MARZO EN TEO MADRUGA

Entramos nun novo mes en Teo, marzo, mes que nos levará á primavera, unha das nosas estacións favoritas pola luz, as cores, e a explosión de vida na natureza.

Destacamos a continuación algunhas das  actividades que desenvolveremos neste mes de moita ilusión e cor:

  • Día mundial da Natureza (3 marzo)

queremos fomentar o respecto e a conservación da natureza, o medio ambiente que nos rodea (centrado na fauna e na flora). Se a coñecemos ben, será moito mais fácil coidala, recordade que “se a coidamos, coidamos o presente e o noso futuro”.

  • Día internacional da muller (8 de marzo)

a pesar da pandemia, será unha celebración moi importante para nós. O obxectivo será a loita pola igualdade e o empoderamento da muller. 

Nesta ocasión as actividades encamiñaranse a empoderar  as figuras femininas máis próximas ás crianzas.

  • Día internacional dos bosques (21 de marzo)

celebración coa que renderemos homenaxe aos bosques á vez que concienciaremos sobre o seu coidado. Relacionaremos a visualización da  película temática con xogos específicos, novos e clásicos.

  • Semana da Primavera (22 ao 26 de marzo)

aproveitaremos a entrada da nova estación para realizar dous tipos de actividades moi diferentes: xogos ao aire libre (se o tempo o permite) e obradoiros cheos de cor.

Aprendizaxe – diversión – cores, esta é a combinación para o mes de Marzo no Teo Madruga.