CUNTILÍN DE NADAL
Este Nadal no Cuntilín pasámolo xenial. Descansamos dos estudos e da rutina e divertímonos con actividades moi variadas. Lemos contos e visualizamos fragmentos de películas típicas destas datas, realizamos obradoiros de reciclaxe como uns renos. Non nos esquecemos de escribirlle a carta a Papá Noel e aos Reis Magos e elaboramos postais de nadal e outros adornos para decorar a aula e as nosas casas.
Desfrutamos ó ritmo de todo tipo de xogos: xogos musicais e just dance. Tamén tivemos un concurso de bromas, o día dos Santos Inocentes e unha gran festa de fin de ano, na que lucimos moi elegantes cos accesorios que previamente elaboramos.
E rematamos “Cuntilín Nadal” con outra festa de despedida e con unha xincana doce, na que despois de diferentes probas levaron algunha lambetada como agasallo.
Un saúdo!