Coida Ramallosa

OVO VAI, OVO VEN

Ola familias, benvidas ao noticiario.

Xa están aquí as vacacións de semana santa, e estivemos preparando uns oviños pequenos para levar para a casa, ademais dunha doce sorpresa.

Tivemos moitísima calor esta semana así que non estivemos moito fóra, realizamos o deseño e pintamos uns oviños, ademais duns coelliños moi bonitos, todo isto co motivo da pascua.

Nos escasos ratiños libres que nos quedaron aproveitaron para xogar á pelota, pintar e ver algunha serie, como “Masha e Oso”.

Esperamos que teñades unhas vacacións estupendas e desfrutedes un montón! Feliz semana a todas!!

A POLA PASCUA!

Ola, ola!

Benvidas familias, esta semana non puidemos saír tanto como nos gustaría, o tempo pois non logrou acompañarnos moito…pero aínda así fixemos un mural moi chulo sobre a primavera, no que participaron todas as crianzas facendo a súa flor, tanto pintando con cera como con témpera e esponxas!!

Por outro lado, estamos a comezar a actividade para pascua, para a semana a poderán levar todas para a casa!

Ata a próxima, boa semana!

SOL, SOLIÑO, CALENTAME UN POUQUIÑO!

Ola familias, por aquí andamos unha semana mais!

Hai que ter en conta que esta semana comezou a primavera, e todo hai que dicilo, veu forte, aproveitamos todos os días para xogar fóra e facer actividades fóra.

O deporte estrela desta semana non foi o fútbol, senón a petanca!! Estiveron xogando e participando todos en diferentes partidas, tamén aproveitamos para facer figuriñas de area no areeiro e tamén para pintar fóra. Aproveitando esas mesas que teñen no areeiro, montámonos un “spot” para estar pintando ao soliño, unha gozada!! Ademais desfrutaron moito de poder estar fóra ao aire libre.

Que teñades un bo comezo de semana, ata a próxima!

DIVERTÍMONOS XOGANDO

Benvidas familias!

Tendo en conta que tivemos algunhas baixas…malditos virus! Esta semana estivemos xogando ao fútbol, como non!! Pero ademais aproveitamos esas raiolas de sol do mediodía que saíron para acompañarnos e poder xogar fóra, estivemos no parque sobre todo, e coas crianzas mais pequenas tamén fixemos algún debuxiño!

Boa semana familias, ata a vindeira noticia!

COMA LARGARTOS

Ola familias!

Esta semana temos que recoñecer que estivemos todo o día fóra, aproveitando que Lorenzo veunos visitar, xogamos fora ao que mais lles gustou, por suposto o deporte estrela foi o fútbol, pero tamén houbo tempo para ir ao parque e xogar ata cansarnos.

Por outra banda… Ambrosio está listo e requete listo, xa temos ao noso detective privado listo para os retos que se nos han de presentar ao longo deste curso.

Un saúdo familias, ata a vindeira noticia.

Boa semana!!

ESTAMOS DE VOLTA

Ola familias!

Aproveitando que esta semana solo tivemos dous días de cole, contámosvos como foi este entroido, a semana pasada estivemos a preparar unhas máscaras de entroido chulísimas, que lles quedaron estupendas.  Ademais temos o 8M á volta da esquina, para conmemoralo fixeron uns carteis moi bonitos, decorados e pintados como mais lles gustou as vosas crianzas, xa podedes ver que quedaron moi, moi chulis!!Ata a próxima!

Un saúdo!!

PRESENTACIÓN DESLUMBRANTE

Benvidas familias!

Desta si que si, con moito orgullo presentámoslles a Ambrosio, o noso detective da Ramallosa! Como podedes ver, falta a gabardina, na que están a traballar os nosos costureiros mais famosos e coas mellores mans do mundo… xa volos presentarei!  ademais xa a veredes en profundidade, porque non é unha gabardina calquera! Entre tanto estivemos aproveitando as raiolas de sol cando fixeron acto de aparición, e ademais comezamos unha actividade chamada “Libro de libros” para render homenaxe a Rosalía de Castro no seu día.

Vémonos a semana que ven!

Un saúdo!!

REMATOU XANEIRO!

Ola a todas nesta última semana de xaneiro!

Por fin podemos dicir que xa rematou xaneiro, este mes taaan longo para todas. O que fixemos esta semana foi continuar coa temática detectivesca, indagamos sobre o que levan os detectives para poder vestir ao noso detective Ambrosio, xa que non pode ir por aí espido!

Ademais fixemos tamén un pouco de papiroflexia a través duns comecocos, no que as vosas crianzas pintáronos como mais lles gustaba. Case rematamos a película de “Cars” o martes coas crianzas mais pequenas. Aproveitamos para saír ao parque cando nos visitou o soliño e tamén para pintar un chisquiño para eses días con choiva que tivemos por aquí.

Estamos tamén a facer unha manualidade secreta, que xa descubriredes cando elas a leven para casa!

Desfrutade da fin de semana, vémonos en febreiro!!

SEGUINDO AS PEGADAS

Ola a todas familias! 

Xa vai rematando este mes de xaneiro, xa so queda a última recta final.

Esta semana tivemos algunha que outra baixa, o tempo está tan revolto que non hai quen o entenda! Pero isto non parou as vosas crianzas para seguir xogando, ademais estamos a comezar un mural no que presentamos a Ambrosio! O detective da Ramallosa. Ademais tamén estivemos xogando ás cartas e a outros xogos distintos, como os de construción. Coas crianzas mais pequenas estivemos a practicar a escritura do nome e a identificación das letras que o conforman…ademais de algunha película!

Ao longo de este trimestre estaremos vestindo ao noso detective e indagando un chisquiño mais niso de que é un detective e a que se adican.

Estade atentas para seguir o ritmo, un saúdo a todas as familias!

SOL SOLIÑO!

Ola familias! 

Esta semana o tempo logrou acompañarnos, fomos ao parque case toda a semana aproveitando que o señor Lorenzo veu a visitarnos, aínda que o acompañaba un vento un tanto xélido, as vosas crianzas non hai quen as pare!

Nesta semana que entra comezaremos coa temática detectivesca, na que as vosas crianzas xogarán a ser detectives e faremos un mural chulísimo, estade moi atentas para poder ven o ben que o fan!

Vémonos para a semana, un saúdo familias!

VOLTA Á REALIDADE!

Ola familias! 

Esta semana foi máis curta do habitual, pero nalgún momento tiña que acabar o bo… aínda que iso non freou as vosas crianzas.

Estivemos a xogar no pavillón e tamén con xogos de mesa no salón de actos, ademais xa nos comentaron o bos que foron e o ben que se portaron tanto Papá Noel coma os Reis Magos, trouxéronlles unha morea de cousas chulísimas!

Vémonos para a semana, un saúdo!

TRAMO FINAL!

Ola familias! Benvidas una semana mais a este noticiario.

Con este frío invernal que entrou estamos a piques de ser bonecos de neve! Pero iso non foi motivo para que as vosas crianzas parasen un momento…teñen corda para rato! Estivemos facendo uns adornos con purpurina para á árbore de nadal, ademais de un mural super bonito que quedou de marabilla, pero iso xa o veredes vos mesmas!!

Tamén xogamos no pavillón a facer os noso castelos de bloques e carreiras nas pelotas de saltar. Aínda que a confección do mural levounos bastante tempo. Coas crianzas mais pequenas vimos a película de “Frozen” e fixemos algun debuxiño a maiores para a casa.

Ata a vindeira e última semana de este ano familias! Boa semana!!

IMOS CAMINO DE BELÉN!

Ola, ola!

Esta semana estivemos a preparar, por petición das crianzas, uns debuxos de nadal para facer un mural! Estiveron pintando debuxos moi chulis e deberiades estar pendentes para non perder detalle sobre o proceso de confección do mural.

Ademais tamén aproveitamos para xogar xuntos no pavillón e saír un chisquiño cando no lo permitiu o tempo.

Vémonos para a semana, unha aperta familias!!

SEMANA LILA

Ola familias, benvidas!

Esta semana como ben sabemos, tivemos o día do 25N, día internacional conta a violencia de xénero, por ese motivo fixemos un mural para conmemoralo, destacar que se implicaron todos e todas un montón e quedou chulísimo!

Despois aproveitamos que os tempo nos respectou un chisco e puidemos facer xogos no exterior e ir ao parque. Estamos desexando que chegue o nadal para facer algúns adornos para á árbore e unhas postais que…xa veredes!!

Boa semana e un saúdo familias!!!

VOLTA Á RUTINA!

Ola familias, benvidas un ano máis!

Este será o noso taboleiro de noticias onde aparecerán as distintas actividades que realizamos durante este servizo, e así podedes votarlle unha ollada ao que fan as vosas crianzas.

Estes meses centrámonos sobre todo no xogo, tanto guiado como libre, ademais tamén tivemos algún dia adicado aos xogos de mesa. Xunto con iso, fixemos unhas actividades relacionadas co Samaín e tamén pintamos uns imáns chulísimos!

Estade atentas ás novas para poder ver o que temos preparado para este Nadal!

Boa semana e un saúdo familias!!!