Madrugadorxs O Pino recibe ao mes de abril
Xa temos aquí o mes de abril, un mes alegre e cheo de posibilidades.
Imos facer un pequeno repaso ao que nos gustaría levar a cabo en Madrugadorxs O Pino este mes, acompañádesnos? Pois imos alá!
Aproveitando que o día 22 celébrase o Día Internacional da Nai Terra, imos tentar tomar conciencia do moito que pode danar o ser humano á nosa querida Nai Terra pero tamén, ao mesmo tempo, de todo o que podemos facer para evitalo e achegar o noso granito de area para coidala e protexela.
Para iso imos facer especial fincapé na reciclaxe e en darnos conta de todas as cousas fermosas que podemos apreciar na natureza durante a primavera.
Tamén temos o importantísimo Día Mundial do Libro, que se celebra o 23 de abril, e co que pretendemos fomentar ese hábito tan marabilloso que é a lectura. A través de contos, historias e comentarios de libros coñecidos por todos e todas, faremos todo o posible para demostrar o fantástico que pode ser ler un libro e mergullarche no mundo da imaxinación.
Con todo, non imos esquecernos de gozar cada cálido momento que nos brinde este mes de Abril coas nosas habituais actividades favoritas, como son os quebracabezas, os debuxos, a música e os pasatempos.
Convidámosvos a estar atentos ás noticias semanais para máis información.