GRAN PARTICIPACIÓN NO PROGRAMA DE CONCILIACIÓN DE SEMANA SANTA EN MESÍA
Durante a Semana Santa, o Concello de Mesía desenvolveu o seu programa de conciliación familiar, no que participaron arredor de trinta nenos e nenas do municipio, en horario de 8:30 a 14:00 horas.
As actividades leváronse a cabo no local empregado pola ANPA no CPI de Xanceda, así como nos espazos exteriores do propio centro. Ao longo das mañás, os participantes gozaron dunha programación variada, organizada en diferentes bloques de actividades como obradoiros creativos, xogos cooperativos e propostas deportivas.
A participación foi moi elevada, destacando o bo ambiente e a implicación dos nenos e nenas en todas as dinámicas propostas. A valoración global do programa é moi positiva, cumprindo co obxectivo de ofrecer un espazo de lecer educativo e facilitar a conciliación das familias durante este período vacacional.





