O TEATRO CHEGA A TEO MADRUGA

Nos meses de maio e xuño achegaremos aos nenos e nenas ao derradeiro elemento das artes creativas, o teatro.

O teatro abre aos nenos e nenas as portas cara á creación, á interpretación, e estimula a imaxinación, todo iso dun xeito divertido. Tamén axuda na memorización, a asimilar nocións de espazo e tempo, aumenta a sensibilidade, espontaneidade, desenvolve a linguaxe corporal e as capacidades de auto expresión e creación.