao seu fin!

A cativada ten moitas ganas desta época máxica e especial e que mellor despedida que facer un doce e algunha manualidade temática, uns calcetíns de Papá Noel para gardar os turronciños e para adornar os seus fogares e a postal personalizada que vos ensinamos a semana pasada…Sobra decir a súa actividade favorita… Un pouquiño de chocolate e uns cereais moi crunchy, e turrón caseiro para todos e todas! Podedes coller esta idea para que os peques sorprendan á familia nestas comilonas de Nadal.

Con todo isto, só nos queda desexarvos o mellor a todos e todas as familias e desfrutade de cada minuto, que nun abrir e pechar de ollos, estamos de volta… Polo tanto, ata o 2025 Calo!

Moi pero que moi bo Nadal.

ILUSIÓNS DE NADAL!!

Ola de novo familias!! Continuamos en Madruga Calo coas actividades especias do Nadal, e se hai unha palabra que resuma estes días sería ilusión!!, con moitísima ilusión están a facer adornos, postais, “tu..ón”… Uy, non desvelamos  mais que se non acabamos coas sorpresas!!

Seguide atentos ás nosas noticias, porque a vindeira semana a parte de irnos de vacacións, poderedes velo todo!!

Unha aperta moi grande e que teñades unha boa semana familias!!

BENVIDO DECEMBRO!

Ola a todas familias!

Nesta semana comezamos coas actividades para este Nadal, todas as crianzas fixeron uns conos de elfo ou de reno, foron todas unhas derradeiras artistas! Para rematar esta actividade engadíronlle diversos detalles con purpurina, deixándoos aínda mellor e chulísimos.

Estade atentas para saber mais sobre as futuras actividades que faremos e coa posibilidade de ter unha doce despedida…

Boa semana familias, ata a próxima semana!!

CALO TÍNXESE DE VIOLETA!

Boas familias!

Rematando novembro, toca pensar en violeta, por iso no madruga de Calo, deixamos descansar un pouquiño os xogos para traballar nunha data tan relevante como é o 25N.

Faise curta a mañá e coa chegada do frío custa un pouquiño máis sacar o abrigo e activarse, pero iso non é escusa para nós, a rapazada sempre ten ganas de desfrutar e pasalo ben.

Esta semana, estivemos tratando a temática do 25N, que pasa este día? que se conmemora? En Calo estamos activos na erradicación da violencia de xénero e para darlle visibilidade estivemos facendo unhas flores que simbolizan algo moi representativo nesta data, os xeitos de amor. Tratamos de fomentar nos pequenos e pequenas accións positivas cara o respecto das demais persoas, por iso este ano empregamos unhas siluetas con forma de flor, nas que por un lado escribimos o que é o amor para cada un deles e delas, con exemplos como caricias, boas palabras, axuda ou comprensión fronte ao reverso, no que puxemos accións que amosan violencia, como faltas de respecto ou control.

A rapazada tíñao claro, pasiño a pasiño e dende pequenos/as, é importante fomentar igualdade e a non violencia, e telo cada vez máis interiorizado!

Logo estas flores ían acompañadas dunha corda coa que poderían na casa colgalo onde quixesen e sempre recordar aspectos positivos e negativos de amor cara os demais.

Ata a semana familias, volvemos en breves con novas para todos e todas vos… Recordade que decembro está chamando á porta e iso solo pode significar que xa estamos tramando cousiñas para o Nadal.

MADRUGANDO EN CALO

Dende Madruga Calo damos a benvida ás familias a este pequeno espazo onde vos iremos informando das actividades que irán facendo os vosos fillos e as vosas fillas ao longo deste curso escolar 2024/25.

Neste tempo transcorrido de curso, os cativos e as cativas de Calo dedicaron moitos  momentos aos xogos, diferentes e entretidos, e ás actividades puntuais que fan especial ilusión a grandes e non tan grandes!! Referímonos a actividades como as de Samaín, con manualidades e o concurso de debuxos terroríficos, e á celebración do 20 de Novembro “Día mundial dos dereitos da infancia”, coa elaboración dun mural coas pegadas das mans de todos/as eles/as e os seus principais dereitos; se vos coincide o atoparedes na planta baixa. 

Continuaremos coas informacións xa entrando na temática deste ano “Grandes inventos da Historia”.

Un saúdo familias…