O Concello de Mos está a rematar o primeiro día das IV Xornadas da Muller.
Un ano máis para cerrar as distintas actividades entorno ó 8M, día da muller, o Concello e CIM de Mos presenta ditas xornadas que teñen como tema central «Legalidade e Realidade».
Cerca dun centenar de persoas participan no acto durante as dúas tardes para escoitar e poñer sobre a mesa temas de actualidade e interese para profesionais que traballan no ámbito social ou para outras persoas que, simplemente estean interesadas na temática.

PROGRAMA das IV XORNADAS DA MULLER. «Con ollos de muller. Legalidade e Realidade»
MÉRCORES 2 DE ABRIL
17.00 horas
Inauguración e presentación a cargo de Ana Mª Rodríguez (Avogada do CIM de Mos).
MESA REDONDA
Marián Mouriño Terrazo.
Presidenta do Real Clube Celta de Vigo.
Muller no Deporte Rei.
Nidia Arévalo Gómez.
Alcaldesa de Mos.
Unha muller nas Cortes.
Paula Blasco Muela.
Fiscal.
Muller entre togas.
Sonia Esperanza Rodríguez Boente.
Doctora USC Delegada Rector.
Muller no mundo universitario.
Moderadora Bibiana Villaverde. Periodista Radio Voz.
XOVES 3 DE ABRIL
17.00 horas
MESA REDONDA
Retos do periodismo fronte a violencia de xénero
Bibiana Villaverde (Periodista).
Natalia Feijoo.
Policía de protección UFAM (Unidades de Atención á Familia e Muller) de Vigo.
Ana Riera Táboas.
Médico forense integrandte UVFI. Subdirección Territorial de Vigo. IMELGA (Instituto de Medicina Legal de Galicia).
Sonia Calvo Tato.
Coordinadora e asesora xurídica do Centro de Crise 24 h de atención vítimas de violencia sexual de Vigo.
Moderadora Ana Mª Rodríguez. Avogada do CIM de Mos.
Conclusión e peche da xornada.