E VÓS, SABEDES ALGÚN CONTO DE NADAL?

Estas vacacións as nenas e nenos que participaron no concilia Nadal de Muros non se aburriron nin un chisco. Andiveron mergullad@s no mundo dos contos; e coñeceron a un montón de personaxes. E a que nos sabedes que lles pasou? Veu alguén misterios@ e  fíxoos desaparecer; tal foi a cousa que si queríamos volver a vel@s, deberíamos pasar unha serie de probas. Desta maneira, cada día tratouse un conto distinto e realizando actividades como construción de marionetas, obradoiro de galletas, neve artificial, animaliños de refugallo… ademais de xogos de pistas e grandes retos… ahhhh…e sen esquecernos que ata lle fixemos unha orixinal carta aos reis magos.Un sinfín de actividades a través das cales conseguimos que todas as personaxes voltaran con nós. E rematamos facendo unha gran festa con: Rodolfo o Reno, Bernardo o elfo, Paco o boneco de neve, Pepe o grinch, Jengi a Galleta, Lola a rá, Maripí a pitiña, Geni a pingüina  e tamén se uniron Baltasar, Melchor e Gaspar. Vaia festaza nos montamos pero iso sí mascarilla e distancia interpersoal, ante todo, as medidas hai que respectalas sempre.

Un saúdo

Ata  próxima