I Concurso de Tapas de O Pino

O venres 16 de decembro celebrouse no Concello de O Pino a entrega de premios do I Concurso de Tapas, Camiñando e Tapeando. Foron 13 os locais participantes pero só dous foron os gañadores. O primeiro premio foi para o Restaurante Andaina (parroquia de Arca) e o segundo para o Restaurante Bello (parroquia de Castrofeito). Tamén houbo regalos para as persoas que degustaron as diferentes tapas, unha cea e unha fin de semana para dúas persoas.