NADAL NOS TILOS!
Moi boas familias! Pasámonos por aquí para poñervos ao día das nosas aventuras durante esta quenda de nadal do Diverteo.
Durante o primeiro día puidemos coñecer a historia do Apalpador , crear os nosos propios monicreques deste e ata buscar por todos lados os agasallos escondidos. Tras un primeiro día de risas e carreiras adentrámonos de golpe nas diferentes historias navideñas de diferentes persoaxes do mundo como o Tio de Nadal, a Befana ou Julenissen, entre outros, e rematamos o noso día cuns xogos moi do estilo de Papa Noel, nos cales, os cativos e cativas desfrutaron un montón. Tras o día de nadal voltamos con moita enerxía pero moito frío por iso creamos os nosos propios bonecos de neve! Sen olvidarnos, claro está, da nosas tarxetiñas de nadal. E como non podía ser de mellor forma escorrentamos o frío cunha morea de xogos aproveitando os raios de sol.
Isto é todo durante esta primeira semana aquí nos Tilos pero aínda nos quedan uns cantos días para seguir desfrutando. Ata a seguinte!