PASCUA A TODO COR EN O PINO: O RESUMO DUN GRAN LECER
No Lecer de Semana Santa de O Pino celebramos a Pascua dun xeito moi especial, entre actividades, xogos e moita imaxinación.
Comezamos as xornadas con asembleas para coñecernos todos/as mellor, compartindo momentos divertidos respondendo ás preguntas do día sobre os nosos superpoderes ou os nosos personaxes de animación favoritos/as.
A aula encheuse de cor grazas ao gran cartel decorativo de “Lecer Semana Santa O Pino 2026” e aos debuxos de Pascua que pintamos para adornar cada recuncho. Como auténticos/as artistas, elaboramos e decoramos ovos de Pascua con masa, deseñamos orixinais lapiceiros temáticos e creamos uns bonitos colgantes para levar de recordo.
A enerxía non faltou en ningún momento cos xogos de «pilla infinito», as estatuas musicais ou tradicional xogo do zapatiño.
Como gran final desta aventura, desfrutamos de emocionantes retos de Pascua e unha festa de fin de Lecer para despedirnos por todo o alto. Imos coas pilas ben cargadas para afrontar con ganas o último trimestre!

