CONTOS POLO NADAL NO PINO
Unha vez máis damos por finalizada a tempada do Nadal e, con ela, Lecer Nadal O Pino.
Este ano nosas e nosos peques convertéronse en reposteiros cociñando galletas, xogaron con neve, bailaron, tomaron as uvas coas badaladas, mesmo recibiron a visita dos Reis Magos!
Os contos de Nadal foron os grandes protagonistas desta tempada, ofrecéndonos alternativas creativas, imaxinativas e moi divertidas coas que gozar do tempo que pasamos xuntos.
E como todo bo conto, non podemos despedirnos doutra forma máis que…. E colorín colorado, este conto está rematado!
Feliz Aninovo!!!