MES DE ABRIL EN CUNTILÍN
Aquí estamos un mes máis, pero ademais comezamos un novo trimestre, o último do curso. Este mes de abril ven cargado de actividades. Primeiro comezaremos traballando o día Mundial da Saúde (conmemórase o 7 de abril), pero como tamén e o mes do libro, aproveitaremos para traballar a literatura de diferentes xeitos: contacontos, teatro, títeres…
Non deixaremos pasar o día “da nai, avoa, etc” e elaboraremos unha pequena manualidade como agasallo para a muller que eles e elas escollan. Tampouco nos esqueceremos dos xogos deportivos, búsquedas do tesouro etc. desfrutando do bo tempo que nos trae a primavera.
Como sempre, as actividades de igualdade serán un punto forte na programación, así como a hora de estudo para o grupo de primaria e secundaria.