Desfile Infantil de Traxes Medievales
Este fin de semana celebrouse en Padrón a XI Feira Medieval. Como sabemos que os nenos e nenas son una parte importante nunha festa, non se quixo deixar pasar o fin de semana sen dedicarlle un oco. Onte, a partir das 19 horas celebrouse un Desfile Infantil de Traxes Medievais no que os/as reis/reinas da festa luciron as súas mellores galas. Algúns destes traxes foron feitos nos catro sábados anteriores no Taller de Costura Medieval impartido tamén polo concello e que entraba dentro das actividades previas a este fin de semana.
Todos/as os/as que camiñaron por esta pasarela levaron para casa un diploma acreditando a súa asistencia ó desfile pola época medieval e para recuperar forzas, despois do traballo ben feito, comeron uns pinchiños para seguir percorrendo as rúas de Padrón.