MAXIA E ILUSIÓN NO NADAL DE O PINO

Para inaugurar estas festas a cativada escoitou un conto sobre o Apalpador, un personaxe característico do nadal galego para logo crear o seu propio.

Coa visita de Papá Noel presente nos fogares, os nenos/as quixeron facer o seu propio photocall. Neste non faltaba de nada, tiñamos unha cheminea, unha árbore de nadal, moitos agasallos… e ata un calcetín para cada un de nós.

Tendo presente que a neve é algo mítico do nadal, os nenos e nenas deseñaron uns curiosos bonecos de neve cunhas simples pinzas de madeira e moooooita imaxinación. Podedes ollar estes na nosa galería de fotos.

Pero, que son estas datas sin as súas ricas comilonas? Por iso, puxémonos mans á obra e realizamos unhas deliciosas árbores de nadal de chocolate nun divertido taller de cocina.

Preparámonos para dar a benvida ao ano novo cunha guirnalda ben colorida coa mensaxe “Feliz 2025”, esta sumado a diferentes fermosos elementos decorativos convertíronse no noso photocall de aninovo. Coa finalidade de desexarlle as nosas familias un feliz 2025 creamos unhas postais navideñas que agardamos que luzan ben fermosas nos vosos fogares.

As doce badaladas inauguraron a entrada do 2025 e vestidos de gala disfrutamos da nosa peculiar festa de fin de ano na que tivemos bailes, cancións e ata un taller de brilli-brilli.

Cansados de tanta festa e para repoñer forzas realizamos un cinema de nadal, no que por suposto non faltaron as palomitas.

Tendo presente a chegada dos Reis Magos de Oriente a O Pino, decoramos a porta da aula coa temática dos reis magos. Tamén creamos uns colgadores para poñer nas portas das nosas habitacións axudándolle a estes a saber quen durmía en cada fogar.

O momento “e ti que lle pides os reis?” deixou nun segundo plano aos agasallos converténdose nun taller de igualdade no que a actividade chegou á conclusión de que non existen “xoguetes de nenos” ou “xoguetes de nenas”, se non que todos os xoguetes son válidos para ambos en función dos gustos e preferencias de cada un/unha.

Durante estes días non nos faltou tempo para xogar, realizando xogos moi navideños como o tabú, o lince, a bóla de neve… e ata un karaoke!

Rematamos o lecer nadal cunha búsqueda do tesouro e unha entrega de premios navideños.

Foron nove días de moitos xogos e diversión nos que só houbo cabida para a ledicia, a ilusión e a compañía.