MEMORIA E PSICOMOTRICIDADE (CALDAS DE REIS)
Este mes, o Taller de Memoria e Estimulación Cognitiva de Caldas de Reis continúa desenvolvendo a súa actividade con sesións centradas no reforzo das capacidades cognitivas das persoas participantes. Ao longo das xornadas seguen traballándose áreas como a memoria, a atención, a concentración, o razoamento lóxico, as funcións executivas, a conciencia numérica e a fluidez verbal mediante dinámicas grupais.
Ademais, incorpóranse xogos e actividades cognitivas orientadas a estimular estas habilidades como exercicios de atención e velocidade de procesamento, xogos de razoamento, tarefas de planificación, propostas de cálculo e xogos de palabras favorecendo a participación activa e o exercicio mental.
O taller segue combinando traballo cognitivo e compoñente lúdico co obxectivo de manter e reforzar as funcións mentais, promover a autonomía e crear un espazo agradable de encontro, socialización e benestar.

