E TI, QUE FAS EN MARZO?

EN MADRUGADORXS PEDROUZOS TÉMOLO MOI CLARO

Aihhh!!!amigas e amigos de Madrugadorxs Pedrouzos comezamos novo mes e por non variar chega cargadiño, cargadiño de novidades e de cousas a facer. Que aínda que estemos en plena pandemia e haxa que superar obstáculos e barreiras non queremos que iso nos frene en seguir realizando actividades porque con sentidiño, responsabilidade e cumplindo as normas case todo se pode facer.

Peroooo antes de nada, queremos convidarvos a todos e a todos que lle botedes un ollo ao video no que traballou a cativada do servizo para festexar o “21 de Febreiro Día Internacional da Lingua Materna” vale a pena gozar e ver o gran traballo que fixeron. ANIMÁDEVOS!

Agora siiii,metémonos de cheo no mes de Marzo.

Iniciamos o mes xuntando dúas datas internacionais, por unha banda o día 3 de marzo celébrase o “Día Internacional da vida silvestre” e por outra o día 21 de Marzo “Día dos Bosques”, o obxectivo é entrelazar estes dous días e fomentar a conciencia ecolóxica,e sobre todo promover entre as máis pequenas e os máis pequenos o valor da natureza. Para isto, visualizaremos un filme e faremos unha actividade relacionada coa natureza.

Continuamos,e a seguinte  gran data conmemorativa que nos trae este terceiro mes do ano é o 8 de marzo, “Día Internacional da Muller”.Traballaremos o tema da igualdade e homenaxearemos o papel da muller a través de actividades,faladoiros,contacontos….

E remataremos,co que inauguramos como o “RECUNCHO CIENTÍFICO”, actividade que con anterioridade realizamos e xa que tanto lles gustou e que lles resultou tan novidosa e todo un éxito, que decidimos que a científica de Madrugadoxs Pedrouzos tiña que voltar….estade moi antentas e atentos porque ven disposta a sorprendervos e cunha morea de experimentos.

Deica o vindeiro mes.

Non perdas ningunha das actividades que facemos a través das novas semanais.