Final do Taller de Alfabetización e Memoria de Dodro
O venres pasado, 17 de xuño, chegaron ó seu fin os Talleres de Alfabetización e Memoria de Dodro que se estiveron levando a cabo dende o mes de outubro. Esta festa de clausura estivo chea de risas, sorpresas e moitas emocións e cada participante non marchou sen levar o seu diploma, pero toda festa que se premie non pode rematar sen probar uns pinchiños e sen contar uns contiños. Agora toca espera ata outubro para volver a clase.