Madrugadorxs Pedrouzos
CHEGA A PRIMAVERA A PEDROUZOS
Co bo tempo destes últimos días tivo lugar unha auténtica explosión primaveral en Madrugadorxs Pedrouzos. A través dun gran mural foron entrando todo tipo de formas e unha chea de cores… paxariños, bolboretas, flores e árbores, arcos da vella…
Así, con esta alegre decoración demos comezo a esta estación que tanto nos gusta e tamén as vacacións de Semana Santa!!!
A volta seguiremos animando con máis ideas o noso espazo de primavera😉
8M EN MADRUGADORXS PEDROUZOS
Boas familias!
Como xa sabedes o día 8 de marzo é o día Internacional da Muller,data na que se conmemora a loita das mulleres pola súa participación na sociedade e o seu desenvolvemento íntegro como persoa a través da igualdade de xénero
Así,a cativada de madrugadorxs de Pedrouzos celebrou este día a través da realización dun taller de orixinais marcapáxinas con imaxes de distintas profesións,intentando visibilizar que,por exemplo, todas e todos podemos chegar a desempeñar a profesión que nos guste,sen ningún tipo de limitación,estereotipos nin prexuicios…
XA CHEGOU O ENTROIDO A PEDROUZOS!
Con moita troula trouliña recibeu a cativada de Madrugadorxs Pedrouzos estes días de descanso de Entroido!
Moita diversión e alegría compartida,explorando a súa fantasía e imaxinación converténdose nos seus personaxes favoritos.
E máis alá da festa,fomentando a socialización,a empatía,a adaptación a novos roles e,ó mesmo tempo,coñecendo as nosas tradicións.
Desfrutade destes días de Entroido,familias!
MANDALAS POLA PAZ EN PEDROUZOS
O día 30 de xaneiro, ”Día da Paz e Non Violencia” é unha oportunidade perfecta para reflexionar valores como a tolerancia, empatía e a harmonía coa cativada.
Traballar a creatividade e promover un ambiente tranquilo e de relaxación é o propósito desta semana en Madrugadorxs Pedrouzos, controlando o estrés, relaxándose e desenrolando a creatividade a través do mundo das mandalas.
XA CHEGA UN RECENDO A NADAL EN PEDROUZOS!
Boas de novo familias!
En poucos días xa chegan as esperadas vacacións de Nadal e a cativada de Madrugadorxs Pedrouzos non quixo perder a oportunidade de crear un bonito ambiente máxico no que non faltou unha gran árbore chea de motivos destas festas decorados con moita ilusión.
Boas vacacións a todos e a todas!
Vémonos a volta!
UNHA MENSAXE CHEA DE CONCIENCIACIÓN DENDE MADRUGADORXS PEDROUZOS!
Facendo homenaxe ó 25N vai dedicado este bonito cartel colaborativo feito pola cativada de Madrugadorxs Pedrouzos, reflectindo a idea da eliminación de estereotipos e etiquetas e recordando o valor do respecto na diversidade, así como a negación cara a violencia de calquera tipo.
OS VAMPIROS COBRAN VIDA EN PEDROUZOS!
Xa chega o Samaín e con esta festividade a terrorífica sorpresiña que durante estes últimos días andivo a preparar a cativada en Madrugadorxs Pedrouzos: un arrepiante desfile de orixinais vampiros!!!
Pero non teñades medo amig@s…. que ainda que vos resulten algo aterradores… son totalmente inofensivos!
E dende logo máis que preparad@s, para pasar unha divertida ponte de Samaín!
Ata pronto!







