O PINO, UN NADAL CON IMAXINACIÓN

Para inaugurar estas festividades a cativada de O Pino fixo un mural dándolle a benvida o Nadal. Neste non faltaba de nada, tiñamos reis magos, bonecos de neve, bastóns de caramelo, renos… e ata neve!

Coa visita de Papá Noel presente nos fogares, os nenos/as quixeron facer o seu propio Papá Noel dándolle un toque moi moderno e persoal. 

Para iluminar o noso Nadal realizamos un taller de velas navideñas.

Pero… que é un Nadal sen árbore? Por isto quixemos priorizar os espazos verdes da escola decorando unha árbore do patio con adornos feitos por nós.

Aínda que o frío non deixou de acompañarnos ao longo destas semanas, este non nos permitiu desfrutar de algo tan mítico no nadal como a neve, por iso, creamos os nosos copos que brillan dun xeito ben particular.

Non nos faltou tempo para vestirnos de gala, e con gorros, matasuegras e ata gravatas, preparámonos para dar a benvida ao ano novo.

As doce badaladas inauguraron a entrada do 2024 e continuamos a festa con un gran festival no que tivemos bailes, cancións e ata obras teatrais. E, por certo, non deixedes de vernos guapísimos/as posando no noso photocall!

Continuando coa nosa tradición de festexar a entrada do ano, realizamos un mural no que tamén tivemos oco para os nosos mellores desexos de aninovo, entre o que non faltaba a petición de felicidade e boas novas para os nosos.

Tendo presente a chegada dos Reis Magos de Oriente a O Pino, quixemos recibilos realizando un cadro de nadal no que se observaba a súa silueta entre sombras azuis, brancas e prateadas. Así mesmo, todos nos metimos un pouco no seu papel colocando as nosas coroas reais que cada un/unha personalizou como máis lle gustaba. Consideramos que non había mellor forma de viaxar cos nosos nenos/as da man de Melchor, Gaspar e Baltasar que a través dun bo contacontos, que, por certo, desfrutamos un montón!

Para rematar, recibimos a visita do paxe real o cal lle trasladará os nosos desexos as maxestades de Oriente.

Foron nove días de moitos xogos e diversión nos que só houbo cabida para a ledicia, a ilusión e a compañía