Inglés colorido!
Neste mes de outubro arrancaron as clases de inglés lúdico no CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés de Sigüeiro. Así, o alumnado de Educación Infantil comezou traballando cuestións básicas coma o modo de saudar no idioma anglosaxón.
Non obstante, centrándonos nos intereses dos nenos e nenas que acoden a esta actividade, leváronse a cabo, sobre todo, dinámicas en relación ás cores: aprendendo os seus nomes en inglés a través de diferentes xogos, buscando obxectos e debuxos de cada cor e dicindo o nome da mesma para así favorecer a asociación…
Ademais, na última semana tamén se traballou o «Samaín», coloreando debuxos con temáticas de Samaín e incidindo, brevemente, nese vocabulario.