Entroido e amor en O Pino este Febreiro
Este ano Febreiro debe ser un mes cheo de maxia e de ilusión. É o mes do amor, o mes dos disfraces e da alegría, e por iso, a pesar de non poder celebralo como afacemos, en O Pino queremos que sexa un mes activo, divertido e inesquecible.
Por suposto, imos dedicar ao Entroido, non nos imos a esquecer del e da alegría que nos trae sempre, sobre todo agora cando máis a necesitamos. É por iso que as nosas actividades van ir orientadas nese sentido, preparándonos antes, e revivíndoo despois a través dos relatos que cada un e cada unha poida achegar.
Queremos facer protagonistas ás plumas, as máscaras, a purpurina e demais elementos indispensables para que este Entroido non sexa menos que ningún.
Acompañádenos a través das noticias semanais para saber como o logramos!