GRAN ÉXITO NO CAMPAMENTO DE PASCUA 2026

Durante esta Semana Santa de 2026, os nenos e nenas do campamento desfrutaron dunha programación chea de actividades creativas, divertidas e moi primaverais.

O luns comezamos cun taller moi especial no que elaboramos nosas propias coroas de Pascua, empregando diferentes materiais e deixando voar a nosa imaxinación. O martes puxémonos mans á obra para preparar deliciosas brochetas de froita, aprendendo hábitos saudables mentres nos divertiamos.

O mércores dedicámolo á creación de cestas de ovos de Pascua, que quedaron chulísimas e listas para unha das actividades máis esperadas: a gran busca de ovos.

Ademais destes talleres, ao longo dos días tamén tivemos tempo para facer moitas pulseiras de boliñas, bailar, cantar, pintar e xogar ao aire libre, aproveitando o bo tempo e o sol destes días.

Sen dúbida, foi unha semana inesquecible, chea de aprendizaxe, convivencia e moita diversión. Xa estamos desexando repetir a experiencia!