DiverTeo Nadal Ramallosa
Moi boas familias!
Todo chega ao seu fin. O Nadal é curto, pero moi intenso, coma no Diverteo. Neste últimos días despedimos o ano facendo unha pequena festa. Fixemos a nosa propia decoración e cotillón e no último día do ano puidemos asistir as prebadaladas da Ramallosa, nas que ensaiamos para esa noite. Dando entrada ao 2025, comezamos cos preparativos para a chegada dos reis ao Concello. A rapazada este días xa se notaba máis excitada e nerviosa. Para amenizar a súa chegada compuxemos entre todas a nosa panxoliña tomando como exemplo a petición da rapazada do Burrito sabanero de David Bisbal.
Mais nestes días non só traballamos cas mans. Ao ser un grupo pequeno puidemos cohesionar mellor e ver as relacións entre maiores e pequenos, facendo na súa maioría xogos entre todos e todas.
Desexamosvos un bo comezo de ano e agardamos que o curso vaia ben.
Isto acabou, pero logo chega o entroido!