One, two, three,…
Seguimos coas clases de inglés lúdico no CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés de Sigüeiro! Neste mes de Novembro, fixemos un repaso das cores, traballadas o mes pasado, e introducimos un novo contido: os números.
Así, traballamos os números do 1 ao 10 a través de diferentes xogos e actividades, por exemplo: identificándoos mediante tarxetas e asociando cada número co seu nome. Tamén se traballou este contido en relación con cuestións propias da vida de cada neno e nena, como as súas idades, e mediante contos, como o do libro “10 Trim-the-Tree’ers” de Janet Schulman, unha historia que toma lugar na época do Nadal.
Nas imaxes que acompañan a esta noticia podemos ver debuxos realizados polos nenos e nenas, inspirados no conto que lemos, así como diferentes actividades que se foron levando a cabo nas diferentes sesións.