Inicio dos talleres de escolaridade

Coas pilas recargadas, despois de disfrutar dun verán moi intenso, as nenas e os nenos de Dodro regresaron á Casa da Cultura para comezar os talleres de escolaridade. Alí, durante todo o curso, farán tarefas académicas como estudar e facer deberes e tamén outras actividades lúdicas e moi divertidas.