Tardes Divertidas Pedrouzos

DRAGÓN!

Rematamos o mes de abril realizando no servizo de TARDES DIVERTIDAS do CEIP de PEDROUZOS de BRIÓN, unha manualidade que tivo moito éxito entre a nosa rapazada xa que a realizo todo o mundo o seu DRAGÓN con corpo de acordeón, onde cada un/unha coloréao libremente, recortou, dobrou e pegou para despois xogar con el e cos dos seus compañeiros/as.

23 A.: MARCAPAXINAS POLO DÍA DO LIBRO

A semana pasada, o xoves 23 de abril, polo DÍA DO LIBRO, no servizo de TARDES DIVERTIDAS do CEIP de PEDROUZOS – BRIÓN, reutilízamos cartóns de caixas de cereais ou galletas para facer marcapáxinas co nome de cada persoa que asitiu para que o colorearan e o customizaran libremente como eles quixeron e saíron uns resultados tan molóns como podemos observar na imaxe.

RAMAS DE FLORES DE PRIMAVERA

Unha semana mais polo servizo de TARDES DIVERTIDAS do CEIP de PEDROUZOS de BRIÓN, propuxémoslle facer a nosa rapaza unhas ramas de flores con folios de colores e mais palillos para enroscar o papel e pegar todo. Ademais, algúns usuarios que faltaron semanas anteriores quixeron recrear o ovo multicolor, entón algún que outro marchou cheo de manulaidades do servizo.

XA ESTAMOS DE VOLTA!

Co fin da Semana Santa, xa estamos de volta polo servizo de TARDES DIVERTIDAS do CEIP de PEDROUZOS de BRIÓN para dar comezo a este terceiro e último trimestre do curso, onde aproveitamos para poñernos ao día do que fixemos nestas vacación onde nos acompañou o sol e como continuamos na semana co bo tempo aprobariamos para facer xogos ao aire libre como xogar co balón, saltar a corda, o pilla-pilla, etc.

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA!

Despois de realizar na última semana de marzo uns OVOS MULTICOLORES, con cartolina branca e papel pinocho de cores mollados en auga e usados como si foran pinceis, no servizo de TARDES DIVERTIDAS do CEIP de PEDROUZOS de BRIÓN vámonos de vacacións de SEMANA SANTA para nestes días recargarnos de enerxía para rematar o curso.

PRISMATICOS E TELESCOPIOS PARA ESTA PRIMAVERA

As nenas e os nenos que asiste ao servizo de TARDES DIVERTIDAS do CEIP de PEDROUZOS de BRIÓN, aproveitaron a chegada da PRIMAVERA para realizar en cada seus prismáticos ou telescopios reutilizando rolos de papel de baño ou de cociña, onde cada un/ha os personalizou libremente como eles/elas quixeron para podes observar nesta estación do ano os insectos que van aparecendo.

ARROZ PARA AS MARACAS

Comezamos unha nova semana de marzo polo servizo de TARDES DIVERTIDAS do CEIP de PEDROUZOS de BRIÓN pintando arroz branco con colorante alimentaríao para acabar votando en botellas pequenas de auga é que estas acabe sendo unhas maracas coloridas para cada nena e neno que a quixo levar para o seu fogar este instrumento de refugallo.

8M: CARTEL POLO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Xa estamos en marzo, e comezamos este mes no servizo de TARDES DIVERTIDAS do CEIP de PEDROUZOS de BRIÓN, realizando un xogo. Consistía en que tiñamos que pintar con tempera lila e esponxas o cartel co símbolo da muller, e para facelo a nena ou o neno tería que responder correctamente a pregunta que se lle formulaba, hasta dicirnos cal era a muller mais importante para ela ou el. Todos os que participaron acertaron, asi que todos deixaron a súa mancha nese cartel que despois nos serviu para que cada nena ou neno que quixera sacaran unha foto con el.

CUSTOMIZANDO ROLLAS

Polo servizo de TARDES DIVERTIDAS do CEIP de PEDROUZOS de BRIÓN, acabamos o mes de febreiro personalizando rollas de botellas de viño con pintura sólida para que o final cada neno e nena levara un chaveiro para colgar onde el/ela quixera, pero a maioría colocouno na súa mochila despois de amosarllo ao seu familiar que o viña a recoller. Tamén aproveitamos os día solleiro que tivemos nesta semana para saír o patio da escola a xogar ao aire libre.

23F: DÍA DE ROSALIA DE CASTRO

Comezamos a semana no servizo de TARDES DIVERTIDAS do CEIP de PEDROUZOS de BRIÓN, conmemorando o día da gran autora ROSALIA DE CASTRO, onde cada neno e nena decorou una flor por ela con ceras ou taladrando con punzóns para quitarlle o pétalo ou follas e poñendo papel transparente de distintas cores. Mentres realizamos esta actividade, estivemos falando do que aprenderon na xornada sobre a gran escritora galega que deixou recordos preto de nos.

XOGUETE DE REFUGALLO

Na primeira semana do segundo mes do ano, no servizo de TARDES DIVERTIDAS do CEIP de PEDROUZOS – BRIÓN, realizamos un xoguete con material de refugallo (botellas e xornais).

Recortando unha botella pola metade, e co xornal realizando unha pelota, onde se uniron as dúas pezas cun cordel para poder encestar. Despois cada neno e nena decorou o seu xoguete libremente con gomets de distintas figuras e cores como podemos observar na imaxe os deseños que saíron.

Foi unha actividade moi positiva con moita participación no montaxe do xoguete e despois dándolle o seu uso para encestar.

DÍA DA PAZ

Rematamos xaneiro polo servizo de TARDES DIVERTIDAS do CEIP de PEDROUZOS – BRIÓN, conmemórao o venres 30 de XANEIRO o DÍA DA PAZ, onde cada rapaz/a que quixo coloreaba libremente o símbolo que despois levaría colgado no peito mediante un colar da paz.

Ademais esta semana estivemos xogando como sempre a xogos en grupo, pero nesta semana cabe destacar que o elemento que mais predominou foi a pelota, a parte do xogo do pilla alturas.

3 EN RAIA!

Na anterior semana, polo servizo de TARDES DIVERTIDAS do CEIP de PEDROUZOS de BRIÓN, estivemos a reciclar e reutilizar distintos materias de refugallo como cartóns e rollas de botellas de vidro para facer o noso propio taboleiro e fichas onde lle pegamos gomets para xogar entre nos ou na casa coa familia ao un xogo de mesa como é o 3 EN RAIA. Ademais, de que cada un levara o seu para o seu fogar, deixamos un para xogar a este gran xogo onde os mais pequenos estiveron a aprender dos mais maiores como se xoga.

XOGO DE CARTAS

Xa andamos novamente polo servizo de TARDES DIVERTIDAS do CEIP de PEDROUZOS – BRIÓN, onde dous dias a semana acabamos a xornada na biblioteca da escola aproveitando os xogos de cartas que hai por alí para xogar todos xuntos ou en grupos pequenos a eles, si montando torres, si colocando pezas como nos manda a tarxeta ou si o virus, pasámolo pipa e rímonos moitos todos xuntos.

OS NOSOS MELLORES DESEXOS PARA 2026

Acabando os últimos dias de escola do 2025 polo servizo de TARDES DIVERTIDAS do CEIP de PEDROUZOS – BRIÓN, onde seguimos realizando as nosas actividades do calendario de advento como cantar panxoliñas, colorear debuxos destas datas, etc. Ademais tivemos nestas tardes unha urna no servido onde cada neno e nena colocou un papel onde poñía un desexo que quere que se lle cumpra no vindeiro ano 2026. Con isto queremos desexar unhas FELICES FESTAS para todos vos onde desfrutedes destas datas cos vosos seres queridos.

RODOLFO CON DISTINTAS NARICES

“Era Rodolfo un reno, que tenia la nariz roja como un tomate…”, pois nesta semana corta, polo servizo de TARDES DIVERTIDAS do CEIP de PEDROUZOS – BRIÓN, realizamos a varios RENOS, pero coa a nariz de distintas cores, a que cada neno e nena decidiu para o seu animal (xa podedes observar na imaxe que todos son distintos). Tamén, CORRIMOS A SAN SILVESTRE para acabar a semana como o CALENDARIO DE ADVENTO nos mandou, aparte de cantar panxoliñas e acertar a adiviñanza da semana que a resposta era o animal protagonista da semana.

POSTAIS DE NADAL!

En decembro chega o NADAL, e como non no servizo de TARDES DIVERTIDAS do CEIP de PEDROUZOS – BRIÓN sucedeu o mesmo. Dende o luns 1 de decembro temos que abrir cada día un papeliño do CALENDARIO DE ADVENTO, onde hai que realizar unha actividade que el nos man. Esta semana a parte de cantar panxoliñas, dar abrazos ou adiviñar un doce típico das festas, tamén coloreamos postais de nadal con temperas, pinceis e reciclando cartóns de caixas de leite ou das caixas dos cereais ou galletas. Continuamos a vindeira semana con mais retos do noso calendario.

25N: PHOTOCOLL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O 25 de novembro conmemorouse o DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, e no servizo de TARDES DIVERTIDAS do CEIP de PEDROUZOS – BRIÓN, realizamos un mural conmemorativo coas nosas huellas que acabou sendo o fondo do noso PHOTOCOLL onde sacamos unhas fotos de grupo e individuais moi chulas.

20N: DÍA MUNDIAL DOS DEREITOS DOS NENXS

Na pasada semana, o xoves 20 de novembro, estivemos a falar cos nenos e nenas que asistiron ao servizo de TARDES DIVERTIDAS do CEIP de PEDROUZOS – BRIÓN, sobre os DEREITOS DOS NENOS E NENAS xa que era o DÍA MUNDIAL DA INFANCIA. Os mais pequenos colorearon o seu propio cartel libremente, mentres os mais maiores realizamos unha dinámica falando dos dereitos que había e onde cada un escribiu o que é o mais importante para cada un e despois díxonolo o resto.

Tamén aproveitamos os días nos que non choveu para saír o patio e escorrentar o frío votando unas carreiras entre nos, ainda que continuamos tamén bailando o trompo e coloreando.

TUTTY FRUTTY

Unha actividade que predomina entre todos e todas os usuarios do servizo de TARDES DIVERTIDAS do CEIP de PEDROUZOS (BRIÓN), a parte de colorear, e xogar o TUTTY FRUTTY, onde a parte de aprender novas palabras axudámonos mutuamente uns entre outros para sempre todos acabar con puntos. Hasta lle queren aprender a xogar os seus familiares para xogar con eles/as nas súas casas.

BAILANDO O TROMPO

Unha nova semana por TARDES DIVERTIDAS do CEIP DE PEDROUZOS de BRIÓN, onde os mais maiores lle ensinaron aos pequenos a bailar o trompo, onde con varios intentos algunha lle salia moi ben. Ademais seguimos xogando entre nos a distintos xogos como o escondinte ou a saltos, mais pintamos e debuxamos que e a nosa actividade de relaxación para o final da tarde.

CHAVEIROS DE FANTASMAS

Polo servizo de TARDES DIVERTIDAS do CEIP PEDROUZOS de BRIÓN, celebramos a nosa semana de SAMAIN realizando chaveiros de fantasmas con oveiras de cartón, ademais de colorear distintos debuxos e xogar entre nos a distintos xogos de asustarnos como o escondinte. Acabamos tamén a semana disfrazados antes de ir a desfrutar da ponte.

OUTONO 2025

Na pasada semana polo servicio de TARDES DIVERTIDAS do CEIP de PEDROUZOS – BRIÓN, estivemos a falar de cousas do OUTONO, como das castañas e de como se fan, doutros produtos da época estacional, da caiada das follas e as cores que vemos, etc, xa que no venres o cole acababa a semana festexando o MAGOSTO.

A POLO NOVO CURSO!

Benvidos e benvidas o curso 2025-2026, xa estamos de volta co servizo de TARDES DIVERTIDAS no CEIP de PEDROUZOS – BRIÓN, onde aproveitamos os raios de sol que tivemos nestas semanas de atrás do curso para xogar ao aire libre cos nosos compañeiros e compañeiras de distintos cursos. Tamén aproveitamos para poñernos ao día do que realizamos nestes meses de verán e como se nos presenta estes nove meses de curso que veñen por diante coas actividades as que imos ir.