MOITO TRABALLAMOS EN MAIO!
Este pasado mes e maio continuamos coas nosas sesións de traballo en Cuntis.
A través de exercicios de diversa índole traballamos distintas habilidades cognoscitivas como poden ser a linguaxe, a comprensión e o cálculo. Tamén aproveitamos as sesións para traballar a percepción espacial, a imaxinación e a concentración.
Entre os exercicios que realizamos atópanse exercicios con palabras (busca de palabras con certa cantidade de letras, reordenar as letras e atopar o nome oculto, nomear elementos dentro dunha categoría establecida…). Estes foron acompañados por exercicios de cálculo e exercicios nos que os participantes debían plasmar nun pape as directrices que ían recibindo.
Como non hai que esquecerse de que con xogos tamén podemos traballas a memoria e levar a cabo estimulación cognoscitiva, o mes de maio tamén dou cabida a algún momento máis relaxado e de xogos. Cunha simple baralla, buscando os iguais nunha mestura de debuxos ou con quebracabezas, tamén se pode exercitar a cachola e en Cuntis puxérono en práctica. Hai opcións para todos os gustos!
Rematado maio, encaramos con moitas enerxías a recta final deste curso!